VISITA DO ESCRITOR XABIER DOCAMPO

O vindeiro luns 22 de abril, os alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria, recibirémola visita de Xabier P. Docampo. Mestre, escritor, contacontos, actor de teatro e promotor da nosa lingua e cultura galega.


Con el compartiremos unhas sesións nas que falaremos da súa obra“ O misterio das badaladas”. Unha novela de intriga, misterio e aventuras da que todos quedamos fascinados.



“ No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais algo acontecerá ao  chegar á última páxina do libro…”

SAÍDA A SANTIAGO...3º CICLO

Bonito percorrido pola parte máis moderna de Santiago " A CIDADE DA CULTURA" e por unha da máis antigas " CATEDRAL E ARREDORES" PREME


SABOR GALEGO








 
   

 O Equipo de Normalización propón realizar  unha actividade para que os alumnos/as se conciencien da importancia que a nosa comunidade ten en materias primas alimenticias.


Magníficos produtos de horta, produtos de mar, a carne galega, todo tipo de froitos...sen esquecer os doces tan tipicaménte galegos.


Por todo esto, a nosa cociña  conta con un merecido recoñecemento a n¡vel nacional. AQUÍ ESTÁ O SEU TRABALLO.


GRAN PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

26/02/2013 11:00
Etc/GMT+1


Valeria Gómez finalizou na vixésima posición ( novena  na clasificación individual) na Fase Final do Campionato Galego escolar de campo a través.

Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes as sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado pola atleta do noso colexio, é moi meritorio.

Con este Campionato remata a tempada de campo a través escolar, onde o noso centro, estivo presente por segunda tempada  consecutiva nas catro Fases do Campionato.

Poden consultar toda a información sobre o Campionato no blog de educación física do centro:

O Entroido no CEIP A Cristina.

Na nosa galería de fotos podedes ver como celebramos o entroido nas diferentes aulas do noso colexio.


Preme aquí: Entroido 2013. 


VISITA DE KALANDRAKA

Este MARTES 19 DE FEBREIRO os alumn@s de Infantil e 1º de Educación Primaria recibímola visita de Patri e Alex da editorial Kalandraka.


Con eles compartimos momentos moi divertidos coñecendo aos diferentes personaxes que viven nos contos e disfrutando das melodías dos diferentes instrumentos que trouxeron.

"EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES"

18/02/2013 15:52
Etc/GMT+1

 

 O  noso centro contará durante esta semana, cunha exposición itinerante sobre a" Educación, Deporte e Valores". Consta de dezasete paneis despregables e estará aberta no corredor principal do centro, a todo o colectivo escolar.

Esta exposición é unha invitación a  reflexionar sobre a importancia de determinados valores do deporte    como : NOBREZA, TOLERANCIA, INTEGRACIÓN, XOGO LIMPO, SAÚDE, DIVERSIÓN...

VALERIA GÓMEZ CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

16/02/2013 18:31
Etc/GMT+1

Valeria Gómez clasificouse para disputar o Campionato Galego de campo a través escolar, ao finalizar oitava na Fase Provincial disputada na mañá de hoxe no circuíto de Acea da Ma( Culleredo).

Por segunda tempada consecutiva, un atleta do noso colexio, representaranos no Campionato Galego, que se celebrará en Guitiriz(Lugo), o próximo sábado 23 de Febreiro.

Tamén hai que destacar o 6º posto do equipo alevín feminino, e o bo papel de Lucía Carro e David Pandelo na categoría benxamín.

Noraboa a tod@s!!

Poden consultar os resultados, clasificacións e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es

ADMISIÓN CURSO 2013-14

 PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2013/14   


 PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2013/14.


 

TEMPOS DE ENTROIDO

Un ano máis os alumnos do CEIP A CRISTINA, prepáranse para celebrar a festa máis trouleira de todo o ano, O ENTROIDO.


Nada máis entrar atopámonos co MECO, dándonos as pertinentes ORDES de cada día, as cales debemos cumprir.


 Agradecer aos alumnos/as de SEXTO, responsables de que un ano máis este simpático personaxe presida durante unha semana a entrada do noso centro.


O centro comeza a estar adornado con caretas, preparando cancións típicas, pensando nos disfraces que nos imos poñer o venres 8,  na festiña que teremos con produtos típicos destes días etc etc.

A CRISTINA PROCLAMOUSE CAMPIÓN INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

02/02/2013 19:37
Etc/GMT+1

 

O equipo alevín feminino de campo a través formado por: Valeria Gómez, Sarai Lema, Paula Lorenzo, María Serra, Natalia Riveiro, Cecilia Collazo e Graciela Amarelle, proclamouse por primeira vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.

A este campionato hai que unir as medallas de prata e bronce de Valeria Gómez e Lucía Carro nas categorías alevín e benxamín feminina, e a medalla de bronce do equipo benxamín feminino.

Tamén hai destacar a clasificación de David Pandelo para o campionato provincial ao finalizar oitavo ,e o 4º posto do equipo benxamín masculino.

O resto dos no@s atletas estiveron a un gran nivel, deixando tod@s unha boa imaxe.

Poden consultar os resultados, clasificacións  e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro:

BRILLANTE PAPEL DOS NOSOS ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

29/01/2013 16:32
Etc/GMT+1

Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Para a Fase Intercomarcal  que se celebrará o vindeiro sábado 2 de Febreiro no Parque deportivo de Acea de Ama ( Culleredo), clasificáronse 29 atletas do noso centro( 4 equipos e 10 atletas individualmente).

 

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro e prata  de Lucía Carro e Marta Padín na categoría benxamín femenino; e as medallas de bronce de  David Pandelo, Andrés Lage e Yonatan Lema nas categorías benxamín,alevín e infantil masculino. No apartado de equipos, obtivemos o primeiro posto na categoría benxamín feminina, e o segundo posto nas categorías benxamín e alevín masculino, e alevín feminino.
 
Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!  

Máis información no blog de eduacción física do centro:

http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

NOVO APRAZAMENTO DA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

22/01/2013 14:34
Etc/GMT+1

 

 

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia e do Patronato Deportivo Municipal de Carballo, debido ás previsións de alertas polas inclemencias do tempo previsto para mañá, suspéndese a Fase Local de campo a través de Carballo, prevista para o mércores día 23 de xaneiro, e decidiuse trasladala para o vindeiro MARTES DÍA 29 DE XANEIRO, mantendo os mesmos  horarios e circuíto.

Tamén se  apraza a FASE INTERCOMARCAL programada para o sábado 26/01/2013, e desenvolverase   o vindeiro SÁBADO DÍA 2 DE FEBREIRO.

 

 

APRAZADA A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

17/01/2013 16:48
Etc/GMT+1


Debido ás previsións de alerta laranxa  , suspéndese a Fase Local de campo a través que estaba previsto que se celebrara mañá  , e decidiuse trasladala para o MÉRCORES DÍA 23 DE XANEIRO, mantendo os mesmos  horarios e circuíto.

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS

10/01/2013 21:48
Etc/GMT+1


O vindeiro venres 18 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán 69 alumn@s do noso centro.


Poden consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

Distribuir contido