Skip to Content

Blogues

P. URXENCIAS SANITARIAS. Feridas.

 

Feridas

 

Para casos leves que non requiren atención de servizos de urxencia ou cando non sexa posible contactar con eles:

 

- Lavar as mans e poñer luvas.

- Limpar a ferida con auga e xabón.

 

- Secar a ferida con gasa desde o centro cara a periferia sen facer forza.

 

- Desinfectar cun antiséptico axeitado para feridas abertas como os baseados na clorhexidina. Nunca usar alcol nin auga osixenada (nin xeles de desinfección sen auga, que non resultan axeitados para pel aberta).

 

-Cubrila con gasa e esparadrapo hipoalerxénico ou cunha tira adhesiva sanitaria. Retirar as luvas e lavar as mans.

 


-Se a ferida non é absolutamente superficial, notificar a familia para que estime solicitar valoración sanitaria.

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Epistaxes (hemorraxias nasais)

 

Epistaxes (hemorraxias nasais)

 

Para casos leves que non requiren atención de servizos de urxencia ou cando non sexa posible contactar con eles:

 

- Lavar as mans e poñer luvas.

 

- Efectuar presión directa cos dous dedos sobre a ventá nasal sangrante e contra o tabique nasal, mantendo a dita presión durante 10 minutos (de reloxo) e sempre coa cabeza inclinada cara adiante.

 

- Pasados os 10 minutos aliviarase a presión para comprobar que a hemorraxia cesou. De non ser así, introduciríase unha gasa impregnada cun pouco de auga osixenada pola fosa nasal sangrante.

 


- Se a pesar de todo a hemorraxia persiste, acudir a un centro sanitario sen quitar a gasa.

QUEN NON FACER:

Nunca soar o nariz

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Crises psiquiátricas ou afíns.

 

Crises psiquiátricas ou afíns

 

Engloba os estados de gran axitación emocional de orixe variada (teña ou non diagnose previa), condutas de negación, desafío ou agresión e situacións de ausencia (non epiléptica) ou desvinculación darealidade.

 

En casos leves ou cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia:

         - Tranquilizar a/o alumna/o e trasladalo a un ambiente relaxado.

 

- Se non é posible, apartar o resto do alumnado do lugar onde está.

 

- Na medida do posible procurar que permanezan xunto ao alumno dúas persoas.

 

- A prioridade máxima é evitar que faga dano ao resto do alumnado e a si mesmo. Toda acción correctora ou sancionadora así como as advertencias deben quedar de lado. Trátase de buscar a volta á calma ante todo.

 

- Avisar a súa familia.

 

 

- Seguir as pautas establecidas para a actuación fronte a condutas pasivas e agresivas no Plan de Convivencia.

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Obstrución da vía aérea

 

Obstrución da vía aérea

 

 

 

 

En casos leves ou cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia:

 

 

 

Obstrución incompleta ou parcial: a vítima pode falar, tusir e respirar, pero con dificultade -------> Invitalo a tusir forte. Dar ata cinco palmadas nas costas, coa persoa lixeiramente inclinada cara adiante, entre as omoplatas.

 

 

 

Obstrución completa: a vítima non pode tusir, nin falar ou respirar. Caracterízase porque a vítima lévase as mans ao pescozo.

 

 

 

Actuacn-€ Manobra deHeimlich.

 

 

 

Adultos conscientes: colocámonos detrás da persoa rodeándoa cos nosos brazos de atrás a diante e colléndonos as mans, sen entrelazar os dedos (a xeito de puño), as situamos á altura da boca do estómago e facemos un movemento firme de comprensión cara atrás e arriba, para conseguir que expulse o corpo estraño. Esta manobra pode realizarse tanto de pé como sentado.

 

 

 

Adultos inconscientes: deitar a persoa boca arriba, ladeándolle  a  cabeza. Situámonos de xeonllos sobre a persoa e, apoiando unha man sobre a outra na liña media situada entre o embigo e a boca do estómago, premeremos cara dentro e cara arriba, ata conseguir extraer o corpoestraño.

 

 

 

Persoas obesas e embarazadas: a manobra é a mesma, pero tendo en conta que o punto de compresión é un pouco por riba do que se reflectiu anteriormente (aproximadamente no punto onde se efectúa a masaxe cardíaca).

 

 

 

 

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Contusións, escordaduras e luxacións.

 

 

Contusións, escordaduras e luxacións

 

 

En casos moi leves ou cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia: -  - Aplicar frío local (xeo, panos de auga fría ou bolsas de frío instantáneo).

 

- Inmobilizar a zona afectada cunha vendaxe ou estribeira, dependendo da zona a inmobilizar.

 

- Manter en repouso e elevar a extremidade afectada.


- Remitir a atención sanitaria.

 

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Crises diabéticas.

 

Crises diabéticas

 

O alumnado con diabete estará dado de alta no programa Alerta Escolar.

 

- Calquera persoa atenderá, segundo o establecido nos plans de autoprotección, e na normativa que regula o deber de socorro, as urxencias que poidan xurdir.

 

- Cando existan dúbidas sobre a gravidade dunha descompensación de glicosa contactarase inmediatamente coa familia e, se non é posible, cos servizos de urxencia a través de Alerta Escolar.

 


Cando a situación de emerxencia é manifesta (perda de consciencia, confusión grave, convulsións...) contactarase inmediatamente co 061 activando a resposta de Alerta Escolar.

 

Todo o persoal do centro coñecerá a actuación básica en caso de emerxencia prevista, en cada caso, para o alumnado con enfermidade crónica. Actuarase sempre segundo as instrucións dos profesionais do servizo de emerxencias 061.

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Crises comiciais (convulsivas)

 

Crises comiciais (convulsivas)

 


O alumnado con epilepsia ou antecedentes de crises convulsivas, estará dado de alta no programa Alerta Escolar.

 

Todo o persoal do centro coñecerá a actuación básica en caso de emerxencia prevista, en cada caso, para o alumnado con enfermidade crónica. Actuarase sempre segundo as instrucións dos profesionais do servizo de emerxencias 061.

 

 

Cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia: - Deixar que a crise siga o seu curso.

 

- Apartar os obxectos perigosos.

 

- Protexer a cabeza.

 

- Afrouxar a roupa

 

- Poñer de lado.

 

 

 

Cando remate a convulsión, colocalo en posición lateral de seguridade e esperar asistencia sanitaria, e mentres non chega a axuda reavaliar frecuentemente se a vítima mantén a respiración espontánea.

 

 

 

 

 

 

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Crises asmáticas.

 

Crises asmáticas

 

En casos leves ou cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia:

 

- Tranquilizar a/o alumna/o, buscarlle un ambiente axeitado (relaxado), colocalo nunha postura o máis cómoda posible para respirar. Mantelo en repouso(sentado).

 

- O persoal que atende o alumno ou alumna en crise debe manter tamén a calma. A relaxación é clave para evitar empeorar a situación.

 

- Evitar, se é posible, o factor desencadeante e outros irritantes como fume de tabaco ou cheiros fortes.

 

 

 


-No tratamento das crises asmáticas úsanse broncodilatadores inhalados. O alumnado de máis idade está adestrado para o seu manexo e bastará con tranquilizalo e supervisar o seu tratamento. Se a crise é grave poden resultar ineficaces porque o alumno pode ser incapaz de inhalar coa forza necesaria.

 

 

 

         Calquera persoa atenderá, segundo o establecido nos plans de autoprotección, e na                  normativa que regula o deber de socorro, as urxencias que poidan xurdir.

 

 

 

    No caso de alumnado asmático, ao tratarse dun trastorno crónico, pautarase desde a súa          chegada ao centro a actuación nas crises, segundo o establecido para a atención a                    enfermidades crónicas.

 

 

 

 

 

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Amputacións traumáticas.

 

Amputacións traumáticas

 

Seguir polo miúdo as indicacións dos servizos de urxencia. Se non fose posible, contactar con eles, siga as seguintes instrucións:

 

- Actuacións sobre a extremidade afectada. - -  - Seguir o protocolo de actuación ante feridas.

 

- Valorar que poidan producirse hemorraxias importantes (por exemplo en esmagamentos) e atender as hemorraxias que xa se produciran.

 

- Manter o membro elevado.

 

- Actuacións sobre o membro amputado:

- Lavar as mans e poñerluvas.

 

- Buscar o membroamputado.

 

- Envolver totalmente o membro en gasas estériles.

 

- Introducilo nunha primeira bolsa e pechala.

 

 

- Introducir a bolsa anterior noutra que conteña xeo rebaixado cun pouco de auga.

 

- O FERIDO E O MEMBRO AMPUTADO DEBEN TRASLADARSE SEMPRE XUNTOS.

 

P. URXENCIAS SANITARIAS. Alteracións da temperatura corporal.

 

Alteracións da temperatura corporal

 

 

 

 

En casos leves ou cando non sexa posible contactar cos servizos de urxencia:

- Tranquilizar a/o alumna/o, buscarlle un ambiente axeitado e colocalo nunha postura o máis cómodaposible.

- Valorar a presenza de febre cun termómetro. - Avisar a súa familia.

- Se hai febre, nonabrigalo.

- Se a temperatura é moi alta 40ºC ou máis) avisar inmediatamente os servizos de emerxencia e seguir as súasindicacións.

 


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut