Skip to Content

Novas

Boyhood. Momentos dunha vida

O próximo martes 24 de maio terá lugar a última sesión da Escola de Familias de Soutomaior deste curso. A cita será ás 18:30 na Aula de Usos Múltiples do IES e está aberta a todas as familias que se inscriban a través deste formulario.

Contidos: “Boyhood. Momentos dunha vida” (o cinema como experiencia de aprendizaxe).

Previamente, facilitarase o acceso ao filme para as familias inscritas para que poidan visionalo para esta sesión. Durante a sesión, traballarase sobre a evolución das vivencias dunha familia e os seus compoñentes ao longo dos anos.

Da rabecha ao portazo

Mañá terá lugar unha nova sesión da Escola de Familias de Soutomaior. A cita será ás 18:30 na Aula de Usos Múltiples do IES e está aberta a todas as familias que se inscriban a través deste formulario.

Neste novo encontro, baixo o título "Da rabecha ao portazo", abordaremos que entendemos por conflito, cales son as súas fases e traballaremos sobre a relevancia do compoñente emocional do mesmo. Así mesmo, falaremos de tipos de conflito e das actitudes persoais para afrontalos e finalizaremos cun caso práctico para representar o explicado.

ESCOLA DE FAMILIAS: porque sabemos que educar non é doado...

Por iso, convidámosvos a participar na Escola de Familias, que organiza o Concello de Soutomaior.

O obxectivo é ofrecervos ás familias acompañamento e asesoramento na crianza dos vosos fillos, da man de profesionais que vos poden axudar a afrontar certas situacións, darvos seguridade na vosa labor, ou axudarvos a xestionar mellor situacións nas que vos podades sentir sentir desbordadas.

Contarase con dúas profesionais con ampla experiencia no acompañamento a familias e no traballo con infancia e adolescencia de ASEIA - Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia-.

A primeira terá lugar o martes 22 de febreiro ás 18.30 no IES, e abordaranse temas coma os retos que se lles presentan ás familias no contexto actual. Servirá para propoñer tamén temas a abordar en sesións posteriores, co fin de centrar as sesións en temas que detectamos que están presentando moitos conflitos como son, por exemplo, os provocados polo uso das redes sociais, teléfonos, etc.

A 2ª sesión será o martes 22 ás 18,30h, cos seguintes contidos: Establecemento de normas e límites, prevención e intervención ante condutas violentas. Violencia intrafamiliar

A inscrición para a 2ª sesión xa está aberta en: https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2753/escola-de-familias-convivencia-e-adolescencia  Se tes que acudir co teu fillo/a menor, indícao para poder contar con persoal para actividades dirixidas para eles/as. 

Publicada a convocatoria para solicitar máscaras

Publicada a convocatoria para a distribución de máscaras (Orde do 28 de outubro de 2021 - Código ED330E).

Instrucións básicas: acceso ao resumo da convocatoria premendo aquí.

Prazo de presentación das solicitudes: do 15 de novembro ao 26 de novembro de 2021 (ambos inclusive).

Alumnado beneficiario:

- Alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar (50€) neste curso 2021-22.

- Alumnado que non fose beneficiario da axuda por diferentes circunstancias, pero:

  • Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior 6.000€.
  • Estea matriculado en Educación Especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual o superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Procedemento:

- O alumnado beneficiario do punto 1 non ten que presentar solicitude.

- O alumnado recollido no punto 2 debe presentar a seguinte documentación do procedemento ED330E na secretaría do centro.

Documentación:

- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
    • No caso de separación ou divorcio, ademais deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
    • Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: Certificado de volante de convivencia e Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Axudas para o préstamo de ordenadores persoais para o alumnado

Concello de Soutomaior vén de publicar as bases que regulan as axudas para o préstamo de ordenadores persoais para o alumnado que cursa Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP, Educación Especial e estudos universitarios durante o Curso 2021-2022. 

O prazo de presentación será de 15 días naturais, contando dende o día seguinte á publicación oficial do extracto da convocatoria no BO da provincia (3 de novembro). 

Para poder optar a estas axudas, as persoas interesadas deberán de cumprir os seguintes requisitos xerais:

  • Ser pai, nai ou titor legal do alumnado matriculado durante o curso escolar 2021/2022 ou ser maior de idade e estudante en educación secundaria, bacharelato dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse bacharelato noutro centro, FP , PCPI ou estudos universitarios.
  • Que a unidade familiar estea empadroada e resida no concello de Soutomaior.
  • Convivir cos/cas alumnos/as para os que se solicitan as axudas.
  • Que a capacidade económica da unidade familiar de convivencia non exceda do 75% do IPREM per cápita, que equivale ao 100% do subsidio básico da RISGA. No caso de non existir datos de ingresos da unidade familiar, computarase como mínimo familiar o equivalente ao subsidio básico da RISGA (5.084,16€/anuais).

Acceso ás bases da convocatoria e á solicitude

Tramitación do servizo integral de reparación E-Dixgal

As familias do alumnado de 1º, 2º , 3º e 4º ESO poden darse de alta neste servizo de reparación a través da súa páxina web:

https://coberturasir.plexus.es/ 

No seguinte documento explícase paso a paso como tramitar este servizo. Premer en:

Titorial para tramitar o servizo integral de reparación

Datas, horarios e indicacións de acceso aos exames extraordinarios de setembro

As probas extraordinarias de setembro de ESO e Bacharelato, desenvolveránse os días 1 e 2 de setembro co horario que figura nos PDF anexos. As probas serán presenciais.

Para o acceso seguro ás aulas do exame debe seguirse o seguinte protocolo:

ALUMNADO de REFÓRZA-T: 1º e 2º ESO

 

Para aqueles alumnos/as de REFÓRZA-T que teñan interese e disponibilidade, o programa continúa dende a casa de forma telemática.

Se precisades axuda para elaborar esquemas, resumos, organizar o estudo, aclarar dúbidas... ou ben se vos apetece realizar algunha actividade co grupo, estou a vosa disposición.

Podedes contactar comigo escribindo un correo electrónico a: manuellopezrodriguez@edu.xunta.gal

Se non tes posibilidade de contactar por email e precisas axuda, podes deixarme recado no teléfono do centro,  chamando de 10-13h, e valoraremos como axudarte.

Un saúdo, 

Manuel. Profesor do programa REFÓRZA-T.

Confinamento creativo. Actividades para facer dende a casa

O Concello achega unha completa guía de recursos educativos para todo o alumnado: Confinamento creativo. Actividades para facer dende a casa. A guía actualízase constantemente e tamén se pode descargar en versión PDF.

Recursos para a autoorientación

A Orientación Educativa enténdese, non coma unha consulta puntual, senón coma un proceso no que a Autoorientación é o fin. Dende o Departamento de Orientación e as titorías, e dende o IES en xeral, procuramos que o alumnado vaia desenvolvendo distintas habilidades e destrezas para chegar, por si mesmo finalmente, á toma de decisións vocacionais. 

Se queredes adicar un tempo ao voso proceso orientación vocacional, propoño que empecedes por algún destes RECURSOS de AUTOORIENTACIÓN, recompilación realizada polos orientadores Alberto del Mazo e Mónica Diz.

Están organizados en cinco áreas:

AUTOCONOÑECEMENTO - INFORMACIÓN ACADÉMICA - TOMA DE DECISIÓNS VOCACIONAIS - ORIENTACIÓN PROFESIONAL - RECURSOS PARA PAIS E NAIS.

Sabemos que calquera proposta de traballo para estes días pode ser difícil. Non porque non contedes co noso apoio (que contades, na distancia, no que podamos!), senón polas dificultades de facelo en tempos de incertidume e confinamento. O prioritario é coidarse animicamente, apoiarvos entre vós e que sintades o noso ofrecemento de acompañarvos como unha axuda útil, da forma que precisedes.

Unha aperta,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

Fonte: https://colectivorienta.wordpress.com/2020/03/23/autoorientarse-en-tiempos-de-coronavirus/

Distribuir contido


by Dr. Radut