SÓCRATES EN TUI
No inicio da primavera anunciamos o proxecto dunha comisión cidadá para reinstalar nun xardín de Tui o busto de Sócrates que no fatídico verán de 1936 fora botado ás augas do Miño. Naquela escultura colaboraron os alumnos do instituto dirixidos polo inesquecible profesor Benito Prieto. Tamén agora o alumnado do IES “San Paio”, dirixido polo departamento de educación plástica e polo escultor Rosendo, participou nos traballos. Primeiro modelaron o busto socrático.
Nestes días pódese ver, na entrada do centro, a colección de cabezas socráticas feitas polos alumnos: |
|
|
|
que tamén traballaron acompañados dos seus profesores, de xeito simbólico no propio taller do artista, a escultura pétrea:
|
|
|
|
|
|
A primavera rematou e o próximo sábado, 26 de xuño, ás 8 do serán, no 119 aniversario dos Xogos Florais celebrados en Tui, inauguraremos o novo busto socrático, nun acto no que a música será a gran protagonista.
o próximo sábado Sócrates, 74 anos despois, volve a Tui; gustaríanos contar con todos vos nesta data histórica por partida dobre. Os camiños de Sócrates, de Benito Prieto, dos alumnos do vello e do actual instituto, de tod@s converxen en Tui
|