A CRISTINA PROCLAMOUSE CAMPIÓN INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

02/02/2013 19:37
Etc/GMT+1

 

O equipo alevín feminino de campo a través formado por: Valeria Gómez, Sarai Lema, Paula Lorenzo, María Serra, Natalia Riveiro, Cecilia Collazo e Graciela Amarelle, proclamouse por primeira vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.

A este campionato hai que unir as medallas de prata e bronce de Valeria Gómez e Lucía Carro nas categorías alevín e benxamín feminina, e a medalla de bronce do equipo benxamín feminino.

Tamén hai destacar a clasificación de David Pandelo para o campionato provincial ao finalizar oitavo ,e o 4º posto do equipo benxamín masculino.

O resto dos no@s atletas estiveron a un gran nivel, deixando tod@s unha boa imaxe.

Poden consultar os resultados, clasificacións  e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro:

BRILLANTE PAPEL DOS NOSOS ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

29/01/2013 16:32
Etc/GMT+1

Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Para a Fase Intercomarcal  que se celebrará o vindeiro sábado 2 de Febreiro no Parque deportivo de Acea de Ama ( Culleredo), clasificáronse 29 atletas do noso centro( 4 equipos e 10 atletas individualmente).

 

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro e prata  de Lucía Carro e Marta Padín na categoría benxamín femenino; e as medallas de bronce de  David Pandelo, Andrés Lage e Yonatan Lema nas categorías benxamín,alevín e infantil masculino. No apartado de equipos, obtivemos o primeiro posto na categoría benxamín feminina, e o segundo posto nas categorías benxamín e alevín masculino, e alevín feminino.
 
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!  

Máis información no blog de eduacción física do centro:

http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

NOVO APRAZAMENTO DA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

22/01/2013 14:34
Etc/GMT+1

 

 

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia e do Patronato Deportivo Municipal de Carballo, debido ás previsións de alertas polas inclemencias do tempo previsto para mañá, suspéndese a Fase Local de campo a través de Carballo, prevista para o mércores día 23 de xaneiro, e decidiuse trasladala para o vindeiro MARTES DÍA 29 DE XANEIRO, mantendo os mesmos  horarios e circuíto.

Tamén se  apraza a FASE INTERCOMARCAL programada para o sábado 26/01/2013, e desenvolverase   o vindeiro SÁBADO DÍA 2 DE FEBREIRO.

 

 

APRAZADA A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

17/01/2013 16:48
Etc/GMT+1


Debido ás previsións de alerta laranxa  , suspéndese a Fase Local de campo a través que estaba previsto que se celebrara mañá  , e decidiuse trasladala para o MÉRCORES DÍA 23 DE XANEIRO, mantendo os mesmos  horarios e circuíto.

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

10/01/2013 21:48
Etc/GMT+1


O vindeiro venres 18 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán 69 alumn@s do noso centro.


Poden consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

POSTAL PREMIADA POLO CONCELLO DE CARBALLO

A alumna do colexio "A CRISTINA" de Carballo, NEREA VILARIÑO CABEZA, acadou o primeiro premio no concurso de postais de Nadal, convocado polo concello de Carballo.


Noraboa Nerea. Co teu traballo o concello felicitará o Nadal do 2012.


 

AULA ABALAR

O CEIP "A CRISTINA" forma parte dese grupo de centros que neste curso se suman ó PROXECTO ABALAR.


Abalar é o proxecto que aposta pola integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


Contamos con un aula abalar: Pizarra dixital, proxector, portatil abalar e finalmente cos ultraportátiles dos alumnos. Comezando estamos a utilizar estas novas tecnoloxías.    PREME AQUÍ e observarás o concentra@s que están.


 abalar

LÚDICA, ADEMAIS DE INSTRUTIVA SESIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

" NON A VIOLENCIA MACHISTA"


 Os alumn@s de 5º, contaron con unha magnífica sesión, onde se lles explicou dun xeito claro e sinxelo (pero a vez divertido) dunha das lacras máis graves que estamos vivindo na actualidade "a violencia machista"


 Grazas Belén, grazas por poñer o teu graíño de información para que futuras xeracións poidan vivir mellor.


                                       


Belén Puñal (periodista). PREME NO ADXUNTO indicado abaixo.


 

GRAN PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA VIII CARREIRA POPULAR DA SILVA

13/11/2012 11:10
Etc/GMT+1

Os  atletas do noso colexio iniciaron a nova tempada de atletismo, realizando un gran papel na VIII Carreira popular " A Silva " que se celebrou o pasado sábado.

Aínda que tod@s estiveron a un gran nivel, hai que destacar  o segundo e terceiro posto de Jonatan Lema e Jonathan Lage na categoría infantil, e o terceiro posto de David Pandelo na categoría benxamín.

Noraboa a tod@s!!!!!

 

Podes consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro.

http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

CELEBRAMOS O SAMAÍN COA ORQUESTRA CÉ PANTASMA.

Este ano celebramos o Samaín na nosa escola coa compañía dunha actuación tan especial coma divertida, a orquestra Cé pantasma. Pasámolo en grande. 



Agradecemos a AMPA Fonte da Cristina a súa colaboración, moitas grazas!. 

 

Para ver mais fotos preme aquí.


VARIOS ATLETAS DO NOSO CENTRO PARTICIPARÁN NA VIII CARREIRA POPULAR PEDESTRE " A SILVA 2012"

29/10/2012 00:59
Etc/GMT+1

 

O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o sábado 10 de novembro, de 16 a 19 horas, a VIII Carreira Popular Pedestre "A Silva 2012" con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 15 Km de Carballo), discurrindo toda por terreo asfaltado.

Varios nen@s do noso centro participarán nesta carreira que serve como punto de partida da tempada de atletismo.

Podes consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro.

http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

MÓVETE +

21/10/2012 14:00
Etc/GMT+1


Os alumn@s do noso centro participarán este curso na actividade “Móvete +”, dirixida a todos os escolares de Galicia e que se enmarca dentro do programa Xogade. Trátase de promover a atividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a OMS.

 Baseado nunha composición musical e coreográfica orixinal, Móvete é o novo himno do Plan Galicia Saudable (http://galiciasaudable.xunta.es) que ten como obxectivo difundir entre a comunidade educativa e, por extensión, á sociedade galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable. A acción desenvolverase nos tempos de lecer dos escolares, como recreos ou outros coma o as clases de educación física.


 A actividade contempla unha serie de dinámicas propias na procura dunha maior adherencia das nenas e nenos tales como: concursos de producción musical e composición coreográfica, participación nunca rodaxe dun videoclip, eventos populares, e outros.


Máis información no blog de educación física do centro:


http://disfrutamosmovndonos686983686.blogspot.com.es/

O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PROGRAMA XOGADE 2012-2013

17/10/2012 00:40
Etc/GMT+1


O noso centro foi admitido no Programa Xogade( Xogos galegos deportivos en idade escolar) para o curso 2012-2013.

O programa Xogade pretende que a actividade física chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.


Entre os obxectivos do Plan están:


  1.  Incrementar a participación nas diferentes modalidades deportivas.

  2. Beneficiarse do gran potencial educativo e formativo que aporta a práctica deportiva.

  3. Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte.

  4. Manter e mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos.

  5. Permitir a aprendizaxe dos conceptos técnicos e tácticos das diferentes modalidades deportivas.

  6. Transmitir hábitos, actitudes e valores como a tolerancia, o respecto, o esforzo, ou a cooperación.

  7. Potenciar o Xogo Limpo e a deportividade.

  8. Fomentar as relacións entre as diferentes pezas do engrenaxe deportivo como os clubs, agrupacións deportivas escolares e federacións cos centros escolares. 

http://disfrutamosmovndonos686983686.blogspot.com.es

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2012 /21013 !!

05/09/2012 11:00
Etc/GMT+1

INFÓRMASE ÁS FAMILIAS DE QUE AS CLASES DARÁN COMEZO O MÉRCORES 12 DE SETEMBRO EN HORARIO HABITUAL, DE 9:05 A 14:05 h.


ATA ESE DÍA O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NA SECRETARÍA SERÁ DE 9:00 A 10:30 h.


ATA MOI PRONTO !!

VÉMONOS EN SETEMBRO

Despedimos o curso escolar, 2011 - 2012, con unha pequena mostra de fotos da última excursión realizada polos alumnos/as, mestres/as do ceip A Cristina.

Desexámosvos boas vacacións a todos/as.

GRAZAS POR ESTAR AÍ

 COMUNIDADE ESCOLAR

OS ALUMNOS/AS DE INFANTIL VISITARON MAR DE LIRA

Para as fotos da excusión de 4º de educación infantil preme aquí. 

OS ALUMNOS/AS DO 1º CICLO TAMÉN VISITARON MAR DE LIRA

 

OS ALUMNOS/AS DO 2º CICLO PASARON O DÍA VISITANDO  UNHA GRANXA

ALUMNOS/AS DO 3º CICLO FORON A ILLA DE ONS

Distribuir contido