O ENTROIDO 2014!!!!

O próximo venres 28 de febreiro vamos celebrar o ENTROIDO no noso centro. Este ano imos ir disfrazados de CASTREXOS e ROMANOS. Que ben o imos pasar!!!!  

                    

Durante este trimestre estamos aprendendo moito sobre a nosa historia: como eran os castros e os seus habitantes, como vestían, como vivían, que comían, a chegada dos romanos e a súas aportacións,...

A continuación deixámosvos uns enlaces encontrados na internet para aprender aínda máis sobre a nosa historia e xogar aprendendo cunhas actividades LIM. 

 

 

 

 

Para saber máis da celebración actual do entroido na nosa xeografía, deixámosvos un enlace onde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística xuntou unha fantástica recopilación de actividades.

BO PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Valeria Gómez, alumna de 6º de E.Primaria, finalizou na vixésima posición, no Campionato Provincial de Campo a través escolar, celebrado onte no parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

O posto acadado pola atleta do noso centro foi moi meritorio, xa que, neste Campionato, estaban representadas as oitenta mellores atletas da categoría infantil da provincia de A Coruña.

Para máis información, poden consultar o blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Valeria Gómez Álvarez, alumna de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 8 de marzo, na Pobra do Caramiñal(A Coruña).


Valeria chega mo ilusionada á proba, aínda que consciente da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.


 Moita sorte campiona!!!


Podedes consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

A CRISTINA ESTARÁ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Por cuarto ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de Febreiro, en Santiago de Compostela. 

 

Nunha mañá moi fría,circuito moi embarrado e saraibada para redondear a xornada, Valeria Gómez acadou o oitavo posto na categoría infantil feminina, o que lle otorga o pase ao Campionato Provincial.

 

O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto do equipo benxamín masculino.

 

Para máis información, poden consultar o blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
 
 
 
 
O vindeiro sábado 1 de Febreiro celebrarase no circuito do parque deportivo de Acea da Ma (Culleredo) o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán 41 nen@s do noso centro.
 
Os atletas do noso centro colleitaron uns resultados moi bos na fase Local celebrada en Carballo, acadando catro medallas, tres primeiros e tres segundos postos por equipos, e a clasificación de 11 nen@s a nivel individual. No campionato intercomarcal teremos por primeira vez representación en tódalas categorías.
 
Para máis información, poden consultar o blog de educación fíisica do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es

NADAL 2013

Xa chegou o Nadal!!! No noso colexio estamos decorando todo o centro coa axuda de toda a comunidade escolar: os alumnas e alumnas, súas familias e os mestres e mestras.

Está quedando moi moi bonito.

Para coñecer un pouquiño máis da nosa cultura deixámosvos unhas actividades atopadas na rede sobre o APALPADOR e unha cantiga cantada por Xabier Díaz. 

 Tamén podedes descubrir outros costumes dos nosos veciños europeos na actividade LIM de tradicións de Nadal.

 

 

 

 

 

 

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2013/2014!

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2013/2014!


Infórmase ás familias de que as clases darán comezo mañá mércores, 11 de setembro en horario habitual, de 9:05 a 14:05h.


O horario de atención ó público do equipo directivo é:


è Secretaría: Luns de 9:05 a 9:55 horas


 


                              Martes e Xoves de 13.15 a 14.05 horas.


 


è Dirección: Luns de 9.55 a 10.45 horas .


 


       Mércores e Xoves de 9.05 h a 9.55 h.


 


è Xefatura de estudos: Luns  e  venres de 12.25h a 13.15 h.


 

Libros de texto 2013/2014.

Listas dos libros de texto para o curso 2013/2014 dos diferentes cursos:

 


 

SAÍDA DOS ALUMNOS DO 3º CICLO AO MONTE TREGA E A BAIONA.

O mércores, 19 de xuño os alumnos e alumnas do 3º ciclo realizaron unha bonita excursión, visitaron un dos castros máis importante e coñecido que temos en Galicia,contaron coas magníficas explicacións dun guía, visitaron a ermida de Sta Trega, o museo etc etc.


Segundo itinerario foi camiño de Baiona, neste pobo entraron e observaron unha réplica da carabela "LA PINTA", paseo con vistas magníficas rodeando o parador de Baiona, paseo polas rúas...


Chega a hora de voltar, cansados pero moi contentos.



Para ver imaxes, presentamos un powerpoint. PREMER NO ADXUNTO SEGUINTE.

GRADUACIÓN ALUMN@S DE 6º

Este luns os alumn@s de 6º celebraron a súa Graduación. O comezo do acto empezou co recitado dun poema  no que reviviron  todas aquelas vivencias dende que comezaran en 3 aniños ata actualidade.


 A continuación os compañeir@s de 5º fixeron a entrega de Orlas a cada un deles e un alumno , en representación da clase de 5º, leulles unha agarimosa carta de despedida escrita e firmada por todos eles.


Só queda dexesarlles  moita sorte na súa nova etapa de vida.


 .

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA 2º CICLO

Os alumn@s do 2º ciclo fomos de excursión a Santiago de Compostela onde visitamos as cubertas da catedral e o Museo das Peregrinacións.


A CRISTINA TRIUNFA NA III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO

16/06/2013 15:20
Etc/GMT+1


Unha vez máis, @s atletas do noso centro realizaron un brillante papel na III Carreira Popular concello de Carballo, acadando Valeria Gómez a medalla de ouro na categoría Alevín Feminino; e Lucía Carro e Alicia Abelenda, as medallas de ouro e prata na categoría Benxamín Feminino.


O resto dos nos@s atletas realizaron un gran papel, quedando moitos deles clasificados entre os dez primeiros das súas categorías.


Podedes ver as fotos da proba no blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE CARBALLO

14/06/2013 10:00
05/07/2013 10:00
Etc/GMT+1

Publicada a listaxe da comisión de escolarización de Carballo para o vindeiro curso 2013/14.

Magnífica viaxe ao Carballo histórico da man do historiador XAN FERNÁNDEZ CARRERA.

 

Onte tivemos a gran oportunidade de contar con Xan Fernández Carrera, que se ofreceu a ser o noso guía polas rúas de Carballo para achegarnos ás orixes da nosa vila.

 

O barrio da Lagoa, o museo de Bergantiños (onde contamos coas explicacións de Maite) o cruceiro da igrexa, a praza de Galicia, a rúa Coruña, as escolas públicas da rúa Desiderio Varela, o xardín municipal e o mercado foron os lugares visitados.

 

Rematado este roteiro os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de realizarlle unha entrevista ao Sr. Alcalde Don Evencio Ferrrero e a concelleira de urbanismo dona Milagros Lantes.

Para finalizar esta visita ao concello o persoal mostrounos algunhas das dependencias do mesmo.Rematamos esta saída no  balneario dos Baños Vellos. A doctora e a encargada ensináronnos amablemente as instalacións e faláronnos das propiedades curativas das augas deste balneario.

 

 

 

 

 

Preme aquí para ver as fotos da visita. 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2013/14

30/05/2013 10:31
Etc/GMT+1

 


RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2013/14


Vistas as reclamacións presentadas ante o Consello Escolar deste colexio e revisadas as puntuacións correspondentes, procédese con data 30 de maio de 2013 a publicar a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido* para o vindeiro curso 2013/14.


Contra esta resolución definitiva as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.


*Aqueles alumn@s que non foran admitid@s neste centro deberán esperar á adxudicación subsidiaria da comisión de escolarización de Carballo. O resultado desa adxudicación publicarase nos taboleiros do centro e na súa páxina web.


Para ver as listaxes pinchar nos adxuntos.

Distribuir contido