CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Ante esta terrible lacra que parece estar en aumento, en nós está concienciar aos máis pequenos de que esto ten que rematar XÁ.

Sobre elo estivemos traballando con diversas actividades: lecturas, debates,murais, gravacións etc.

PINCHA

O equipo de biblioteca preparou este vídeo coas lecturas traballadas nestas semanas.

 

 Para máis información...AQUÍ!

LECTURAS seres mitolóxicos

Cada ciclo traballou en particular un dos seres mitolóxicos galegos durante este Samaín. Aquí vos deixamos coas lecturas realizadas polos alumnos e alumnas do centro sobre cada un dos seres, acompañadas polas súas ilustracións que foron elaboradas a partir da descrición de cada un deles.

O GATIPEDRO

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

O TARDO

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

A MARUXAINA

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

AS LAVANDEIRAS

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

 

Para máis información podedes tamén consultar o blog da biblioteca... aquí!

CIRCULAR INFORMATIVA

ELECCIÓNS REPRESENTANTES NAIS, PAIS, TITORES LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro luns 28 de novembro de 2016 celébrase no centro a votación para a elección dos representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio.

Lembramos que as candidatas presentadas son as seguintes:

- CARBAJALES ARCAY, GLORIA.

- MOURA GARCÍA, YOLANDA.

 

Horario da votación:

09:10 a 11:00 e de 16:00 a 17:00

 

* Para máis información consultade o documento adxunto.

 

PDC.O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PLAN PROXECTA DO CURSO 2016/2017

O noso centro foi admitido nos programas "Recíclate con Sogama" e "PDC (proxecto deportivo de centro)-Centros activos e saudables",englobados  no Plan Proxecta do curso 2016/2017.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.

Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

PDC." CONTRA OS ELEMENTOS"

"Contra os elementos" é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas,  reivindicar a proxección deportiva das deportistas de elite e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

 O título do documental refírese directamente por un lado á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte e por outro é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

 
A continuación podedes ver o vídeo Aire.
 
 
Se queredes ver os seguintes vídeos, podedes visitar o blog de educación física do centro.

Guardar

Guardar

Guardar

PDC.FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Resultado de imagen de campo a través

O vindeiro mércores 30 de Novembro, celebrarase no circuíto do Polígono Industrial de Carballo( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan), a Fase Local de Campo a través escolar, onde participará unha nutrida representación de alumnos/as do noso centro.

A principios da semana que vén, os nenos/as que xa se inscribiron, recibirán unha nota informativa,onde explicarásevos todos os detalles da citada proba.

 

Un saúdo

DÍAS NON LECTIVOS CURSO 2016/ 2017

Informamos , unha vez recibida a autorización da Xefatura Territorial de Educación , que en virtude dos artigos 7.2  e 7.3 da  Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia  serán días non lectivos no centro os seguintes:

* Luns, 13 de marzo de 2017

* Martes, 2 de maio de 2017

CANDIDATURAS SECTOR PAIS/ NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Recordámoslles que o prazo para a presentación de candidaturas en representación dos pais/nais/titores legais no Consello Escolar do centro comezou o pasado venres 4 de novembro e remata o vindeiro venres 11 de novembro ás 14:00 horas. 

O modelo de candidatura pode descargarse no arquivo adxunto ou recollerse na secretaria do centro.

Información relativa ás eleccións dos representantes dos pais/nais/titores legais ao consello escolar

 

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

DATAS

ACTUACIÓNS

18 Outubro

Martes

-Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral (Artigo 30 do decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994, e decretos 324/1996 e 374/1996, e 7/1999)

-Envío de circular aos pais e nais anunciando dito sorteo

21 Outubro

(Venres)

-Sorteo público, as 09:15 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).

-Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitucións da Xunta Electoral.

03 novembro

Xoves               

Primeira Reunión da Xunta Electoral:

·  Acto da súa constitución

-  Aprobación do calendario de Actuacións

      a)Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

        b)Dos correspondentes censos electorais.

Escrito ao concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

04 Novembro

Venres

-Envío de circular ás nais e pais do alumnado coa convocatoria do seu sector.

-Publicación das convocatorias.

-Publicación de censos.

- Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores e reclamación censos.

Do 04 ao 11 Novembro

-Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores

09 novembro

Mércores

-Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral.

-Envío da convocatoria de Claustro Informativo para o día 14 de novembro (Art. 35 do Decreto 92/1988)

11 novembro venres

-Remata o prazo de presentación de candidaturas

14 Novembro

Luns

-Segunda Reunión da Xunta Electoral:

Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres, etc…

Sorteo  público de designación dos membros da mesa electoral.

-Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de Normas, Relación de candidaturas, acordo de convocatoria de Claustro Extraordinario para o día 28 de novembro, luns)

15 Novembro

Martes

-Comezo das distintas campañas electorais.

-Envío de Circular ás nais e pais do alumnado anunciando as candidaturas do seu sector.

-Envío de Convocatoria de Claustro Extraordinario a celebrar o día 28 de novembro.

- Envío de citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

24 Novembro

Xoves

-Envío de convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral.

-Envío aos pais e nais do alumnado dunha circular recordatoria do día das votacións do seu sector.

28 Novembro

Luns

-VOTACIÓNS:

- Pais, nais e titores legais do alumnado (de 9:10 a 11:10 horas; de 15:30 a 17:00 horas)

-Persoal de Administración e servizos.  (Ás 13:30horas)

-Profesorado: Claustro Extraordinario. 18:00 h.

-As actas das distintas votacións deberán axustarse ao modelo publicado como anexo I na Resolución do 26 de setembro do 2016 (DOG do 04 de outubro)

29 Novembro

Martes

-Terceira  e última reunión da Xunta Electoral:

Proclamación e publicación de candidatos electos.

Traslado das actas das mesas electorais á Xefatura Territorial.

-Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril).

1 Decembro

Xoves

-Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

Constitución do Consello

Designación dos membros que van a constituir a Comisión Económica.

Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres (Art. 126.2 da LOE).

Constitución da Comisión da Convivencia Escolar (Art. 6º do Decreto 8/2015, do 08 de xaneiro que desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño).

Antes do 20 de decembro

-Envío á Xefatura Territorial do formulario que se publica como anexo II á resolución do 26 de setembro do 2016 (DOG do 04 de outubro).

 

 

O equipo directivo

PDC.XOGOS TRADICIONAIS NO MAGOSTO

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO

Venres 28 de outubro.

No ceip A Cristina celebramos esta divertida festa do magosto e samaín, festas moi tradicionais en Galicia.

Despois de realizar varias actividades ao longo da semana (sobre seres míticos da nosa terra galega, a tradición das cabazas etc) chegou o día da comilona das castañas, dos seus disfraces, de xogos...

Foi un día bonito e diferente.

Para ver máis fotos preme AQUÍ

 

Deixámosvos tamén, dende o equipo de Biblioteca, unhas recomendacións lectoras moi "terroríficas" para estas datas.

 

 

 

Se queres saber máis: O Recuncho de Nuno.

Actividades en Rego da Balsa

Deixámosvos o tríptico informativo da Biblioteca "Rego da balsa" de Carballo.
 
Durante o mes de Outubro e o mes de Novembro os nenos e nenas de entre 3-8 anos, poderán desfrutar de marabillosas historias contadas polos xa coñecidos:
 
 "RATOS DE LONXEDETODO".
 
(Animádevos a asistir, pasarédelo fenomenal)
 

 

 
Para máis información: 
 
 Blog da nosa biblioteca: O Recuncho de Nuno
 
 
 
 
Un saúdo!

SORTEO PÚBLICO CONSELLO ESCOLAR

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

VENRES, 21 DE OUTUBRO DE 2016

ÁS 09:15 HORAS 

Celebración do Sorteo Público para Designación dos Membros da Xunta Electoral 

Segundo Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4 de outubro de 2016)

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

  (RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR)

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro do 2016 realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

A directora do centro

 Un profesor ou profesora

 Un pai ou nai ou titor legal

Un respresentante do persoal de administración e servizos

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto  92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do decreto 324/1996 do 26 de xullo (DOG 9 de agosto).

Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 21 de outubro, venres, ás 09:15 horas. Aqueles membros da Comunidade Educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

 

DISFRUTAMOS CO JUDO

Durante a mañá de hoxe, os alumnos de 2º,3º e 4º de E.Primaria, disfrutaron dunhas sesións lúdicas de iniciación ao Judo, impartidas polo adestrador Nico.

Máis información no blog de educación física do centro::http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

 

 

 

Guardar

Distribuir contido