Skip to Content

Varios

co C de contos e co K de Kamishibai

Clausuramos o curso con moito conto e algúns kamishibais.

   
   
   
   

Grazas @s lector@s e @s ouvintes, @s da nosa casa polo seu bo facer e @s da veciña escola infantil pola súa sempre magnífica acollida. Para to@s Boas Vacacións!

Marchamos con lecturas para volver con lecturas

Remata o curso mais non as ansias de ler.
Nesta semana, grupos de 1º ESO están acudindo á escola infantil estremeira para seguir tendendo pontes coa lectura entre os máis novos.
Uns presentando contos adaptados, outros como madriñas ou padriños buscando afillad@s para compartir palabras escritas ou orais, tod@s ilusionad@s mentres dura a actividade e preguizos@s canto toca despedirse ata a próxima ocasión porque imos de vacacións pero volveremos...
Nos espazos interiores ou ao ar libre, acubillados do sol ou deixando que os seus raios aloumiñen os nosos corpos, quen quere marchar cando está connosco un particular boneco "Michelín legendum" que todo o le e a tod@s divirte?

   
   
   
   
   

Marcapáxinas para o Día das Letras

Un traballo da nosa alumna Gabriela di Marco Fernández.

marcapáxinas a

marcapáxinas b

Novidades en portadas

exporOs alumnos de 4º da ESO, guiados pola súa profesora de Plástica, elaboraron estas magníficas portadas que expor2podemos contemplar nestes días finais de curso, tempo de recollida de notas e de matrícula cara ao vindeiro ano académico.

Xa temos as portadas, o continente, faltan os contidos mais seguro que entre o noso alumnado hai escritores que saberán encher de contidos esas ou outras portadas: unhas, como as gañadoras do noso X Concurso San Valentín, xa o fan; tal vez outros hoxe sexan escritores en potencia pero nun futuro máis ou menos próximo pasarán ao acto creativo.

Lembrando a Guerra Civil, Sementando a Paz (80 aniversario do inicio da Guerra 1936-1939)

letreiro

Podedes participar dun xeito activo na exposición que exhibimos no Salón de Actos guiándovos e cumprimentando este cuestionario. Moitas grazas pola vosa atención.

mesa 1

macuto

165 ANOS DE ENSINO SECUNDARIO EN TUI

Ao longo do vindeiro mes de xuño poderemos visitar a exposición

"165 anos de ensino secundario en Tui",

para complementar esa visita ofertamos (por se non tes o número 20 da revista do instituto Max Estrella) o seguinte artigo:

Pegadas de Muller

    Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER propoñemos a elaboración de pequenas biografías de mulleres que teñan deixado pegada nas ciencias, nas letras, nas artes, na sociedade...

    Tamén podemos falar daquelas mulleres anónimas que consideremos importantes polo que nos ensinaron, polas súas actitudes positivas fronte á vida, por compartir cousas connosco, etc. Aquí poderiamos falar das mulleres das nosas familias: avoas, nais, irmáns; tamén profesoras, amigas, veciñas,etc.

    A idea sería traballar á actividade nas nosas aulas dende os distintos departamentos e potenciala nas titorías, de xeito que alumnado e profesorado tamén, sexamos capaces de falar dalgunha muller que teña deixado pegada nas nosas vidas.

    Nun folio apaisado poriamos a imaxe da muller nunha metade, e utilizariamos a outra metade para esa pequena biografía, frase, comentario ou sentimento que esa muller ten producido en nós.

    Colocaremos paneis de papel marrón nos distintos andares, nos que iremos colando os distintos traballos.

    A  actividade  realizarémola ata o inicio das vacacións de Semana Santa.
   
    Grazas pola vosa colaboración.

SÓCRATES EN TUI

No inicio da primavera anunciamos o proxecto dunha comisión cidadá para reinstalar nun xardín de Tui o busto de Sócrates que no fatídico verán de 1936 fora botado ás augas do Miño. Naquela escultura colaboraron os alumnos do instituto dirixidos polo inesquecible profesor Benito Prieto. Tamén agora o alumnado do IES “San Paio”, dirixido polo departamento de educación plástica e polo escultor Rosendo, participou nos traballos. Primeiro modelaron o busto socrático.

Nestes días pódese ver, na entrada do centro, a colección de cabezas socráticas feitas polos alumnos:


 
 
que tamén traballaron acompañados dos seus profesores, de xeito simbólico no propio taller do artista, a escultura pétrea:
 
 
 

 

A primavera rematou e o próximo sábado, 26 de xuño, ás 8 do serán, no 119 aniversario dos Xogos Florais celebrados en Tui, inauguraremos o novo busto socrático, nun acto no que a música será a gran protagonista.


Tui, recuperando este busto, reafirma o seu compromiso coa concordia e a liberdade. Sen odio, sen rancor pecharemos unha páxina de incomprensións e abriremos outra chea de  ilusións e ledicia.


Grazas a cantos, de múltiples maneiras, fixeron realidade o soño:

o próximo sábado Sócrates, 74 anos despois, volve a Tui; gustaríanos contar con todos vos nesta data histórica por partida dobre.

Os camiños de Sócrates, de Benito Prieto, dos alumnos do vello e do actual instituto, de tod@s converxen en Tui


 

Distribuir contido


by Dr. Radut