Título node Learning object

Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Ven, 15/01/2021 - 12:13
logo

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

 

Centros destinatarios: centros de ensino non universitario
Categorías:

  1. Alumnado de 1º a 4º de primaria
  2. Alumnado de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO
  3. Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.

Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación
Prazo: ata o martes 23 de febreiro de 2021