Gallego

Fundación Granell: visitas guiadas á exposición " MATRIA" de Reina D’Hoore

Fundación Eugenio Granell ofrece este mes de xaneiro unha serie de visitas guiadas realizadas pola artista Reina D’Hoore a súa exposición MATRIA que se mostra nas salas 4 e 5 da primeira planta do Museo desde o 10 de decembro e, permanecerá aberta ao público, ata o 7 de marzo.

As visitas comezarán o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 17.00h e ás 18.00h e volverán a realizarse o sábado 23 e 30, ás 12.00h, o mércores 27 e o venres 29, ás 17.00h e ás 18.00h.

O aforo será limitado seguindo o protocolo COVID 19.

Reserva a túa praza no teléfono da Fundación 981 572 124 ou no correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org

As visitas repetiranse no mes de febreiro os mércores, venres e sábado no horario sinalado.

A artista Reina D’Hoore impartirá obradoiros os días 10 e 11 de febreiro, e 3 e 4 de marzo. 

Máis información

https://www.fundacion-granell.gal/2020/10/25/matria-reina-dhoore/

 

Gallego
Matria-Reina D´Hoore

VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística

A Sociedade Galega para a Promocion da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) e a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organizan a VIII Xornada de Formación para Elaborar Proxectos de Estatística.

Esta xornada está dirixida ao profesorado da ESO e Bacharelato e impartirase nunha única edición Online.
Lugar e data
Lugar: Online mediante ZOOM na seguinte ligazón
Data: sábado 6 de febreiro de 2021
 

Inscrición
Período de inscrición aberto ata o 2 de febreiro de 2021
O curso é gratuíto pero cómpre inscribirse neste formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeUmxKIfnw5Ec9nWPetrlyylYG5l6WBWQZFs0bdl7_h45ewXg/viewform

Máis información na web da SGAPEIO

https://www.sgapeio.es/index.php/estatistica-no-ensino/3447-xornada-de-formacion-sgapeio-agapema-2020

Gallego
SGAPEIO

Tema: 

Todo sobre o DELF

día 26 de xaneiro de 17:00 a 18:30, o Servizo de cooperación educativa da Embaixada de Francia propón o webinario TODO SOBRE O DELF, acerca dos diplomas oficiais de francés DELF outorgados polo Ministerio de Educación Nacional de Francia.

Este webinario totalmente gratuíto, será impartido en castelán polo Centro Nacional de Exames da Embaixada de Francia.

Vai dirixido a toda persoa do ámbito do ensino do francés que queira  coñecer en que consisten as probas, os seus criterios de avaliación e as vantaxes que presenta ser titular dun diploma internacional. 

Para privilexiar a interactividade coas persoas participantes, finalizará cun tempo de rogos e preguntas.

 Para inscribirse faga clic na ligazón seguinte: 

https://zoom.us/webinar/register/WN__02viOoFSEGs9IyayBfEug

 

Gallego
DELF

Programa “Charlas de Lúa Chea”

Afecta a lúa ao noso cerebro?

Si, porque en torno aos primeiros 4 plenilunios de 2021 o MUNCYT de A Coruña ofrecerá un ciclo de charlas-demostracións para amosar aos escolares como a ciencia mais recente está a cambiar as nosas vidas.

Son charlas-demostración de 50 minutos para o alumnado de 4º da ESO a 2º de Bacharelato.

As charlas serán impartidas polo divulgador científico Manuel Vicente, a través do programa educativo do MUNCYT da Coruña para o curso 2020-2021 no marco da súa participación no programa “Divulga na Escola” da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (DIVULGACCIÓN).

Calendario:

Charla 1:Cerebro 100% en forma, 28 ou 29 de xaneiro de 2020

Charla 2: Comprende o cambio climático, cambia o futuro, 25 ou 26 de febreiro de 2020

Charla 3: Os dous achados españois que van cambiar o mundo: CRISPR e ángulo máxico do grafeno, 25 ou 26 de marzo de 2020

Charla 4: As matemáticas da natureza, 29 ou 30 de abril de 2020

Máis información

MUNCYT

Gallego
muncyt

Tema: 

Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

 

Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:

  1. Alumnado de 1º a 4º de primaria
  2. Alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
  3. Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.

Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o martes 23 de febreiro de 2021

Gallego
logo

16º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato 2021

A Asociación de Amigos do Instituto Monelos da Coruña convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato.

A quen vai dirixido: para público en xeral

Inscricións: antes do 15/03/2021

 

 

Requisitos:

  • Alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Escolas de Arte cun límite de ata 21 anos.
  • O tema é libre. As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
  • Máximo de tres fotografías por participante.
  • As fotografías serán en formato dixital, sen marca de auga, e só se poderán enviar por correo electrónico a amigos.monelos@gmail.com

Remuneración:

  • 1º premio: diploma e 250 €
  • 2º premio: diploma e 150 €
  • 3º premio: diploma e 100 €
  • O xurado considerará a posibilidade de conceder algún accesit con premio.
  • Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.

Contacto:

Asociación Amigos IES Monelos

Email: amigos.monelos@gmail.com

Máis información:

https://www.facebook.com/concursofotografiaxurxolobato/

 

Gallego
Concurso fotografía Xurxo Lobato

Concurso Que é un rei para ti?

A Fundación Institucional Española -FIES- co patrocinio da Fundación Orange, convoca o 40º concurso Que é un rei para ti? dirixido a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria ou de 1º e 2º da ESO de calquera centro educativo do territorio español.

Prazo de entrega:

Do 15 de decembro de 2020 ata o 1 de marzo de 2021

Pódense consultar as bases na seguinte ligazón:

https://concursoqueesunreyparati.es/bases

Gallego
Concurso Que é un rei para ti?

XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

A  Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) convoca o XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos , organizado para estudantes de ESO, Bacharelato,  FP básica e Ciclos Formativos de Grao Medio no curso 2020-2021. Con esta iniciativa académica preténdese que o estudantado se inicie no campo da Estatística e as súas aplicacións, tan útiles na sociedade da información na que vivimos. 
Toda a información sobre esta convocatoria atópase na páxina web da SGAPEIO: https://www.sgapeio.es/index.php/formacion-e-actividades/premios-sgapeio/3442-xi-concurso-incubadora-de-sondaxes-e-experimentos

Gallego
XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Fundación Eugenio Granell. Exposición MATRIA. Reina D’Hoore

O 10 de decembro inaugurouse na Fundación Eugenio Granell a exposición MATRIA. Reina D’Hoore, que se mostrará, nas salas 4 e 5 da primeira planta, do 10 de decembro, 2020 ao 7 de marzo, 2021.

A exposición MATRIA de Reina D’Hoore é o resultado dun longo proceso de investigación que sae do seu traballo  “Et in Arcadia Ego” (2016-2020), un memento mori que nos lembra que no paraíso bucólico tamén está a morte. Partindo desa polaridade vida e morte, Reina D’HOORE investiga o seu propio paraíso, súas raíces maternas galegas e o seu patrimonio.

Reina D’HOORE, entre outras cousas,  recolle osos e refugallos da natureza  e engádelles valor como se facía antano nos enxovais funerarios. Aplícalles o ouro, tan importante nas nosas lendas, á vez que nos lembra como coidamos as nosas raíces, mostrándonos a nosa cegueira  ante a nosa ignorancia colectiva ante a natureza que nos rodea.  

Trátase tamén dunha reflexión sobre como a sociedade patriarcal e neoliberal abusa da natureza e dos máis vulnerables. A través da súa obra, reclama un cambio de paradigma que permita o regreso ás orixes da civilización, a retomar o vínculo coa natureza, co desexo, coas cores emotivas, cun discurso íntimo cos propios límites así como unha visión que transcenda fronteiras e aporte un compromiso e un discurso educativo, a veces rompedor... 

Todas estas propostas enriquécense con diferentes técnicas, como o frottage, o debuxo, a escultura  coa finalidade de ofrecer unha visión interdisciplinar dunha arte “rotatoria”.

A artista, Reina D’Hoore, ofrecerá  visitas guiadas, ás 17.00h, 17.30h, 18.00h, 18.30h, 19,00h y 19.30h, con aforo limitado seguindo o protocolo Covid-19.  Terase que facer reserva no e-mail secretaria@fundacion-granell.org ou teléfono 981 572 124.

Gallego
Fundación Eugenio Granell. Exposición MATRIA. Reina D’Hoore

Programa de profesorado visitante español no exterior curso 2021-22

 

A través deste programa pódese solicitar unha praza para traballar como profesor visitante en diversos países como Estados Unidos, Canadá, China, Emiratos Árabes Unidos e Irlanda. Convócanse 602 prazas para ensino infantil, primaria e secundaria cunha duración de 1 a 5 anos. Dirixido a profesorado con experiencia docente

Prazo do 11 ao 29 de decembro (fase do proceso pendente de publicación)

Máis información:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/profesorado/convocatorias-para-el-extranjero/auxiliares-conversacion-espanoles-en-extranjero.html

 

Gallego
Programa de profesorado visitante español en el exterior curso 2021-22