CPINNOVA

METODOLOXÍAS ACTIVAS EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Ao longo de todo este curso na aula de 1º de educación primaria estableceuse un horario para aprender a través do xogo. Isto permitiunos aprender, adquirir e repasar contidos das materias de matemáticas así como das linguas de xeito lúdico.

A implementación deste tipo de metodoloxías activas de aprendizaxe conseguiu aumentar a motivación e a participación do alumnado creando ambientes máis dinámicos de aprendizaxe onde os alumnos e as alumnas forman parte activa da súa aprendizaxe; ademais favorece, ao mesmo tempo, a convivencia, o respecto aos demais e mellora o grao de compañeirismo.

A través dos xogos de mesa e xogos diversos traballouse a competencia matemática e lingüística aprendendo e repasando contidos como son:

- O abecedario: Bingo de letras, ABC Magia, ruleta.

- Os números do 0 ao 99: Bingo

- As sumas, restas e cálculo mental: xogos de cartas, UNO, Math DICE JR., Dodble número.

- A conciencia metafonolóxica e a aprendizaxe lectoescritora: Carreira de letras, Bananagrams, Ordleg word play, ABC Magia, Palabras Enlazadas, Mi primer juego de Palabras, Intelecto vertical coloca 4.

- Pictureke e Guess What!: A través destes dous xogos reforzouse a aprendizaxe lectoescritora. O xogo consistía en que un/unha alumno/a imita ou mima unha palabra. A continuación, ponse en marcha un cronómetro (45 segundos) e os demais deben escribir a palabra nun encerado tipo vileda. Ao rematar o tempo o/a alumno/a que imitou a palabra ten que pasar polas mesas para ler as palabras escritas polos/as compañeiros/as e verificar se acertaron e corrixíndoo se fose necesario.

A continuación deixámosvos un vídeo para que poidades ver todas estas actividades que levamos a cabo.

 

APRENDEMOS A XOGAR

O alumando de 4º e 5º de Ed. Infantil explícanos como se xoga a algúns dos seus xogos favoritos.

Enzo (4º EI) cóntanos como xogar a SPACIO (de Djeco). Un xogo moi bo para traballar a atención e a orientación espacial de maneira individual.

David (4º EI) explica como se xoga a CRAZY SKEWERS. Un xogo para traballar tamé a orientación espacial, a atención, xunto coas cores, formas e tamaños.

 

 

 

Os nenos e nenas da aula de Elmer (5º de Infantil) tamén nos explican como xogar:

Xogo de Lina a Xoaniña, no que trala lectura do conto, os nenos e nenas traballarán as cores, motricidade, e todo tipo de valores.

UBONGO Junior,  xogo de axilidad visual e lóxica.

MONOS LOCOS, no que traballamos as cores, a atención, os turnos de espera e estratexia.

 

 

ELIXIMOS O NOSO XOGO FAVORITO

O alumnado de 6º de infantil xa xogou coa primeira remesa de xogos adquiridos dentro do noso proxecto de EduInnova, e decidiron facer unha votación para ver cal foi o que máis éxito tivo.

De esta maneira, unha vez máis, traballamos a competencia matemática a través do conteo de votos, comparación de medidas, etc... e a competencia lingüística expresando as nosas opinións acerca dos nosos gustos.

Os xogos eran os seguintes:

Bichos de Habba

Monster Match

Hally Gally

Ubongo

Catch It

Mi primer juego de letras

Os favoritos dos nenos foron Monster Match e Ubongo.

 

Xogos de mesa en 2º de primaria

O alumnado de 2º de primaria estreouse no mundo dos xogos de mesa. Esta vez tocou traballar a competencia matemática e a lingüística, repasando conceptos como a descomposición numérica, cantidades, vocabulario, formación de palabras....e tamén todos os valores que nos aportan os xogos. Aquí vos deixamos algunha foto e os nomes dos xogos:

RALLYE (de Djeco) : para taraballar o razoamento lóxico e o cálculo.

 

MATH DICE JR. para traballar o cálculo mental.

 

CARREIRA DE LETRAS (LÚDILO): vocabulario

 

ABC, MAGIA! (HABA): Letras do abecedario

 

 

BANANAGRAMS (Lúdilo): Formación de palabras.

 

 

O alumnado de infantil e os xogos de mesa

O alumnado de Educación Infantil iníciase nas aprendizaxes a través dos xogos de mesa, participando así no CPInnova que está a desenvolver o noso centro.


A través dos xogos de mesa adquiren contidos matemáticos, lingüísticos e tamén todo tipo de valores e aprendizaxes como respeto aos demais, normas de convivencia,etc. Tamén facilitan o desenvolvemento de capacidades motoras, mentais e sensoriais: a concentración, a memoria, a imaxinación...

Proxecto Edu Innova

Ao longo deste curso estamos a participar, dentro dos Contratos Programa, na modalidade EduInnova (ou CPInnova). Este proxecto consiste en traballar as competencias do currículo, concretamente a matemática e a lingüística a través de metodoloxías activas. O noso centro decidiu participar levando a cabo Aprendizaxes Basados no Xogo (ABJ), polo que coa dotación económica do proxecto, adquirimos diferentes xogos de mesa tanto para educación infantil como para educación primaria.

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns dos xogos adquiridos!

XOGOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Ao alumnado encántalle esta iniciativa, xa que dunha forma lúdica, están repasando e aprendendo conceptos da materia de matemáticas ou das de lingua, disfrutando e ao mesmo tempo adquirindo todo tipo de coñecementos e valores.

Vos recomendamos adquirir xogos deste tipo para o voso tempo libre na casa!! 

Distribuir contido