Skip to Content

Novas

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Xa saiu a convocatoria para solicitalas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Está dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Poden consultar toda a información e se inscribir na seguinte ligazón:

Premer aquí

Xa temos gañadora do sorteo da cesta de Nadal

A familia agraciada co boleto gañador veu a recoller a cesta ao centro a tarde do martes 20 de decembro.

Queremos agradecer a todos os participantes a axuda para a financiación da viaxe de fin de curso do noso alumnado.

Sorteo da cesta de Nadal

Xa temos gañador da cesta do Nadal 2022/23. Hoxe, no recreo, o alumnado de 4º da ESO estivo a preparar o sorteo e os alumnos Noé Parada Fariña e África González Otero foron as mans inocentes que sacaron o seguinte boleto:

                

 

O gañador pode chamar ao instituto ou poñerse en contacto co vicedirector. Para recoller o agasallo debe traer o boleto gañador ata o xoves 22 (incluido). No caso de non poñerse ninguén en contacto temos dous boletos suplentes cos seus respectivos números de teléfono. Esperamos atopar pronto á familia agraciada.

Moitas grazas por todo.

 

O IES de Soutomaior desexa a todos os participantes moita sorte.

O alumnado de Soutomaior toma conciencia no 25 N

 

O alumnado de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato e Educación Plástica de 4º da ESO instalou na entrada principal un conxunto artístico tomando como referencia a obra “Behind the walls” do escultor Jaume Plensa. Para a realización da escultura, os propios alumnos e alumnas serviron de molde e utilizaron plástico transparente para darlle un aspecto “invisible” manifestando esta condición das vítimas.

 

 

Por outra banda, o alumnado e profesorado do Comando de Igualdade, editaron un fermoso vídeo no que expresan os seus desexos para o vindeiro 2023 e que proxectará nas diferentes aulas esta semana. Con este, preténdese prender un debate no que se reflexionará sobre os motivos estruturais que incitan á violencia machista. Finalmente cada clase redactará o seu propio desexo de cara o aninovo, colgándose todos nunha árbore situada no recibidor do centro e que se plantará na contorna do centro para que poidan crecer fortes.

 

 Galería de fotos

 

 

Recollida de Alimentos no IES de Soutomaior

Con motivo da Gran Recollida organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e Pontevedra os próximas días 25 e 26 de novembro, o alumnado de 3º da ESO do IES de Soutomaior está realizando unha campaña de recollida de alimentos.

Desde este martes día 15, e ata o venres 25 de novembro, poderedes colaborar nesta iniciativa achegando algún alimento de tipo non perecedeiro (aceite, conservas, productos envasados como pasta, legumes, arroz,…) Os produtos serán depositados nas caixas situadas na entrada do centro, entre as dúas portas de acceso principal.

O alumnado de 3º da ESO quere animar a toda a Comunidade Educativa a participar na iniciativa, e estará á vosa disposición durante os recreos para recoller os alimentos e resolver calquera dúbida. Calquera colaboración será benvida e, sen dúbida, de moita axuda nesta campaña.

ARRANCA A FORMACIÓN DOS MEDIADORES E MEDIADORAS DO IES DE SOUTOMAIOR !!!!!

Este curso queremos formar a un equipo de mediadores e mediadoras co fin de mellorar a convivencia  e así axudar á prevención dos conflitos introducindo no centro as técnicas de mediación e resolución pacífica destes.

Para elo queremos formar a un grupo de 16  alumnas e alumnos capaces de escoitar e axudar  a outras persoas, un grupo formado  en técnicas de mediación e resolución de conflitos.

Hoxe foi a primeira sesión de formación, na que participaron alumnado e profesorado do centro, coordinados por Hafdallah Menni.

 Hoxe tocou coñecernos e sentirnos parte dun equipo.

 Galería de fotos

  A formación continuará  ao longo de 5 sesións máis que terá lugar nas seguintes datas:

2ª sesión, martes 22 de novembro

3ª sesión, martes 29 de novembro

4ª sesión, martes 13 de decembro

5ª sesión, martes 20 de decembro

6ª e última sesión, martes 10 de xaneiro.

Hora de ler

O martes 18 de outubro, a 1ª hora, retomamos na ESO o programa Hora de Ler. Unha iniciativa de fomento da lectura no contexto educativo que consiste en dedicar un "tempo para a lectura" na aula cun libro que o alumnado trae da casa ou empresta na biblioteca.

O libro debe ser escollido para leer algo que nos gusta, polo que non se debe utilizar esta hora para lecturas obligatorias.

Neste calendario indícanse en cor rosa os días e horas da Hora de Ler.

No seguinte documento explícase de xeito máis extenso esta iniciativa.

 

 

Xestión de residuos no IES de soutomaior

La gestión de residuos en la ciudad de Sevilla, de mal a peor • Ecologistas  en Acción

 

Dende o IES de Soutomaior queremos comunicar o noso compromiso para que a xestión dos residuos que se xeran no centro sexa o máis eficaz posible. Para coseguir isto, tanto o profesorado como o alumnado temos a obriga de separalos, depositando cada peza de lixo no contedor correspondente, contribuindo así a minimización do impacto que xera a tremenda cantidade de basura que descartamos día a día.

Para que ista aprendizaxe sea o máis efectiva posible, animamos ás familias a participar dende os fogares, conseguindo así entre todos vivir nun planeta máis limpo e transmitir á xuventude valores vitais para o seu futuro.

Adxuntamos nesta entrada o documento elaborado polo Departamento de Bioloxía, co que informamos a profesores e alumnos de como realizar ista labor correctamente.

Cómpre rematar sinalando que o mellor residuo é aquel que non se produce.

Algúns dos contedores do centro

 

 

 

 

Mellores expedientes do Curso 2021-2022

O IES de Soutomaior non pode despedirse deste curso 2021-2022 sen facer unha mención e agradecendo o esforzo ós mellores expedientes académicos daqueles alumnos e alumnas que acadaron unha media de todas as súas materias a finais de curso igual ou superior a 9.

1ºESO

Carla Rodríguez Rodríguez
Sabela Cernadas Soliño

2ºESO

Fabiola Alonso Gómez
Lucía Castro Blanco
Melat Crespo Otero
Mateo Fernández Carro
José Fernández Reguera
Haizea Ferradanes López
Alexia Gómez Fragueiro
Sabela Lourenzo Martínez
Rosalía Narciso Cancela
Pablo Veiga Álvarez

3ºESO

Anxo Muiños Seoane
Zaira Pazos González
Rocío Santoro Orge
Dafne Teixeira Criado
 
4ºESO
 
Lucía Castrillo Sánchez
Samuel López Lorenzo
Sabela Magariños Pereira

 

1ºBACHARELATO

Iria Amoedo García
Hugo Bouzón Martínez
Rebeca Torres Rodríguez
Izáscun Tellería Seoane
 
2ºBACHARELATO
 
Marta Alonso Montoto
Paula Estévez Couñago
Antía González Menduiña
Gabriela María Padilla Cartaya
Adriana Pazos Lorenzo

Roupa esquecida no centro

Estes días atopamos numerosas prendas de roupa nas aulas e instalacións do centro.

Na seguinte ligazón poderedes ver as imaxes por se identificades algunha prenda como propia.

En caso afirmativo poderedes vir ó centro a recollela ata o venres 15 de xullo.

Roupa perdida

Distribuir contido


by Dr. Radut