Título que se obtén
Non se obtén un título, senón un certificado que acredite a superación do curso de especialización en Intelixencia artificial e big data.
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas, públicas e privadas de todos os sectores produtivos, tanto por conta allea como propia, desempeñando o seu traballo na área de programación, infraestrutura ou consultoría.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Desenvolvedor de Intelixencia Artificial e Big Data.
- Programador de sistemas expertos.
- Experto en Intelixencia Artificial e Big Data.
- Analista de datos.
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
- Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.
Duración
Este ciclo ten unha duración de 600 horas.
Idiomas
- O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass
Cales son os módulos?
Módulos do primeiro ano | Horas |
Big data aplicado | 136 |
Modelos de intelixencia artificial | 73 |
Programación de intelixencia artificial | 200 |
Sistemas de aprendizaxe automáticos | 91 |
Sistemas de big data | 100 |