Gallego

1ª edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

Aberta a 1ª edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global

A Coordinadora Galega de ONGD abre a convocatoria da primeira edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global coa vontade de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto.

Que é a Educación para a Cidadanía Global?

Desde a Coordinadora Galega de ONGD, entendemos a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global (EpCG) como un proceso socio-educativo orientado a xerar conciencias críticas. Isto pasa por promover que as persoas sexan responsables e activas na construción colectiva dunha sociedade solidaria e comprometida coa erradicación da pobreza e das desigualdades e a favor da xustiza social global. A EpCG ten por obxectivo, pois, promover unha cidadanía que participe activamente na transformación da sociedade dende o ámbito persoal, comunitario e político.

Quen pode presentarse ao Premio?

Nesta primeira edición premiaranse experiencias educativas, proxectos e propostas pedagóxicas realizadas durante os dous últimos cursos escolares: 2019-2020 e 2018-2019.

Poderanse presentar docentes ou equipos de docentes de centros de ensino galegos de titularidade pública, concertada ou privada oficialmente recoñecidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Centros de Ensinanza de Réxime Especial e Ensinanzas Artísticas.

Prazo e forma de presentación

O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de novembro de 2020 ás 23:59 horas. A solicitude deberá presentarse por correo electrónico no enderezo premiogalegoed@galiciasolidaria.org

Bases e máis información en:

https://galiciasolidaria.org/premiogalegoed/

Gallego
PGE-PDCG

File: 

Concurso "Olla a palabra do día!"

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan, a través do Portal das Palabras e en colaboración co colectivo docente Galiza Visual, o Concurso Olla a Palabra do Día!

A iniciativa pretende promover a divulgación do léxico galego, e potenciar a creatividade, a capacidade de síntese e a aprendizaxe de conceptos mediante o pensamento visual.

O Concurso Olla a Palabra do Día! está dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria e ESO de todos os centros educativos de Galicia e aqueloutros onde se ensine galego.

Establécense as seguintes categorías:

Infantil: Alumnado de segundo ciclo de educación infantil.

Primaria 1: Alumnado de 1º, 2º e 3 de primaria.

Primaria 2: Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

ESO: Alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

O prazo para a presentación de ilustracións abrirase o día 1 de novembro de 2020 e pecharase o 1 de decembro de 2020.

Máis información:

O portal das palabras.

 

Gallego
O portal das palabras

Certame "Contádenos o voso día das letras"

Primavera das Letras abre un espazo de participación para que os centros escolares de toda Galicia nos relaten como celebran o 17 de maio.

O obxectivo é promover e festexar as nosas Letras durante todo o ano. 

O certame “Contádenos o voso Día das Letras” está aberto a todos os centros escolares de Galicia que impartan Educación infantil e primaria.

O alumnado deberá desenvolver algunha actividade relacionada co autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020: Ricardo Carballo Calero.

O prazo de recepción do material pecha o 1 de decembro de 2020

Máis información

http://primaveradasletras.gal/certame-contadenos-o-voso-dias-das-letras/ 

Gallego
A primavera das letras

Concurso de debuxo da Liga Reumatolóxica Galega

Coincidindo coa celebración en outubro do mes das enfermidades reumáticas, a Liga Reumatolóxica Galega (LRG) organizou un concurso de debuxo para visibilizar as Enfermidades Reumáticas e Músculo Esqueléticas (ERyMES), que inclúen máis de 200 patoloxías e que en Galicia afecta a preto do 25% da poboación. Pretenden non só visibilizar,  senón coñecer a imaxe que se ten destas patoloxías na sociedade.

De todos os debuxos recibidos farase unha primeira criba dos vinte mellores e posteriormente seleccionaranse os doce finalistas, cos que se elaborará un calendario de 2021.

A entrega dos premios do concurso de debuxo, que terá lugar durante a celebración da xornada para pacientes, será presencial e acudirán destacados representantes do goberno autonómico e central, respectando sempre todas as medidas de seguridade que a actual situación sanitaria require

O prazo para participar finaliza o 30 de outubro.

A partir de 4 anos.

Máis información:

https://liga-reumatoloxica-galega.webnode.es/_files/200000601-52ebf52ec4... debuxo outubro.jpg

 

 

 

 

 

Gallego
Concurso de dibujo de La Liga Reumatolóxica Galega

Campaña escolar da liga reumatolóxica galega

 A liga Reumatolóxica galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada por familias coas máis de 200 patoloxías reumatolóxicas que afectan a 1  de cada 1.000 alumn@s e son moi descoñecidas na poboación.

Da man da Obra social a Caixa, e baixo o Nome REUMA realizaron  un bloque de campañas de sensibilización e información para a comunidade escolar, gratuítas e dirixidas ao  profesorado e ao alumnado.

Pódense solicitar escribindo a info@ligagalega.org .

As campañas adáptanse á etapa educativa e realízanse en todos os centros interesados tanto haxa nenos escolarizados con Enfermidade Reumática como non.

A duración é de tres cuartos de hora a que vai dirixida ao alumnado e de media hora a que vai dirixida ao profesorado podéndoa adaptar ao grupo en tempo, espazo e número de participantes.

Máis información:

www.ligareumatoxicagalega.es

Gallego
Campaña escolar de la Liga reumatolóxica galega

Tema: 

Convocatorias extraordinarias KA226 e KA 227 para o desenvolvemento das competencias dixital e creativa

Como resposta ás necesidades derivadas da situación vivida por mor da pandemia da COVID-19, a Comisión Europea convocou Accións KA2 para abordar a Dixitalización da Educación (KA226) e a Creatividade na Educación (KA227).

A Acción 226 está dirixida aos Sectores de Educación Escolar (KA226-SCH), Formación Profesional (KA226-VET) e Educación Superior (KA226-HED)

Doutra banda, a acción 227 está dirixida aos sectores de Educación Escolar (KA-227-SCH) e Educación Adultas (KA227-ADU).

Máis información na seguinte LIGAZÓN e en:

http://sepie.es/educacion-escolar/convocatoria.html#KA227é 

http://sepie.es/educacion-escolar/convocatoria.html#KA227é

Gallego
Convocatorias extraordinarias KA226 y KA 227

Concurso "A Bande Du Prim"

O Institut français d´Espagne en colaboración cos Centros de exame oficiais repartidos por todo o territorio español desexa celebrar o 10º aniversario do DELF Prim propoñendo ao alumnado dos centros de primaria o concurso "A Bande Du Prim"https://www.labandeduprim.com/

O concurso vai dirixido a alumnos de 3º a 6º de primaria. A participación non será individual: a clase, que poderá traballar en grupos reducidos, deberá realizar unha  bande dessinée ou cómic a partir dunha prancha, ideando unha historia en francés e dándolle nome aos nosos divertidos protagonistas do DELF Prim.

Unha vez entregados todos os cómics, unha exposición virtual de todos os traballos será difundida.

Un xurado seleccionará os mellores traballos tendo en conta o respecto de consígnalas e do formato pedido, a orixinalidade da historia, a calidade artística e o coidado achegado ao debuxo, así como a calidade do idioma (nivel A1). Varios premios para os gañadores están previstos: un taller artístico en francés para os nenos, e subscricións a magacíns infantís en francés.

· - Prazo de entrega das Bandes dessinées : venres 11 de decembro de 2020.

· - Resultados do concurso : finais de xaneiro de 2021.

· - Exposición dos traballos: a partir do xoves 17 de decembro do 2020 ata xuño de 2021

Esta actividade permitirá que os alumnos desenvolvan as súas competencias lingüísticas en francés de maneira lúdica e se sintan máis seguros á hora de demostralo en clase, con motivo dunha viaxe ou se se presentan ao DELF Prim.

Gallego
 Concurso “La Bande Du Prim”

Concurso de viñetas 2020: Novas masculiniades

O certame ten por obxecto empregar a viñeta ou tira de viñetas (como máximo 6 ) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre novas masculinidades así como as claves para avanzar ata unha masculinidade alternativa máis igualitaria.

Poderán participar todas as persoas físicas, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo. Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade. Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.

O prazo de admisión de obras ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos 30 días naturais. (ampliado o prazo ata o 15 de outubro de 2020)

Forma de presentación: os traballos entregaranse nun sobre pechado (1); no exterior do sobre indicarase XI Concurso de Viñetas “NOVAS MASCULINIDADES”, a categoría na que se presenta (categoría A para persoas de entre 12 e 14 anos e categoría B para persoas entre 15 e 18 anos) e un pseudónimo como identificador do traballo. Dentro deste sobre irán o traballo e un sobre pechado (2) co pseudónimo no exterior. No seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal (anexo 1) cos datos requiridos. As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña (avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña) ou consonte co establecido no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo que se indicará no exterior do sobre: XI Concurso de Viñetas “NOVAS MASCULINIDADES”, Deputación da Coruña.

Máis información 

https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concu...

Gallego
Novas masculinidades

G2001087 EU Code Week Deep Dive MOOC 2020

deepdive
Gallego

O persoal docente interesado deberá matricularse na actividade ofertada polo CAFI e enviaráselle información con todos os pasos a seguir. Deseguido, poderán matricularse na plataforma en rede de European Schoolnet  Academy, seguir o desenvolvemento proposto, superar os 5 módulos que o integran e deseñar unha actividade para a Semana do Código.

O prazo final para completar todas as actividades remata o 30 de outubro de 2020, ás 23:59 CET. A participación no cuestionario contará un 5% na nota final e non é un requisito para recibir o certificado do curso. A actividade da Semana do Código da UE rexistrada, xunto coas revisións por pares, representará o 95% da nota final. A nota global de aprobación é do 95%.

Ao finalizar o MOOC recibirán un certificado validado pola Comisión Europea, emitido pola  EUN e a Universidade de Urbino. Unha vez contrastada a superación do MOOC na devandita plataforma, emitirase dende o CAFI unha certificación oficial da administración galega, recoñeccendo 25 horas de formación.

Para ter máis información, consulte a ficha do curso adxunta ou en Fprofe.

Colectivo: 

Unicef educación: material "Educación en saúde"

UNICEF Educación lanza unha proposta de materiais para os centros educativos. Este ano, baixo o título “Educación en saúde” buscan traballar co alumnado os hábitos saudables, a educación para a saúde e a súa relación cos dereitos da infancia.

Descarga de materiais:

 https://www.unicef.es/gal/educa/saude

 

Gallego
Materiais educación