METODOLOXÍAS ACTIVAS EN 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Ao longo de todo este curso na aula de 1º de educación primaria estableceuse un horario para aprender a través do xogo. Isto permitiunos aprender, adquirir e repasar contidos das materias de matemáticas así como das linguas de xeito lúdico.

A implementación deste tipo de metodoloxías activas de aprendizaxe conseguiu aumentar a motivación e a participación do alumnado creando ambientes máis dinámicos de aprendizaxe onde os alumnos e as alumnas forman parte activa da súa aprendizaxe; ademais favorece, ao mesmo tempo, a convivencia, o respecto aos demais e mellora o grao de compañeirismo.

A través dos xogos de mesa e xogos diversos traballouse a competencia matemática e lingüística aprendendo e repasando contidos como son:

- O abecedario: Bingo de letras, ABC Magia, ruleta.

- Os números do 0 ao 99: Bingo

- As sumas, restas e cálculo mental: xogos de cartas, UNO, Math DICE JR., Dodble número.

- A conciencia metafonolóxica e a aprendizaxe lectoescritora: Carreira de letras, Bananagrams, Ordleg word play, ABC Magia, Palabras Enlazadas, Mi primer juego de Palabras, Intelecto vertical coloca 4.

- Pictureke e Guess What!: A través destes dous xogos reforzouse a aprendizaxe lectoescritora. O xogo consistía en que un/unha alumno/a imita ou mima unha palabra. A continuación, ponse en marcha un cronómetro (45 segundos) e os demais deben escribir a palabra nun encerado tipo vileda. Ao rematar o tempo o/a alumno/a que imitou a palabra ten que pasar polas mesas para ler as palabras escritas polos/as compañeiros/as e verificar se acertaron e corrixíndoo se fose necesario.

A continuación deixámosvos un vídeo para que poidades ver todas estas actividades que levamos a cabo.

 

AdxuntoTamaño
METODOLOXÍAS ACTIVAS 1º.mp461.08 MB