EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA 2º CICLO

Os alumn@s do 2º ciclo fomos de excursión a Santiago de Compostela onde visitamos as cubertas da catedral e o Museo das Peregrinacións.


A CRISTINA TRIUNFA NA III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO

16/06/2013 15:20
Etc/GMT+1


Unha vez máis, @s atletas do noso centro realizaron un brillante papel na III Carreira Popular concello de Carballo, acadando Valeria Gómez a medalla de ouro na categoría Alevín Feminino; e Lucía Carro e Alicia Abelenda, as medallas de ouro e prata na categoría Benxamín Feminino.


O resto dos nos@s atletas realizaron un gran papel, quedando moitos deles clasificados entre os dez primeiros das súas categorías.


Podedes ver as fotos da proba no blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN DE CARBALLO

14/06/2013 10:00
05/07/2013 10:00
Etc/GMT+1

Publicada a listaxe da comisión de escolarización de Carballo para o vindeiro curso 2013/14.

Magnífica viaxe ao Carballo histórico da man do historiador XAN FERNÁNDEZ CARRERA.

 

Onte tivemos a gran oportunidade de contar con Xan Fernández Carrera, que se ofreceu a ser o noso guía polas rúas de Carballo para achegarnos ás orixes da nosa vila.

 

O barrio da Lagoa, o museo de Bergantiños (onde contamos coas explicacións de Maite) o cruceiro da igrexa, a praza de Galicia, a rúa Coruña, as escolas públicas da rúa Desiderio Varela, o xardín municipal e o mercado foron os lugares visitados.

 

Rematado este roteiro os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de realizarlle unha entrevista ao Sr. Alcalde Don Evencio Ferrrero e a concelleira de urbanismo dona Milagros Lantes.

Para finalizar esta visita ao concello o persoal mostrounos algunhas das dependencias do mesmo.Rematamos esta saída no  balneario dos Baños Vellos. A doctora e a encargada ensináronnos amablemente as instalacións e faláronnos das propiedades curativas das augas deste balneario.

 

 

 

 

 

Preme aquí para ver as fotos da visita. 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2013/14

30/05/2013 10:31
Etc/GMT+1

 


RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2013/14


Vistas as reclamacións presentadas ante o Consello Escolar deste colexio e revisadas as puntuacións correspondentes, procédese con data 30 de maio de 2013 a publicar a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido* para o vindeiro curso 2013/14.


Contra esta resolución definitiva as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.


*Aqueles alumn@s que non foran admitid@s neste centro deberán esperar á adxudicación subsidiaria da comisión de escolarización de Carballo. O resultado desa adxudicación publicarase nos taboleiros do centro e na súa páxina web.


Para ver as listaxes pinchar nos adxuntos.

VISITA DUNHA ANIMADORA DA EDITORIAL ALFAGURA

Mañá , xoves 23 de abril, os alumn@s de 2º e 3º ciclo recibirémola visita dunha animadora da editorial Alfaguara. Con ela reviviremos as aventuras dos protagonistas da obra de teatro “El tesoro del dragón” e a novela “ Bárbara contra el doctor colmillos”.



 


powerpoint sobre esta animación do 3º ciclo. pinchar no adxunto.


Os alumnos/as de infantil desprazámonos a Laracha para disfrutar dun día no centro de turismo ecuestre O Ventoso.

 

Alumnos/as de 4º de educación infantil. 

 

 

Alumnos/as de 5º de educación infantil. 

 

 

Os alumnos/as de 6º de educación infantil nesta ocasión non teñen foto de grupo, pero podedes ver neste enlace ó seu blogue, as súas fotos da excursión:

http://eduxuntaescentrosceipacristina.blogspot.com.es/2013/05/animales.html

ADMISIÓN 2013/14

10/05/2013 13:44
31/05/2013 11:00
Etc/GMT+1

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2013/14.


Con data 10 de maio do 2013 publícanse as listaxes de alumnado admitido e non admitido nos diferentes cursos para os que se presentou solicitude.


Ante esta resolución provisional poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar deste centro.


 


Cliquear nos ficheiros adxuntos para ver as listaxes.

VISITA DO ESCRITOR XOSE HENRIQUE RIVADULLA CORCÓN

 O vindeiro luns 13 de maio, os alumn@s de 1º e 2º de Primaria, recibirémola visita de Xosé Henrique Rivadulla Corcón. Escritor, guionista e locutor de radio, director de programas de televisión entre outras facetas.



 


Como escritor ten publicado literatura infantil e xuvenil, novela, teatro, poesía e ensaio sobre temas audiovisuais. Sendo a poesía o xénero que el considera como o seu natural.


 


Con el compartiremos unhas sesións nas que falaremos da súa obra“ O sorriso de Claudia”.


 


 


 


 

DÍA DEL LIBRO 2013

El día 23 de Abril se celebra en todo el mundo, el día del libro internacional. Ese día rendimos homenaje al libro y a sus autores, en concreto, este año a Rosalia de Castro por su 150º aniversario de Cantares Galegos  y a Julio Verne y su obra “ La vuelta al mundo en 80 días” a través de una maratón lectora.


. 


Por ciclos nos reunimos en la biblioteca y juntos compartimos momentos divertidos.



VISITA DO ESCRITOR XABIER DOCAMPO

O vindeiro luns 22 de abril, os alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria, recibirémola visita de Xabier P. Docampo. Mestre, escritor, contacontos, actor de teatro e promotor da nosa lingua e cultura galega.


Con el compartiremos unhas sesións nas que falaremos da súa obra“ O misterio das badaladas”. Unha novela de intriga, misterio e aventuras da que todos quedamos fascinados.



“ No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais algo acontecerá ao  chegar á última páxina do libro…”

SAÍDA A SANTIAGO...3º CICLO

Bonito percorrido pola parte máis moderna de Santiago " A CIDADE DA CULTURA" e por unha da máis antigas " CATEDRAL E ARREDORES" PREME


SABOR GALEGO








 
   

 O Equipo de Normalización propón realizar  unha actividade para que os alumnos/as se conciencien da importancia que a nosa comunidade ten en materias primas alimenticias.


Magníficos produtos de horta, produtos de mar, a carne galega, todo tipo de froitos...sen esquecer os doces tan tipicaménte galegos.


Por todo esto, a nosa cociña  conta con un merecido recoñecemento a n¡vel nacional. AQUÍ ESTÁ O SEU TRABALLO.


GRAN PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

26/02/2013 11:00
Etc/GMT+1


Valeria Gómez finalizou na vixésima posición ( novena  na clasificación individual) na Fase Final do Campionato Galego escolar de campo a través.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes as sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado pola atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Con este Campionato remata a tempada de campo a través escolar, onde o noso centro, estivo presente por segunda tempada  consecutiva nas catro Fases do Campionato.

Poden consultar toda a información sobre o Campionato no blog de educación física do centro:

O Entroido no CEIP A Cristina.

Na nosa galería de fotos podedes ver como celebramos o entroido nas diferentes aulas do noso colexio.


Preme aquí: Entroido 2013. 


Distribuir contido