Aproveitando a Xornada Escolar da Paz, con esta misiva, as alumnas e os alumnos de 4º da ESO queremos preguntar pola visión e as accións a prol da paz no mundo aos máximos representantes das Nacións Unidas, da política exterior da Unión Europea e aos embaixadores da Federación Rusa, de USA, da República Popular China e da República da India.
E seguimos a crecer, a actualizarnos e fomentar o noso espazo da Biblioteca como lugar inclusivo e no que calquera membro da Comunidade Educativa teña un lugar no que seguir formándose.
Esta vez ímosvos presentar un novo espazo: OS XOGOS DE MESA.
Estamos a ampliar os materiais dispoñibles para o uso na sala e o préstamo e inauguramos este novo servizo.
Os xogos están ubicados nas baldas nº7 e o seu uso e préstamo realízase solicintándoo ao alumnado voluntario ou no mostrador.
Podedes saber máis dos xogos que temos no seguinte documento
DESCARGADE O DOCUMENTO AQUÍ
Segundo a Convocatoria da Xunta, todo o alumnado colaborador terá recoñecido as horas de voluntariado na biblioteca escolar mediante a emisión dos correspondentes diplomas oficiais da Xunta de acción voluntaria
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer