Skip to main content

Visita á empresa Componentes de vehículos S.A.

Visita á empresa Componentes de vhículos

Os pasados días 13 e 20 de novembro, o alumnado de 2º de ASIR e 2º de DAM, da quenda de ordinario, foron invitados a visitar a empresa Componentes de Vehiculos de Galicia S.A., situada no polígono das Gándaras.

En primeiro lugar asistimos a unha charla onde nos deron a coñecer as diferentes liñas de produción da empresa e nos falaron da importancia do traballo en tempo real e do software de xestión empresarial que empregan, o que resulta especialmente interesante para o noso alumnado.

A continuación nos levaron ao seu Centro de Proceso de Datos onde nos explicaron as medidas de seguridade que teñen alí implantadas. Desde aí baixamos á planta de fabricación dos compoñentes mecánicos, en concreto, á zona cero (ou box) onde o responsable de fabricación reúne antes de cada turno a todos os operarios que traballan na liña de produción para coordinar e dar a coñecer as modificacións ou imprevistos que poden xurdir e como rectificalos.

O alumnado foi visitando por grupos as diferentes liñas de produción, das que lles chamou especialmente a atención o corte dos materiais por chorro de auga e a robotización.

A visita resultou moi interesante tanto para o alumnado como para os responsables da empresa que nos invitaron a regresar con outros grupos de alumnos no futuro.

 

 

Galería de imaxes do evento

Visita á empresa Componentes de vehículos Visita á empresa Componentes de vehículos Visita á empresa Componentes de vehículos Visita á empresa Componentes de vehículos Visita á empresa Componentes de vehículos

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License