Gallego

Evento contra a violencia de xénero para os centros educativos galegos

Con motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero, que se conmemora cada 25 de novembro, a Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Educación e mais o Centro de Supercomputación de Galicia convídanvos a asistir a un encontro virtual co alumnado de distintos centros educativos galegos.

Este acto institucional terá lugar por streaming, a través da web do CESGA. O seu obxectivo é conectar o maior número de centros educativos galegos ese día contra a violencia de xénero.

No acto vanse visionar 5 vídeos que resultaron gañadores nos concursos convocados conxuntamente entre ambos departamentos nos anos 2018 e 2019. Tras cada visionado intervirá o alumnado e profesorado de cada centro, que nos comentará a súa experiencia e motivación en relación ao traballo realizado.

Para rematar, faranse públicos os centros e alumnado gañadores do concurso de lemas contra a violencia de xénero, convocado tamén conxuntamente, neste ano 2020.

Data: martes 24 de novembro de 2020
Horario: 10:00
Lugar: https://e-learning.cesga.es/NONAVX
Acceso ao evento: entrada libre para todos os centros educativos de Galicia

Gallego
non

FP: Lidera a prevención. Convocatoria de traballos

Gallego

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) pon en marcha o proxecto OSH VET para integrar a prevención na Formación Profesional. Este proxecto quere contribuír a que o alumnado que se atopa desenvolvendo os estudos de formación profesional, máis próximos á realidade do mercado de traballo, poida consolidar unha verdadeira cultura preventiva que contribúa á súa desempeño profesional seguro.

No marco da Semana Europea da Formación Profesional, do 9-13 novembro de 2020, a EU-OSHA, a través do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), convida a todos os centros de formación profesional a participar na I Xornada "FP: lidera a prevención!" que pretende mostrar contido audiovisual preventivo realizado por e para o alumnado de FP.

Os traballos teñen que ser enviados antes do 10 de decembro, a través do formulario.

Tema: 

Concurso do Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Aeronáuticos de España a través do Comité de "Women in Aeronautical Engineering e promoción de carreiras STEM" propón a realización de pequenos proxectos a modo de concurso para promocionar a enxeñería aeronáutica nos nenos e nenas.

Os concursos convocados pretenden, desde un enfoque divertido e creativo, facer que os nenos e nenas coñezan a enxeñería aeronáutica. Expóñense tres exercicios e concursos:

 

                                                                                         . Avións de papel. 

                                                                                        . Deseña a túa nave espacial "verde". 

                                                                                        . Crea o teu propio aeroporto. 

Nos concursos poderán participar o alumnado de 5 a 12 anos de idade. En cada concurso haberá seis gañadores, 1º, 2º e 3º en dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos.

data límite para presentar os proxectos de cada concurso é o día 16 de decembro de 2020.

As consultas sobre os diferentes concursos e a entrega dos proxectos deberán realizarse a través do seguinte correo electrónico: info@coiae.es

Máis información:

 

Gallego
Concurso del Colegio Oficial de Ingenieros Aeronáuticos de España

Fundación Eugenio Granell: Maratón de lectura 2020

 Un ano máis a Fundación Eugenio Granell organiza o Maratón de lectura que, este ano, marcado pola pandemia, cambia a súa data tradicional do mes de maio ao mércores 25 de novembro de 2020, coincidindo así coa semana de celebración do aniversario de Eugenio Granell.

A Fundación Eugenio Granell dedica este Maratón a Ricardo Carvalho Calero, dada a súa vinculación coa figura de Eugenio Granell, sumándose así á conmemoración do Día das Letras Galegas. E contando, nesta ocasión, coa inestimable colaboración da Real Academia Galega.

Achégase a carta da convocatoria da actividade así como os modelos de consentimentos para a participación telemática.

 

 

 

Gallego
Fundación Eugenio Granell

Tema: 

Premios literarios Minerva 49º edición

Convócanse os premios literarios Minerva na súa 49º edición. Estes premios están convocados polo colexio M. Peleteiro e neles poderán participar alumnado do segundo ciclo da E.S.O., bacharelato e F.P. que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2020.

Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas seguintes modalidades:

- Poesía. Un conxunto de tres poemas, de tema e formas libres.

- Narración. Extensión máxima de 6 folios e mínima de 2, mecanografados a dobre espazo e tema libre.

Prazo de presentación: ata o 29 de xaneiro
 

Gallego
Premios literarios Minerva 49º edición

Desmutea á infancia!

Como cada 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia. O Día da Infancia é unha data na que todos estamos invitados a reflexionar sobre os dereitos da infancia, os nenos, nenas e adolescentes, os primeiros. Unicef propón celebrar este día cun conxunto de actividades para reflexionar sobre as habilidades de comunicación necesarias para poder exercer o dereito á participación e a liberdade  de expresión e conmemorar este día.

Hai moitos temas que lles afectan directamente e que forman parte das súas preocupacións diarias: o dereito a un medio ambiente saudable, o cambio climático e as súas inquedanzas sobre as enfermidades do futuro son algúns deles. Pero as súas voces queda as veces “en mute” porque damos prioridade ás opinións dos adultos. Non poden nin deben permanecer en silencio ese día!

A actividade Desmutea a Infancia pode adpatarse ás necesidades e grado de coñecemento e madureza de cada grupo.

Dirixida a primaria e a secundaria

Máis información: https://www.unicef.es/gal/educa/quitaomute

 

Gallego
Desmutea á infancia!

V Edición Premios Ecoinnovación

A Fundación Endesa convoca os Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa co obxectivo de recompilar as boas prácticas en materia de educación ambiental, concretamente a enfocada na preservación e coidado da nosa contorna.

Os proxectos premiados obteñen difusión nacional e europea para poñer de manifesto o compromiso do noso país coa cultura ecolóxica e a conservación do medioambiente.

Poden acceder aos Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa aquelas candidaturas que correspondan a estudantes e centros docentes do territorio nacional.

Nas categorías 1 e 2, os proxectos ambientais deberán ser desenvoltos por equipos compostos por un mínimo de 3 estudantes de Educación Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio, co apoio de, polo menos, un profesor do centro.

Na categoría 3 só poderán presentarse proxectos integrais que involucren a todo o centro educativo no seu conxunto.

O rexistro das candidaturas realizarase exclusivamente online mediante o envío do formulario a través deste link, debidamente cuberto seguindo as instrucións indicadas no mesmo.

Este rexistro deberá ir acompañado obrigatoriamente do aval do Director do Centro Educativo correspondente, seguindo este persoal.

Máis información 

https://www.fundacionendesa.org/es/premios-innovacion-educativa

Gallego
Premios Fundación Endesa

V Xornada de Onomástica Galega

A Real Academia Galega mantén aberto ata o 1 de novembro o prazo de inscrición na V Xornada de Onomástica Galega, que terá lugar o vindeiro 7 de novembro no Museo de Pontevedra.

Será posible tamén inscribirse para participar no encontro de maneira telemática a través de Zoom.

O seguimento do 80 % da xornada presencialmente ou por medio desta plataforma permite obter un certificado de asistencia.

A V Xornada de Onomástica ten solicitado o recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade como actividade de formación permanente do profesorado.

Para formalizar a inscrición, cómpre enviar un correo electrónico a publicacions@academia.gal no que figuren os seguintes datos:

Nome e apelidos ǀ DNI ǀ Enderezo postal completo ǀ Correo electrónico ǀ Teléfono ǀ Datos profesionais

 

 

Gallego
V Xornada de Onomástica Galega

Xornadas Gálix: Desfacendo a raia 2020

Xornadas GÁLIX Desfacendo a raia 2020, celebraranse este ano de xeito telemático en colaboración co CAFI,.

Serán abertas á participación de todo o profesorado e certificables.

A temática desta nova edición é a mediación lectora e contamos con catro relatoras do maior nivel para falar do papel da mediación dende diferentes ámbitos.

Inscricións:  FPROFE

Máis información

http://www.galix.org/2020/10/curso-mediacion-lectora-e-lixg.html

Gallego
Gálix

37 edición do Concurso escolar ONCE

O Concurso ONCE é un programa de sensibilización educativa dirixido a nenos e adolescentes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e F.P básica, media e superior.

 

A 37 edición do Concurso Escolar do Grupo Social ONCE, axuda a fomentar valores como a solidariedade e o pensamento crítico, o papel activo do alumnado e o traballo colaborativo, para conseguir igualdade de oportunidades para todas as persoas.

 

Tras o confinamento, o mundo dixital, as novas tecnoloxías e internet, reveláronse como ferramentas valiosísimas e extraordinarias para achegar a familiares e amigos, continuar estudando e traballando, encher o lecer e manter a economía. Nesta edición do concurso queremos transmitir a mensaxe de que a tecnoloxía é nosa aliada sempre que fagamos un uso responsable da mesma e non un abuso que pode conlevar riscos e consecuencias non desexadas.

Por este motivo, o reto nesta edición consiste en crear unha campaña publicitaria de sensibilización co lema: "ConexiIÓN / AdicciOFF. Isto non é un xogo". Confiamos no talento e no potencial que cada día descubrimos nas aulas para transmitir unha mensaxe capaz de inspirar a toda a sociedade.

O programa ofrece material educativo gratuíto desenvolto por especialistas en base ao currículo, atención pedagóxica, así como un dossier informativo avalado por expertos sobre o tema e recursos complementarios como:

1.    Sesións online con expertos e contidos exclusivos.

2.    Material técnico sobre o modo de realizar unha campaña publicitaria nos seus diferentes soportes (cuña de radio, cartel e anuncio).

3.    Xogos Kahoot, para que, a través da gamificación, o voso alumnado poida interiorizar os conceptos clave desta edición.

4.    Peza audiovisual, para que o alumnado poida comprender a importancia do tema desta edición a través da serie de Youtube "On Fologüers"[1]*

5.    Soporte pedagóxico continuado e individualizado a través do correo e redes sociais.

6.    RRSS: para compartir a vosa experiencia ao longo do concurso.

Para máis información

www.concursoescolaronce.es

Gallego
37 edición del Concurso escolar ONCE