Gallego

1ª Edición de cursos titorizados en liña INTEF 2021

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do INTEF, convoca 6.500 prazas na 1ª edición de cursos titorizados de formación en liña para o profesorado.

O prazo de inscrición empeza o 10 de febreiro e remata o 1 de marzo de 2021 (ambos incluídos).

Nesta primeira edición ofértanse 17 cursos cuxa descrición e información necesaria para a inscrición pódense consultar na páxina da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, na que se irán publicando tamén as novidades relativas aos cursos.

Os cursos teñen unha duración de dous meses, e certifícanse con 70 horas de formación, excepto o curso "O desenvolvemento da función directiva", cuxa duración se esténde aos tres meses e certificarase con 150 horas.

Máis información

INTEF

Gallego
Cartaz-cursos-intef-2021-1º edición

Tema: 

Proxecto eWORLD

A fundación Repsol propón un innovador proxecto educativo dixital para traballar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) na aula a través de contidos sobre enerxía e cambio climático, é o Proxecto eWORLD.

Este programa, dirixido a estudantes de educación secundaria, conta cunha metodoloxía baseada na aprendizaxe colaborativa e por proxectos.

Divídese en cinco capítulos, cunha parte teórica e outra práctica, na que o alumnado acompañará a Álex, a condutora da historia, para resolver varios retos sobre enerxía, cambio climático, calidade do aire ou mobilidade sustentable.

Estas dúas próximas semanas están planificadas dúas Webinars:

Webinar 1: Proxecto eWORLD. Capítulo 2. Cambio climático e calidade do aire

Data: 11/02/2021 ás 17:30 h

Webinar con Chema Lázaro 2: Como levar a neurodidáctica á aula con Proxecto eWORLD

Data: 17/02/2021 ás 17:30 h

Máis información

https://www.fundacionrepsol.com/es/proyecto-eworld

 

Gallego
Fundación Repsol

Tema: 

Convocatoria Certame Cooperativismo no Ensino 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2021.

obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Establécense as seguintes modalidades de participación:

  • Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil, primaria e educación especial.
  • Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
  • Proxectos empresariais cooperativos: dirixidos ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.

Máis información

http://www.eusumo.gal/convocatoria-certame-cooperativismo-no-ensino-2021

 

Gallego
Certame de cooperativismo 2021

Día Internacional da muller e a nena na ciencia no MUNCYT

O MUNCYT súmase á conmemoración do Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha programación especial en liña para os centros de Educación Secundaria e Bacharelato.

Docentes e escolares poderán ver en directo unha charla inspiradora sobre o papel da muller na ciencia liderada por Raquel González Soa -Airbus DS Operations Industrial Strategy Senior Manager-, Elena María Moya Sanz -Airbus DS Structural Design Engineer-, Patricia Pineda Espinosa -Airbus Structure Fatigue & Damage Tolerance Engineer-.

O Museo proponche participar a través das "Cuestións para reflexionar"; os centros escolares poderán xerar debate na aula previamente ao día da actividade co fin de sacar conclusións.

Admitiranse preguntas ou reflexións ata o 9 de febreiro vía reservasmad@muncyt.es e as enxeñeiras de Airbus responderán ao final da súa charla.

Máis información 

MUNCYT

Gallego
A nena na ciencia

Tema: 

Xornadas Desfacendo a Raia V

O vindeiro luns 8 de febreiro de 16h a 20h terán lugar as Xornadas Desfacendo a Raia V - Un achegamento á situación do libro infantoxuvenil galego, que se levarán a cabo online a través da canle de Youtube de GÁLIX .
 
Están destinadas especialmente a profesionais do mundo da LIXG e analizarase a situación do libro infantil e xuvenil galego desde diferentes perspectivas.
Gallego
Xornadas Desfacendo a Raia V

Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia convocan o V Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos no Día Europeo da Protección de Datos, que se celebra o 28 de xaneiro. Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnos e alumnos de 1º a 4º de ESO. 

O obxecto é que os estudantes tomen conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos

Os estudantes poderán presentar ao certame diversos xéneros literarios como o artigo xornalístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto, todos obras inéditas escritas en lingua galega. Estes traballos deberán responder a preguntas como “Que é para ti a protección de datos, como afecta no teu día a día?, como podo protexer os meus datos?”. Os textos de referencia serán o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe. O prazo para presentalos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro.

Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización. 

O fallo do xurado, composto por membros nomeados polas entidades convocantes, daranse a coñecer no mes de marzo. Pódense consultar as bases da convocatoria nas páxinas web das institucións convocantes (http://www.cpeig.gal e http://www.edu.xunta.gal/portal/).

Gallego
Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

Premios Exército 2021

Convócanse os Premios Exército 2021 nas seguintes disciplinas: pintura, debuxo, miniaturas militares, fotografía, vídeo e investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.
A disciplina de Ensino Escolar está dirixida a centros docentes públicos e privados (concertados e non concertados), de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional situados en territorio nacional.

A inscrición farase a través da  Sede electrónica Central do Ministerio de Defensa, na seguinte dirección: http://sede.defensa.gob.es.

Os traballos poderán ser composicións ou textos escritos, e han de ser un reflexo das impresións dos alumnos sobre as actividades do Exército de Terra, adquiridas por calquera medio. No caso dos textos, deberán ser en castelán e encadernados, en formato A4, por unha cara, ou o equivalente noutros países. O seu contido non poderá superar as cincuenta (50) páxinas incluído o texto escrito, anexos, fotos, etc. A data de presentación dos traballos, será do 1 e o 26 de marzo de 2021 (a.i.) na seguinte dirección. 

Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra

Oficina de Comunicación Pública

Praza da Constitución nº 5

15001 A Coruña

Os colexios gañadores proporcionarán, antes da entrega dos premios, unha copia dixital do traballo, para a súa posible presentación na páxina web do Exército de Terra.

Período de inscrición: do 19/01/2021 ao 01/03/2021.

Convoca: Xefatura do Estado Maior do Exército. Ministerio de Defensa.

Gallego
Premios Ejército 2021

Obradoiros e visitas virtuais do MUNCYT

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía con sede na Coruña conta cun programa para centros educativos que este curso ofrece a modalidade virtual.

A oferta de actividades consiste en obradoiros e visitas virtuais para dar a coñecer o patrimonio científico e tecnolóxico, así como divulgar a ciencia máis recente.

Máis información 

Gallego
MUNCYT

Tema: 

Ponte nas ondas!: Día mundial da radio 2021

 

Ponte...nas ondas! convida ás escolas a participar no Día Mundial da Radio a través do portal ESCOLAS NAS ONDAS ( www.escolasnasondas.com ).

Emitiranse os programas e podcasts que se reciban do alumnado galego e portugués. 

 

Proponse ao alumnado as seguintes actividades: 

  • Realización de  programas de radio de diversos formatos e xéneros
  • Realización de podcasts con referencias ao mundo da radio
  • Audios de alumnado imitando formatos radiofónicos
  • Programas de radio desde algunhas das materias do currículo
  • Radio-visual ( a radio con imaxes desde a casa, desde a escola, desde a rúa…)
  • A radio no contexto da pandemia do COVID19

Ademais, as radios escolares están emprazadas a presentarse publicamente describindo a súa actividade, os seus recursos e as súas realizacións. 

Os traballos deben enviarse a : web@escolasnasondas.com 

Información: www.pontenasondas.org

Xerardo Feijoo: Tf. 635 49 99 00

Gallego
Ponte nas ondas!

File: 

Fundación Granell: visitas guiadas á exposición " MATRIA" de Reina D’Hoore

Fundación Eugenio Granell ofrece este mes de xaneiro unha serie de visitas guiadas realizadas pola artista Reina D’Hoore a súa exposición MATRIA que se mostra nas salas 4 e 5 da primeira planta do Museo desde o 10 de decembro e, permanecerá aberta ao público, ata o 7 de marzo.

As visitas comezarán o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 17.00h e ás 18.00h e volverán a realizarse o sábado 23 e 30, ás 12.00h, o mércores 27 e o venres 29, ás 17.00h e ás 18.00h.

O aforo será limitado seguindo o protocolo COVID 19.

Reserva a túa praza no teléfono da Fundación 981 572 124 ou no correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org

As visitas repetiranse no mes de febreiro os mércores, venres e sábado no horario sinalado.

A artista Reina D’Hoore impartirá obradoiros os días 10 e 11 de febreiro, e 3 e 4 de marzo. 

Máis información

https://www.fundacion-granell.gal/2020/10/25/matria-reina-dhoore/

 

Gallego
Matria-Reina D´Hoore