Skip to Content

Varios

Persoas literarias con Discapacidade

Aproveitando a celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade presentamos aos protagonistas de dúas novelas, cuxa lectura resulta moi oportuna para esta xornada.

Mark Haddon fai protagonista de O curioso incidente do can á media noite (Rinoceronte Editora, 2008, 284 pp.) a Christopher Boone, un mozo de 15 anos que vai a unha escola para estudantes con necesidades especiais porque ten a síndrome de Asperger. Adora as matemáticas, posúe unha memoria fotográfica, é extremadamente observador e incapaz de mentir. Con todo ten dificultades para entender o comportamento humano, as expresións e as relacións. Christopher diferénciase dos demais debido á súa percepción da vida. É incapaz de recoñecer e comprender as expresións faciais, agás as de felicidade e tristura porque llas explicaron, e ten dificultades para entender as metáforas e os chistes. Gústanlle as informacións concretas, as listas e os feitos, ten medo dos estraños e dos lugares descoñecidos, e o seu soño favorito é aquel no que toda a xente "normal" (os que non son como el) está morta e el ten liberdade de ser como é sen  que o molesten. Ademais disto, é moi sensible aos estímulos. Por esta razón berra e reacciona con violencia cando a xente o toca. Tamén ten moitas teimas: non come dous tipos diferentes de alimentos se están no mesmo prato ou odia as cores amarela e marrón chegando a usar colorantes vermellos nas súas comidas.

Flores para Algernon (Alamud Ediciones, 2019, 264 pp.) de Daniel Keyes, escrita como un diario persoal, conta a historia de Charlie Gordon, un home de 37 anos que sofre atraso mental cun coeficiente intelectual de 68. Por iso é elixido para probar un tratamento que podería mellorar a súa intelixencia. Os seus progresos son comparados cos do rato Algernon, do que o noso protagonista se fai amigo e acaba adoptándoo como mascota. Charlie cóntanos, a través dos seus informes de progresos, os seus avances e sentimentos. Ao principio Charlie desespérase pensando que é máis parvo que o rato e  cando ve no rato a regresión que máis tarde vai sufrir el mesmo, desespérase. Ao final do libro pide que lle leven flores a Algernon, frase que dá título ao libro.

Tiros á barriga!

O pasado sábado celebramos o 98 aniversario do asasinato do mártires de Sobredo, un dos lutuosos episodios da loita antiforalista.

Mais o de Sobredo non é un feito illado. A historia recolle lances similares que cómpre sacar do esquecemento.

Preme nos elementos interactivos e coñecerás un pouco mellor a nómina dos compatriotas que deixaron as súas vidas en defensa da terra.

Por todas elas e por todos eles nós hoxe berramos: Sangue e Terra!

 

Castelao e a gripe do 1918

É un tópico falar do Castelao médico por obrigación máis que por devoción: Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade.


Castelao si exerceu de médico antes de opositar a funcionario de estatística e levado da súa bonhomía e humanidade moitas veces sufragaba cos seus cartos os medicamentos que os doentes pobres non podían pagar. Pero ademais, sendo xa funcionario na delegación de Estatística de Pontevedra e profesor de debuxo no instituto e na Escola Normal de mestras, chega a peste de gripe do 1918 e Castelao axuda como médico a algúns coñecidos de Pontevedra. É cando recibe carta da súa vila natal: en Rianxo hai dous médicos contaxiados e piden a súa axuda. Contesta ao seu interlocutor:


A min dácheme unha lástima moi grande esa pobre xente de Rianxo a que deixan morrer como porcos anque dimpois viranlle a cobrar como homes... teño un pouco de remordimento de conciencia se non vou ahí... so cun permiso pra abandonar o meu destino podo salir deiquí.


A mediados de outubro Castelao solicita  e outórganlle autorización para axudar como médico en Rianxo. O secretario do concello intenta pórlle trabas burocráticas ao que el contesta:


Eu quero facer constar que desde este intre empezo a traballar como médico do meu pobo e sae do concello para atender aos doentes cuxos familiares estaban a agardalo polas rúas.


Naquelas xornadas de pandemia, de necesaria desinfección, de tribulación e rogativas, de loito, naquel tempo de permanente toque a morto mentres o virus entra pola boca, nariz e ollos, Castelao e  Moure, o outro médico dispoñíbel, reparten o territorio. Castelao ocuparase de Leiro, Isorna e a capital municipal:


Trataba ós enfermos con cariño de irmán; entraba e salía nas casas con cara risoña: pra todos tiña verbas e recordos de neno ou de mozo; os encamados recobraban a confianza como si recibisen unha gran inieución de optimismo. (Lois Peña Novo)


A mediados de novembro, Castelao reintégrase ao seu traballo en Pontevedra pero non esquece aos seus doentes rianxeiros:


escribíalle acotío desde Pontevedra, interesándose por algún caso grave, fóra do alcance da súa ciencia... foi para nós un gran médico, que nos fixo un señalado servicio.


Os veciños e a prensa local recoñeceron a súa entrega:


¡Viva, viva don Mariano [o pai],
que lle temos que querer,
que nos mandou vir o fillo
e nos librou de morrer!


mentres o concello limítase a agradecerlle os seus servizos, sen recompensalo económicamente.


Hoxe tamén nós, ao tempo que aplaudimos a todo o persoal sanitario que, en vangarda, está a loitar co coronavirus, queremos aplaudir ao médico Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, médico do corpo (no seus primeiros anos e durante a mortífera gripe do 1918)  e médico da alma de Galicia e dos galegos como escritor, como caricaturista, como pintor, como pai da patria.

Diario dunha viaxe que non foi

viaxe virtual

 

 

Pestes en Tui

Nos actuais tempos de pandemia queremos lembrar algunhas outras pestes que, ao longo da historia de Tui, nos asolaron e como os nosos devanceiros as enfrontaron porque nisto como en tantos outros aspectos da vida, tal como dixo Unamuno no soneto "Nihil novum sub sole":

vanas ilusiones; á un porvenir marchamos
que fué gastado ya por otros; no me atrevo
con engaño á guiar tu vida; tropezamos

con el pasado al avanzar, todo es renuevo;
los en brote y los secos son los mismos ramos
lo que ha de ser ha sido ya, nada hay de nuevo.

E facemos esta lembranza acudindo á entrada "As pestes en Tui" do blog Tudensia

https://tudensia.blogspot.com/2020/03/as-pestes-en-tui.html

 

Reflexionando sobre os estereotipos

Aproveitando a celebración do 8 de marzo, estes días pode visitarse na entrada do instituto unha pequena exposición sobre estereotipos de xénero. Con ela pretendemos reflexionar sobre as ideas preconcebidas que nos levan a identificar, dun xeito máis ou menos subliminar, por exemplo, as bonecas con xoguetes de nenas ou os coches como propios dos nenos.

Cómpre rachar as reixas que engaiolan as nosas mentes para loitar por unha efectiva e real igualdade!

Club TUITAKU na Radio de Tui presentando a nosa II Comic-con.

Preguntamos pola PAZ

Aproveitando a Xornada Escolar da Paz, con esta misiva, as alumnas e os alumnos de 4º da ESO queremos preguntar pola visión e as accións a prol da paz no mundo aos máximos representantes das Nacións Unidas, da política exterior da Unión Europea e aos embaixadores da Federación Rusa, de USA, da República Popular China e da República da India.

comic-con COIA2-VIGO

INFORMACIÓN SOBRE

A COMIC-CON

NO IES ALEXANDRE BÓVEDA- COIA2 VIGO:

 

As actividades se levarán a cabo en 3 salas distintas e menos nalgunhas horas polo xeral haberá actividades en todas elas. ELEXIDE ÁS QUE QUEREDES IR E APUNTÁDEVOS mirade ben o horario para que non coincidan dous das que querades ir! Cando hai opción de elexir, debedes escoller unha: non pode quedar o oco valeiro.

 

Eiquí o programa de actividades:

•8.45 - Pasar lista e coller o bus

9:35/10:00 - Presentación 

•10:00/10:45- Concurso debuxo   Adiviña o Opening 

•10:45/11:30- Concurso Pokémon, Tutorial de como xogar a Lobos, xogos de mesa

•11:30/12:15- Lobos, Quiz de terror navideño, Xogos de mesa

•12:15/12:40- Historias de terror navideño 

•12:40/13:25- Kpop, Xaponés, Origami

•13:25/14:10- Lobos, Pictionary

•14:10/14:20- Explicación actividades da tarde

•14:20/15:20- HORA DE COMER

•15:20/16:20- Krampus vs Duendes 

•16:25/17:30- Lobos  Concurso de talentos

 

•17:30:  Despedida y bus

 

Os resumo das actividades (aínda que no mesmo día explicaranse máis a fondo):

 

-Concurso de debuxo: será de temática terror navideño e ten que ser orixinal propio voso así que botádelle imaxinación!

-Adiviña o Opening: teredes 20 segundos para adiviñar o opening do anime que corresponda.

- Concurso Pokémon: o xogo será "sol y luna/ ultra sol y ultra luna" e individual 6 vs 6.

-Xogos de mesa: se xogaran a 4 xogos distintos "Exploding kittens", "Virus" e "The Mind" distintas partidas cada unha duns 15 minutos de duración en grupos de 4 e "Munchkink" dunha duración maior pero as mesmas persoas.

-Quiz de terror navideño: unha serie de preguntas desa temática pero de forma especial, sabedes xogar ó pañuelito? 

-Historias de terror navideño: esta non é unha actividade en si a que apuntarse, os nosos compañeiros contarán historias de terror navideño para que pasedes un bó rato!

-Pictionary: eres bó debuxando? Demostrao no noso Pictionary debuxando un personaxe ao chou!

-Krampus vs Duendes: eres bó adiviñando enigmas e descubrindo quen é o teu inimigo? Este é o teu xogo!

-Concurso de talentos: tes algún talento e queres demostralo? Este é o teu momento!

Tamén temos varias charlas: sobre Kpop onde aprenderemos sobre este mundo e Xapón é unha introdución ao xaponés. Todas elas interesantisimas non vos as perdades!

Para o origami a poder ser que traian tesoiras e pagamento para decorar as figuras!

 

 

ollo: TENDES QUE ANOTARVOS ELIXINDO UNHA ACTIVIDADE DE CADA FRANXA HORARIA:

365 días, máis de medio cento de mulleres mortas: un calendario arrepiante!

Porque non podemos mirar para outro lado cando media humanidade está en perigo,
porque non queremos facernos xordos aos berros de tantas vítimas
porque queremos ser a voz das que foron obrigadas a calar para sempre...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut