Xornada de presentación de proxectos educativos educAcción
Es profe nun centro educativo galego? Gustaríache coñecer proxectos didácticos innovadores que se levan a cabo noutros colexios? Tes un proxecto, mais non sabes ben como poder implementalo no teu centro e noutros? Esta é a túa oportunidade!... Reserva xa a túa praza na I Edición de educAcción, unha xornada na que os profesores seredes os protagonistas e na que, dunha forma amena e divulgativa, descubrirás os proxectos premiados na convocatoria de proxectos educativos educaBarrié, así como outros proxectos propios nos que xa participan máis de unha centena de centros educativos da nosa comunidade.
Inscrición: Completar o formulario online clicando en "Apuntarse nesta actividade".
Data: mércores 28 de maio de 2014
Hora: de 17.30 a 20.30 horas
Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo
Ao longo da Xornada e a través de breves presentacións de 10 minutos, irás coñecendo os nosos proxectos máis salientables, da man dos seus protagonistas: os profesores que os coordinan e os alumnos que neles participan.
Proxectos do ámbito artístico, social, literario, científico, todos eles unidos por unha vocación interdisciplinar e co claro obxectivo de axudar a definir un novo modelo educativo enfocado á investigación, á experimentación e á diversión como chave para a ensinanza.
Convidámoste a que te relaxes, abras ben os ollos, deixes libre a túa mente e viaxes connosco a unha nova dimensión educativa, onde a innovación, a ilusión e a paixón guían a aprendizaxe.
Ven e constrúe connosco a educación que imaxinas.