O NADAL EN DIFERENTES PARTES DO MUNDO

Como xa sabedes, este ano as alumnas e alumnos do centro acompañamos a Nuno nas súas viaxes polo mundo.

Nesta ocasión investigamos sobre  como se celebra o Nadal nos distintos países que estamos a visitar.

Ademais aproveitamos a ocasión para gravar e dar comezo a andaina da nosa radio, xa que este curso estamos inmensamente felices de poder formar parte do proxecto RADIO NA BIBLIO. Aínda nos queda moito por aprender e organizar pero é o noso primeiro contacto.

Pinchando nas distintas tarxestas poderedes escoitar os resultados das investigacións levadas a cabo polas distintas clases do centro.

     

    

       

NADAL NOS FOGARES

Unha vez máis queremos agradecer de corazón a vosa participación nas actividades que vos propoñemos levar a cabo para adaptarnos ás circunstancias!!!

Recibimos vídeos de contos de Nadal e panxoliñas marabillosos!!!! Moitísimas grazas por compartilos con nós!!!

Podedes velos todos visitanto o blog da nosa biblioteca: o blog de Nuno. ou pinchando na seguinte imaxe:

LISTAXES DEFINITIVAS DAS SOLICITUDES DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Rematado o prazo de reclamación das solicitudes para obtención das máscaras, informamos que xa están publicadas as listaxes definitivas no taboleiro situado no interior do centro.

A vindeira semana poñerémonos en contacto coas familias beneficiarias para concretar a súa recollida.

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Ao longo desta semana grazas as achegas do Equipo da Biblioteca ( no seu blog poderedes atopar máis recursos) estivemos levando a cabo varias actividades a nivel de aula para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

Ademais as mestras e mestres do centro quixemos unirnos a unha iniciativa que xa leva uns anos funcionando para celebrar conxuntamente este día e reivindicar os seus dereitos. Esta iniciativa que promoven diferentes asociacións do eido da discapacidade titúlase: "Baixo o mesmo parauguas".

 

TODAS E TODAS ESTAMOS BAIXO O MESMO PARAUGUAS!!!!

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Vaia científicos e científicas hai neste cole!

 

Unha vez máis temos que agradecer a gran acollida que teñen as propostas de Nuno. Estamos tan felices e emocionados de ver como a pesar da situación que estamos a vivir podemos seguir colaborando xuntos aínda que sexa na distancia.

 

Compartimos todos os experimentos que nos chegaron. Son xeniais!!!!! Ademais seguro que os nenos e nenas aprenderon moito con esta experiencia e as vosas achegas van permitir que se siga experimentando nas casas, intentado realizar os diferentes experimentos que compartistes. 

 

Moitas grazas familias, xa estamos a preparar a próxima, porque para nós é moi importante contar con vós!!!!
 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DAS SOLICITUDES DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Dende hoxe están publicadas, no taboleiro situado no interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos das solicitudes do procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación (días 1 e 2 de decembro).

Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva. Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das adminis-tracións públicas).

Lembramos que o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21 forma parte da listaxe de solicitudes de admitidos para a distribución de máscaras.

Ao rematar o prazo de reclamación, publicarase a listaxe definitiva e informarase sobre o procedemento para a distribución das máscaras entre o alumnado.

25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe día 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

No colexio ao longo desta semana e a anterior estivemos realizando actividades para tomar conciencia e denunciar esta lacra social.

As alumnas e alumnos de educación infantil estiveron lendo o conto de Arturo e Clementina. No seguinte vídeo poderedes ver as valoracións e conclusións que sacaron. Fixeron un traballo estupendo!!!!

 

Pola súa parte, o alumnado de educación primaria estivo investigando sobre a situación da muller en distintos países do mundo. Estes países son os elixidos para traballar ao longo deste curso escolar dentro do noso proxecto anual "A Volta ao mundo con Nuno". Como poderedes ver no seguinte vídeo, a situación segue sendo moi preocupante e desoladora.

 

 

Dende aquí TODOS E TODAS UNIDOS queremos dicir: 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe venres 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. Ao longo desta semana nas distintas aulas estívose levando a cabo actividades relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas. Grazas á proposta do Equipo de Biblioteca lemos o libro titulado "O LAPIS  MÁXICO DE MALALA"  e realizamos actividades para coñecer os nosos dereitos e reflexionar sobre como se encontran os nenos e nenas en distintas partes do mundo.

No seguinte vídeo poderedes ver unha mostra do que aprenderon e reclaman os nenos e nenas de educación infantil (pinchade na imaxe):

 Este día sérvenos para concienciarnos e concienciar á sociedade sobre a importancia de seguir esixindo que se cumpran os dereitos dos nenos e nenas en todas as partes do mundo.

O alumnado de 2º de educación primaria preparou un baile: O JERUSALEMA CHALLENGE, para conmemorar este día tan importante.

O alumnado de 5º de Educación Primaria colaborou para realizar este GENALLY onde se enumeran un resumo dos dereitos dos nenos e nenas. Serve de lectura-manifesto para dar a coñecer e reclamar que se respecten. Utilizamos un cartel de UNICEF e pulsando no "play" (debaixo de cada dereito) poderedes escoitar cada un deses dereitos de obrigado cumprimento.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

O venres 13 de novembro publicouse a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330.

Poderán presentar as solicitudes dende o luns 16 ata o venres 27 de novembro só o alumnado matriculado no noso centro en EDUCACIÓN PRIMARIA(tal e como establece a Orde).

Todo o alumnado que foi beneficiado da axuda de material escolar neste curso 2020-2021 NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, xa que será directamente beneficiario  das máscaras sen achegar ningunha documentación a maiores.

Poderán presentar solicitudes o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra con alugunha das seguintes condicións:

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Poderase acudir de forma presencial ao centro para presentar a solicitude, concertando cita previa a través do teléfono do centro ou por correo electrónico.

Nos documentos adxuntos poderedes acceder a Orde do procedemento e aos ANEXOS de solicitude.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

 

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

O pasado venres 30 de outubro tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto e o Samaín no noso centro. Este ano tivemos que adaptarnos ás circunstancias e non puidemos asar as castañas pero grazas por colaborar traendo unhas merendas adaptadas á celebración.

Despois da degustación, puidemos xogar cos compañeiros e compañeiras das nosas clases a xogos tradicionais (adaptados para a circunstancias). Pasámolo xenial!!!

No seguinte vídeo poderedes ver a nosa celebración.

 

SAMAÍN 2020

Ao longo de toda esta semana estivemos levando a cabo moitas actividades ao redor da celebración do Samaín e do Magosto. Na blog da biblioteca do centro poderedes ver moitas delas: curtas, contacontos das familias e as lecturas terroríficas dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria.

Este ano non puidemos decorar o centro como acostumamos a facelo pero... grazas a vosa colaboración puidemos organizar unha exposición virtual que poderedes visitar no vídeo que aparece a continuación. Ademais todo o alumnado do centro participou en elaborar unha lenda do Samaín!!!! O resultado desta colaboración entre todas as aulas do centro poderedes escoitala tamén no vídeo.

Moitas moitas grazas pola vosa colaboración e participación!!!!Non podemos estar máis felices co resultado obtido!!!!

 

 

SAMAÍN E MAGOSTO 2020

A pesar da situación, non imos deixar de celebrar as primeiras festas do curso: SAMAÍN e MAGOSTO.

Como xa sabedes, o venres 30 será un día especial no centro e animámosvos a todos e todas os que aínda non subistes as vosas creacións, a que o fagades ao longo desta fin de semana. Tedes de prazo ata o luns 26 de outubro.

Tamén aproveitamos para recordarlle ás familias que queiran participar nas lecturas terroríficas que envíen os seus vídeos.

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

A continuación deixámosvos os dípticos que elaboramos para esta ocasión.

                    

XEOGRAFÍAS LECTORAS

O lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

 Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".

- Descubrir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, ...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, neste caso lecturas que nos axuden a comprender mellor o noso mundo e lecturas que nos axude a entender o mundo dos outros...

Nesta primeira actividade que propuxemos, o noso alumnado comparte con toda a comunidade educativa os libros que lle lles permitiron deixar voar a súa imaxinación durante o confinamento e o tempo de vacacións previo ao comezo das clases. Aquí compartimos con vós a súa selección .

Desexámosvos unha moi boa viaxe a través da súa lectura!!!!

COMPAÑA DA AUGA DE CARBALLO

Dende o Concello, coa colaboración de Gestagua, están levando a cabo unha campaña de promoción do consumo da auga da billa. Ademais de poñer en valor a calidade da nosa auga, a campaña tamén ten un importante contido medioambiental, xa que paralelamente trátase de reducir o uso de plástico.

Nese sentido, esta semana o Concello instalou unha  fonte de auga da billa no noso centro. Ademais tivemos a sorte de que nos obsequiaron cunha actuación dunha versión reducida de “Carabela”, a peza teatral de Galeatro que trata de incidir, precisamente, na redución do uso do plástico, e no reparto de botellas reutilizables de aluminio a todos os nenos e nenas.

Moitísimas grazas por esta iniciativa que nos encantou a todos e todas!!!!!

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

O Concello de Carballo súmase un ano máis á Semana Europea da Mobilidade, na que participan 2.505 cidades de 47 países. O programa, deseñado pola Concellaría de Mobilidade coa colaboración da área de Igualdade. 

O contido do programa,  estará marcado polas restricións derivadas da situación sanitaria e polas medidas preventivas pola COVID-19. Por iso en todas as actividades faranse grupos reducidos, respectaranse o uso de máscara, a distancia de seguridade ou, no seu caso, a desinfección dos obxectos que se utilicen. Por primeira vez, ademais, Carballo participará no Día sen Coches, unha iniciativa que se desenvolverá simultaneamente en distintos barrios urbanos, nos que se cortarán rúas para que as ocupen os peóns con xogos e actividades e para visibilizar unha transformación urbana que pouco a pouco vai chegando a toda a vila.

O Día sen Coches coincidirá coa celebración da actividade “Pedaleando pola igualdade”, que a Concellaría de Igualdade tivo que suspender en marzo. Con esta actividade, na que tamén colabora o Club Ciclista Carballo, trátase de “darlles recursos ás mulleres para poder andar en bicicleta e que se sintan libres. 

A Asociación Ambiental Senda Nova guiará por segundo ano unha ruta pola beira do Anllóns dende a Ponte de Bértoa ata o Muíño da Cheda “para poñer en valor tamén as marxes dos ríos, que son dos poucos lugares que quedan con vexetación autóctona”. 

Íntegro repite colaboración,co " Día da Accesibilidade", que se desenvolverá  o luns 21, ocupando con cadeiras de rodas varias prazas de aparcamento para que a xente que ocupa as prazas para persoas con mobilidade reducida vexa o mal que se sentiría se lle pasase a eles. Ese mesmo día, pola tarde haberá unha ruta con cadeiras de rodas para “chequear” a accesibilidade da contorna do Fórum.

O programa da Semana Europea da Mobilidade celebrarase dende o 16 ata o 22 de setembro. Tes todos os detalles aquí abaixo.

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Distribuir contido