PDC.XOGOS TRADICIONAIS NO MAGOSTO

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO

Venres 28 de outubro.

No ceip A Cristina celebramos esta divertida festa do magosto e samaín, festas moi tradicionais en Galicia.

Despois de realizar varias actividades ao longo da semana (sobre seres míticos da nosa terra galega, a tradición das cabazas etc) chegou o día da comilona das castañas, dos seus disfraces, de xogos...

Foi un día bonito e diferente.

Para ver máis fotos preme AQUÍ

 

Deixámosvos tamén, dende o equipo de Biblioteca, unhas recomendacións lectoras moi "terroríficas" para estas datas.

 

 

 

Se queres saber máis: O Recuncho de Nuno.

SERES MÍTICOS GALEGOS

O equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) elaborou esta actividade LIM para dar a coñecer os seres míticos galegos traballados este ano no noso colexio. 

Esperamos que vos guste e aprendades moito.

Feliz Samaín!!!

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2016

Xa estamos en outono e da man desta estación aparecen as festas do Magosto e do Samaín. No noso colexio celebraremos estas dúas festas o venres día 28.

Aquí vos deixamos os dípticos que eleboramos dende o EDLG que pretenden achegarnos máis a nosa cultura.

Moitas grazas por colaborar todos e todas!!!

  

Actividades en Rego da Balsa

Deixámosvos o tríptico informativo da Biblioteca "Rego da balsa" de Carballo.
 
Durante o mes de Outubro e o mes de Novembro os nenos e nenas de entre 3-8 anos, poderán desfrutar de marabillosas historias contadas polos xa coñecidos:
 
 "RATOS DE LONXEDETODO".
 
(Animádevos a asistir, pasarédelo fenomenal)
 

 

 
Para máis información: 
 
 Blog da nosa biblioteca: O Recuncho de Nuno
 
 
 
 
Un saúdo!

SORTEO PÚBLICO CONSELLO ESCOLAR

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

VENRES, 21 DE OUTUBRO DE 2016

ÁS 09:15 HORAS 

Celebración do Sorteo Público para Designación dos Membros da Xunta Electoral 

Segundo Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG 4 de outubro de 2016)

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

  (RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR)

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro do 2016 realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

A directora do centro

 Un profesor ou profesora

 Un pai ou nai ou titor legal

Un respresentante do persoal de administración e servizos

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto  92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do decreto 324/1996 do 26 de xullo (DOG 9 de agosto).

Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 21 de outubro, venres, ás 09:15 horas. Aqueles membros da Comunidade Educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

 

DISFRUTAMOS CO JUDO

Durante a mañá de hoxe, os alumnos de 2º,3º e 4º de E.Primaria, disfrutaron dunhas sesións lúdicas de iniciación ao Judo, impartidas polo adestrador Nico.

Máis información no blog de educación física do centro::http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

 

 

 

Guardar

SESIÓNS LÚDICAS DE INICIACIÓN AO JUDO

O vindeiro luns,o Judo Club Bergantiños,impartirá no noso centro unhas sesións lúdicas de iniciación ao Judo, facendo unha presentación do seu deporte, e explicando o funcionamento do seu  club (localización, horarios de adestramento, competicións...) e invitando aos nenos e nenas  a compartir un dos seus adestramentos.

 Con esta actividade o que pretendemos  por un lado, e que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro,  facilitar aos nenos e nenas do noso centro, o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles no concello de Carballo, ofrecéndolles  unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio, fomentando a práctica de actividade física dos nosos escolares,colaborando na consecución de hábitos cada vez máis activos.

Guardar

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

As reunións iniciais dos titores/as coas familias celebraranse nas seguintes datas:

LUNS 19 SETEMBRO

16:00 HORAS: 5º e 6º EDUCACIÓN INFANTIL 

17:00 HORAS: 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 

 

LUNS 26 SETEMBRO

16:00 HORAS:  3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 

 

LUNS 3 OUTUBRO 

16:00 HORAS: 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Asimesmo envíase nota a través do alumnado, así como de Abalar Móbil.

 

Cambios nas asignaturas de Relixión e V.C.S/ A.E

     Estimadas familias:

 Informámosvos que o prazo para solicitar o cambio de Relixión Católica a Valores Sociais e Cívicos/ Atención Educativa ou viceversa será ata o 23 de Setembro de 2016.

Atentamente,

 O equipo directivo.

CURSO 2016/ 2017

CURSO 2016/ 2017

O luns comezamos de novo, teremos o horario habitual de 09:05 horas a 14:05 horas.

BENVIDOS AO COLE!

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro MARTES 6 DE SETEMBRO celebraremos unha reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil que se incorporán ao noso centro.

A reunión será na biblioteca do colexio, ás 10:00 horas.

Un cordial saúdo.

BENVIDOS/AS AO CEIP A CRISTINA!

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS 2016/2017

NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN CONSULTAR AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CORRESPONDENTES AO CURSO 2016/ 2017.

SE TEÑEN ALGUNHA DÚBIDA PODEN CONTACTAR CO CENTRO O PRÓXIMO LUNS 18 DE XULLO EN HORARIO DE 10:00 A 13:00 HORAS.

OS LIBROS ENTREGARANSE EN SETEMBRO AO COMEZAR AS CLASES.

FONDO SOLIDARIO 2016/ 2017 LISTAXES PROVISIONAIS

Poden consultar as listaxes provisionais do Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2016/ 2017 no arquivo adxunto.

 

Distribuir contido