Gallego

G 1601006 Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

A partir do vindeiro 28 de marzo iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión: “Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática de contabilidade NominaSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 9 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a titora propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso na Rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73656

Nóminas
Nóminas

Estadías formativas en empresas

Summary: 

Convocatoria de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2017
Gallego

Ata o vindeiro día 6 de marzo, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial e de Artes plásticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 17 de abril de 2017 ata o 8 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.

  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas ininterrompidas e o máximo é de 8 horas.

  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.

  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fóra do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitar a súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o modelo que se pode descargar do seguinte enderezo.

http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

  1. O prazo para facer a preinscrición é ata o próximo día 6 de febreiro (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 20 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.

  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.

  • Unha declaración responsable de posuír, como autores/as, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados, e de que estes non estean comercializados.

  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160x0,3 = 48 horas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

 

Estadías formativas
Estadías formativas

G1503007 O modelo experimental da FP dual en Galicia

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

Os vindeiros días 14 e 15 de febreiro, en horario de 17:00 a 21:00 horas, terá lugar no salón de actos do CIFP Compostela a actividade presencial O modelo experimental da FP dual en Galicia.

Esta é unha actividade do Plan Anual 2016-17, cuxos obexectivos inclúen coñecer o marco normativo da FP dual, coñecer a estrutura dos proxectos de FP dual en Galicia así como elaborar un plan de estudos para un proxecto de FP dual.

Nesta actividade formativa participarán como relatores asesores da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, así como o director dun centro educativo con modalidade de FP dual e representantes de empresas colaboradoras.

 

FP dual
FP dual

Instrumentos e estratexias para a detección do abandono escolar temperán

Gallego

Podes acceder á aula virtual do proxecto facendo clic na seguinte ligazón: All Aboard

All Aboard
All Aboard

Xornadas de Actualización Laboral 2017

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016/17
Gallego

Do mesmo xeito que en anos anteriores, volverase desenvolver a actividade “Xornadas de Actualización Laboral 2017”, curso programado para profesorado das familias de Formación e Orientación Laboral e Administración e Xestión.

Obxectivos:

1.Analizar as novidades da normativa laboral e da Seguridade Social para o ano 2017.

2.Confeccionar a documentación utilizable.

3.Realizar supostos prácticos de aplicación.

Neste curso farase unha análise das novidades na normativa laboral e de Seguridade Social para o ano 2017.

 Esta actividade desenvolverase os días 13,14 e 20 de febreiro en horario de 16:30 a 19:30 horas na biblioteca do CAFI.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73682

Xornadas de actualización laboral
Xornadas de actualización laboral

G1601014: Raspberry Pi básico

Gallego

Data: 

10/02/2017 - 24/03/2017

Lugar: 

Sesións presenciais no CIFP Compostela e no CAFI

Horario: 

17:00-20:00

Sección: 

G1601014 Raspberry Pi básico

Summary: 

Nova edición da actividade formativa en rede destinada ao profesorado de FP da especialidade da Electricidade e electrónica. No curso preténdese familiarizar aos participantes no emprego das Raspberry pi e nas súas posibles aplicacións didácticas.
Gallego

A Raspberry pi é unha placa integrada de baixo custe, que conta cun procesador e suficientes portos para ter a mesma funcionalidade cunha máquina computadora. O seu tamaño é moi reducido, e apoiase nunha importante comunidade que desenvolve software e propón novas aplicacións.

O titor cambia con respecto ao que impartira a anterior edición do curso. Nesta ocasión un dos titores é profesor da especialidade de sistemas electrónicos e o outro profesor da especialidade de informática.

A actividade inclúe dúas sesións presenciais obrigatorias de 3 horas de duración. Estas dúas sesións as impartirá un dos titores da parte na rede. Estas sesións celebraranse:

  • o venres 10/2/2017 de 17:00 a 20:00 horas na aula de videoconferencias do CIFP Compostela. Os participantes deberán traer consigo a esta sesión, unha fonte de alimentación para smartphone con conector microUSB, e se o teñen, un adaptador HDMI/VGA.

  • o venres 24/3/2017 de 17:00 a 20:00 horas na aula 1.10 do CAFI.

Segundo o artigo 10.1.d da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13) a asistencia á sesión presencial é obrigatoria.

Debe terse en conta que se algunhas das datas e horarios das sesións presenciais, coincide co horario lectivo dalgún dos participantes, este deberá solicitar permiso por asuntos particulares á dirección do seu centro educativo (artigo 15 da orde do 29 de xaneiro do 2016).

Durante a primeira sesión presencial farase entrega, a modo de empréstito, dun kit de compoñentes para poder facer as tarefas do curso na parte na rede. O equipamento que se entregará a cada un dos participantes é:

  • 1 Placa Raspberry pi B+ V1.2>/li>
  • 1 Caixa plástica para Raspberry pi B+ transparente
  • 1 Tarxeta de memoria Flash microSD HC 16GB clase 4
  • 1 Adaptador de tarxeta microSD/SD
  • 1 Conversor A/D MCP3008 ou equivalente.

Estes compoñentes deberán ser devoltos na derradeira sesión presencial, que coincide co remate da actividade formativa.

A maiores os participantes deberán contar no seu centro educativo ou domicilio co seguinte equipamento:

  • Teclado e rato USB.
  • Cable Ethernet.
  • PC con Lector de tarxetas SD.
  • Fonte de alimentación 5V/2,5A con conexión microUSB (calquera cargador de smartphones actual serve).
  • Router WiFi con switch integrado.
  • Smartphone con Android ou iPhone.
  • Latiguillo de cable plano de 6 pins femia macho. (*)
  • LEDS de colores roxo, verde e amarelo. (*)
  • Resistencias (100, 330, 1K, 4K7, 10K e 100K). (*)
  • Potenciómetros de 10K. (*)
  • Módulo relé 5V 2RLMOD ou equivalente. (*)
  • Placa protoboard e cable para conexionado. (*)

(*) Estes compoñentes forman parte dos Kits de Arduino que foron remitidos pola Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria no pasado mes de Decembro a todos os IES de Galicia onde impártese bacharelato.

 

Data de comezo:  10/2/2017

Data de finalización: 24/3/2017

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 31

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73678

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=448

Raspberry pi

G1601010: Administración de dominios en redes locais con GNU/Linux

Gallego

Data: 

16/01/2017 - 26/03/2017

Lugar: 

Platega2

Sección: 

G1601010: Administración de dominios en redes locais con GNU/Linux

Summary: 

Nova edición desta actividade formativa orientada ao ensino da configuración e mantemento de servidores para servizos na rede local, baseados nunha distribución de Ubuntu server.
Gallego

Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o segundo trimestre, destinada principalmente ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións e tamén ao profesorado de Electricidade e electrónica. O profesorado interesado debe contar con coñecementos básicos de administración do Sistema Operativo Linux, sendo este un requisito necesario para participar na actividade.

O curso dedícase ás diversas tecnoloxías que se poden utilizar para a implementación de dominios con usuarios centralizados e recursos compartidos na rede, facendo uso de sistemas GNU/Linux e integrando tamén equipos clientes baseados en Windows. Para os exercicios prácticos empregarase Virtualbox e a última versión LTS do sistema operativo Ubuntu, polo cal os participantes deben contar cun PC con polo menos 4GB de memoria RAM.

O titor do curso, profesor da familia profesional de informática e comunicacións, xa actuara coma titor en anteriores edicións con excelente valoración por parte dos participantes.

Data de comezo: 16/1/2017

Data de finalización:  26/3/2017

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 50

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73660

Ligazón á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=422

Administración de dominios en Linux

G 1601007 Contabilidade práctica con aplicación informática

Summary: 

Curso do Plan Anual 2016-17
Gallego

A partir do vindeiro 23 de xaneiro de 2017 iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administación e Xestión “Contabilidade práctica con aplicación informática”.

Obxectivos:

1.Coñecer a aplicación informática de contabilidade ContaSol.

2.Manexar a aplicación Contasol mediante a resolución de supostos prácticos.

Contidos

1.Instalación e posta en marcha, primeiros pasos coa aplicación, creación dunha empresa.

2.Plan contable e introdución de asentos. IVA - IGIC.

3.Consultas en pantalla, axudas e útiles para o diario de movementos.

4.Conciliación bancaria, inventario e tesourería.

Temporalización:

Do 23 de xaneiro ao 13 de marzo 2017

Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73657

contabilidade práctica
contabilidade práctica