Skip to Content

IV Encontros con exalumnado

Volven, na súa cuarta edición, os Encontros con exalumnado. Dezaseis exalumnas/os volven a casa varios anos despois para baleirar a mochila e compartir experiencias, erros, acertos, incertidumes e, en definitiva, o camiño percorrido desde que abandonaron o instituto ata hoxe. O seu público, claro está, será o actual alumnado de 2º Bacharelato; a eles/as falarán, para guialos ou botar luz sobre as súas dúbidas, estudantes que hai non tanto estiveron aquí, nestas aulas, nestes pupitres e neste curso tolo no que agroman de súpeto tantos retos, eleccións e camiños por vivir.

O vindeiro martes 14 será o turno do exalumnado e alumnado de Ciencias, e o xoves 16 será a quenda dos de Ciencias Socias e Humanidades. Hora e media de encontro entre xeracións para compartir experiencias en ciclos, graos, erasmus, másters, prácticas ou incluso no mundo profesional. 

Data: 
Mar, 07/03/2023 - 09:57

Probas ABAU 2023

 

A CIUG vén de publicar os días e horarios das probas para o alumnado que acuda á convocatoria ordinaria das ABAU, así como os diferentes prazos de chamamentos de matrícula nas universidades galegas.

Podedes consultalos premendo sobre as seguintes ligazóns:

 

Data: 
Sáb, 04/03/2023 - 08:19

Alumnado en directo no Día Internacional da Radio

 

O pasado día 13 de febreiro, con motivo do Día Internacional da Radio, alumnas de 4ESO A (Alba, Inés, Sara e Yamilé) emitiron en directo, desde a Radio Municipal de Tui. O programa, que realizaron en colaboración con Ponte nas Ondas e no que entrevistan a compañeiras e compañeiros de diversas nacionalidades, pódese escoitar xa na canle de iVoox da emisora ou tamén na web Escolas... nas Ondas.

Data: 
Xov, 16/02/2023 - 06:30

Novo prazo de solicitude de validación de materias en 1º Bacharelato

Mediante a publicación dunhas novas Instrucións, a Consellería vén de habilitar un novo prazo de solicitudes de validación para alumnado de 1º de Bacharelato que curse tamén ensinanzas profesionais de música e/ou danza.

Así, ata o 7 de febreiro de 2023, o alumnado de 1º Bacharelato que cumpra os requisitos das táboas de validación recollidas no anexo de ditas instrucións (imaxe), poderá presentar solicitude de validación. A solicitude entregarase na Secretaría do centro, dispoñendo a dirección de 5 días de prazo máximo para resolvela.

Data: 
Lun, 30/01/2023 - 06:00

Premios iComercio

O alumnado da materia de Economía de 4ESO C resultou premiado no concuso organizado pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, iComercio. A súa idea sostible, Verdemiño, foi unha das seleccionadas dentro da categoría de Alimentación. Como premio, o alumnado recibiu, ademáis dun diploma personalizado, unha pantalla táctil para a súa aula.

Noraboa aos gañadores e á profesora responsable, Eva Vidal.

Data: 
Ven, 27/01/2023 - 08:04

Admisión de alumnado para o curso 2023/24

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • 23 de xuño a 7 de xullo de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

Podes acceder a TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO na nosa web premendo AQUÍ, no taboleiro da Secretaría do centro ou a través da aplicacion admisiónalumnado.

 

Data: 
Sáb, 14/01/2023 - 11:00

Boas festas e feliz 2023!

Vémonos o luns 9 de xaneiro de 2023!

 

Nova web

Benvidos á nova páxina web do noso IES. Nova estrutura, formato e contidos para adaptala aos novos tempos e necesidades, e cos que agardamos se convirta en orgulloso lugar de encontro e de servizo para toda a comunidade educativa do noso centro. Nestes primeiros días, como é lóxico, estaremos aínda facendo axustes, pero desde xa mesmo convidámosvos a navegar por ela segundo os vosos intereses e roles. Desexamos que vos resulte atractiva, intuitiva e útil, e que vos ilusione tanto como a nós.

Na Benvida, contámosvos un pouco máis.

Días non lectivos

Estimadas familias: lembramos que os vindeiros luns 5, martes 6 e xoves 8 de decembro, serán días non lectivos.

Por outra parte, comunicamos tamén que o último día lectivo do ano será o xoves 22, comezando as vacacións de Nadal ao día seguinte, venres 23 de decembro.

Reparto froita fresca e leite (primeiro período)

Hoxe comeza o primeiro período de reparto de froita fresca e leite deste curso. Dende hoxe e ata o venres 2 de decembro repartirase froita fresca nos recreos, que estará dispoñible na entrada do centro. No caso do leite, período de reparto estenderase ata o mércores 21 de decembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut