XERMOLIÑO
O alumnado de 5º de Educación Infantil animouse hoxe a facer na clase unha ESTUPENDÍSIMA E RIQUÍSIMA pizza de xamón e queixo.
Amasaron, cortaron, fornearon e... ÑAAAAAAAAAAAAM!!!!!!!
|
|||
Hoxe na aula de 3 anos, estivemos traballando as distintas profesións que existen relacionadas coa temática da alimentación: pescadeiro/a, carniceiro/a, froiteiro/a, agricultor/a, panadeiro/a... Estivemos traballando qué se vende en cada establecemento, o nome de cada un destes espazos e as persoas que neles traballan. Adquirimos así novo vocabulario relacionado coa alimentación e a importancia dos alimentos para o mantemento dunha boa saúde.
|
|||
Na aula de 6º de Infantil aprendemos a facer unha compra saludable xogando coa nosa ruleta de alimentos. A todos e todas nos encantaría encher os nosos carros con alimentos pouco saludables (galletas, pizzas, hamburguesas, chocolate...), pero hoxe aprendemos qué alimentos se poden consumir diariamente e cales de vez en cando. O xogo consistía en xirar a ruleta, e dependendo do que tocara decidíamos metelo no noso carriño da compra, ou deixalo.
Despois cada neno/nena elexiu os seus catro alimentos saludables favoritos! Agora toca facelo na tenda coas familias....
|
|||
Hoxe o alumnado de 4º de Educación Infantil, preparou na clase un delicioso biscoito de iogur. Primeiro, prepararon e anotaron todos os ingredientes necesarios para a súa elaboración, iniciándose así na lectoescritura (nome dos ingredientes) e na lóxica-matemática (cantidades, peso...), fornearon, lavaron os utensilios empregados e finalmente, degustaron a receita nun picnic improvisado na zona do patio.
MMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM... DELICIOOOOOSOOOOOO!!!!!!! |
|||
O alumnado de 5º de EP traballou en Ciencias da Natureza sobre os diversos tipos de alimentos. Para esta actividade buscaron información sobre como se clasifican os nutrientes e tamén buscaron imaxes deos diversos alimentos en folletos de publicidade. Coas imaxes fixeron un pequeño mural e tamén fixeron unha exposición por grupos das características principais dos alimentos que lle correspondían. GRUPO I. Alimentos derivados dos cereais, as patacas e o azúcre. Teñen alto contido en hidratos de carbono. GRUPO II. Aceite e graxas. Aportan ao corpo as graxas que necesita. GRUPO III. Carne, peixe, ovos, legumes e froitos secos. Son os que nos aportan proteínas. GRUPO IV. Produtos lácetos e os seus derivados. Aportan calcio e proteínas. GRUPO V. Hortalizas e verduras. Alimentos que aportan vitaminas e minerais. GRUPO VI. Froitas. Aportan ao corpo vitaminas e minerais. Atendendo á función dos alimentos no organismo diferenciamos entre. ALIMENTOS ENERXÉTICOS. Os do grupo I e grupo II. Aportan o “combustible” que necesitamos para realizar as nosas actividades diarias. ALIMENTOS FORMADORES. Os do grupo III e grupo IV. Son os que contribúen ao crecemento, desenvolvemento e mantemento das estruturas do noso corpo, coma os músculos e os osos. ALIMENTOS REGULADORES. Os do grupo V e grupo VI. Serven para que o noso corpo utilice de forma correcta o resto dos alimentos. E como elemento fundamental está a AUGA que debemos beber con regularidade para manternos sans.
|
|||
Dende a volta das vacacións o alumnado de infantil e de sexto de primaria comezou a plantar nos nosos bancais. En dous deles decidimos plantar os ingredientes dunha futura ensalada, para así seguir traballando hábitos de alimentación saludable, dentro do proxecto que estamos a levar a cabo de Xermoliño - Aliméntate ben. Eliximos TOMATE CHERRY vermello, laranxa e amarelo e tamén LEITUGA iceberg e rizada. No outro bancal, o alumnado de 6º de infantil decidiu plantar fresas para posteriormente facer batidos ou xeados saudables.
Temos moitas ideas e queremos seguir plantando outras cousas coma flores....axudádesnos???
|
|||
Neste segundo trimestre, as nenas e nenos de 4 anos dedican algún tempo a cociñar. Dada as datas nas que estabamos, o Entroido, fixeron galletas de mantequilla! Esta actividade permitiulles traballar coas medidas, pois tivemos que pesar os ingredientes; o conteo e a grafía, tivemos que apuntar os alimentos; e moitas outras cousas como as quendas, a coordinación óculo-manual, o vocabulario, etc. Unha vez está todo preparado... MANS Á OBRAAAAAAAAAAAAA!!!!!
|