Normalización Lingüística

Mella de corentena 13

 

Estamos na semana das letras. E desde o Equipo de Dinamización do IES Ricardo Mella queremos proporvos un reto: que a NOVA NORMALIDADE na que estamos entrando sexa EN GALEGO. Por iso vos retamos a que nos enviedes vídeos, audios ou imaxes dos agarimos en galego que esperamos que vos esteades dando durante o desconfinamento. Irémolos publicando aquí nas próximas semanas. Ánimo!

 

Mella de corentena 12

 

A CoviD19 veu para quedar. Polo menos durante unha boa tempada. Así que é ben saber como dirixirse a ela, tamén en galego. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións:

 

Mella de corentena 11

 

Mañá é o 1 de maio e, antes de ser feriado por celebrarse o día dos traballadores/as, xa era día de festa (de posíbel orixe prerromana), na que se celebraba a chegada da primavera. Esta tradición segue moi viva no sur de Galicia, onde se elaboran maxestosas figuras, cónicas normalmente (mais non necesariamente), con plantas e flores e se cantan coplas arredor delas.

Pois ben, este ano só podemos ter un MAIO CONFINADO mais velaquí o tedes (obra de Irene Pesqueira Arias, de 3º da ESO. Grazas!):

 

 

Este ano o maio

na casa ten que quedar

Pois hai un coronavirus

E témonos que coidar!

 

Mella de corentena 10

 

En circunstancias normais esta semana estariamos facendo un intercambio con Portugal, visitando as Escolas Agrupadas de VILA NOVA DA CERVEIRA. Unha actividade que levabamos meses preparando e que tería a súa volta en maio, cando eles nos visitasen a nós.

Mais como non pode ser, aquí vos deixamos esta visita virtual a Portugal que nos propón Saray Fernández, de 3º da ESO.

 

Mella de corentena 9

 

Lembrando a Luz Pozo Garza

Belén Rodríguez

Nun día coma hoxe, cómpre lembrar a figura e a obra dunha das máis importantes poetas galegas do século XX, que nos acaba de deixar estes días. Velaquí un dos seus poemas, que a min persoalmente me encanta.

 

Ás veces me pregunto por que eu non son

Como as demais mulleres: amar sen desacougo

Poñer en paz o corazón e a mente

Agardar con paciencia quebaixen as augas

Nas crecidas do río

Resignarse á evidencia aceptar os desaires

E rezar en silencio ou chorar entrementres

As bágoas máis amargas enriba da almofada

Sempre ocultando a ira. Sempre con mansedume

Cun sorriso nos labios. Non. Eu non son daquelas

Que cantan ás flores e ás pombas xa o sei

A min mátame a sede. A min fáltame o aire

Levo un cravo moi fondo de amor e de paixón

Nin o podo arrincar quearrincaría a alma

Prendería o lume queme queima por dentro

Eu non son daquelas que cantan ás flores e ás pombas

Das que se resignan ante o desamor

E rezan e consomen bágoas sobre da almofada

Non! Eu son Medea!

                                       Medea en Corinto

 

Anímovos a ler outros poemas seus aquí

E para coñecerdes un pouquiño máis da súa obra, botádelle un ollo ao artigo de Olivia Rodríguez A poética de Luz Pozo Garza, que podedes atopar aquí

 

 

Distribuir contido