Dende o 15 de abril ata o 13 de setembro de 2013, o profesorado de Formación Profesional galego pode realizar estadías formativas en empresas de ámbito nacional e internacional. Esta actividade formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
O profesorado interesado, logo de facer unha preinscrición, debe presentar un proxecto formativo onde debe xustificar as súas necesidades formativas, así como sinalar os obxectivos e temporalización da mesma. Durante a realización desta actividade, o profesorado participante deberá elaborar unha actividade de aplicación directa a aula que se entregará xunto cunha memoria ao remate da mesma.