Enviado por admin o Xov, 05/12/2019 - 13:03
O pasado 25 de novembro foi o día internacional contra a violencia de xénero, no noso instituto realizamos actos conmemorativos o venres 22 de novembro e o alumnado asistiu ás actividades do Enlaza Vigo o luns día 25.
Entre os actos desenvolvidos o día 22 destacamos a performance da violencia de xénero e a súa fin levada a cabo polo alumnado do Ciclo Básico de Peiteado e Estética, a proxección no salón de actos de varios vídeos relacionados coa temática, presentación da árbore violeta cun lazo violeta por cada unha das mulleres asasinadas neste ano e o descubrimento dunha pancarta na fachada principal do noso centro.
O centro tamén montou un stand no Enlaza Vigo e o alumnado asistiu ás conferencias desenvolvidas no Concello, e creou catro carteis para mostrar situacións de micromachismo que se poden ver nalgunhas rúas da nosa cidade.
O IES de Teis di non á violencia de xénero!