Normalización Lingüística

Mella de corentena 18

 

Seguindo coas recomendacións musicais, o profesor X.M. Atanes achéganos dúas pezas moi substanciosas dentro da creatividade musical do IES Ricardo Mella de Vigo. Aquí vos van, para alegrar estas últimas semanas de curso, e que a música non falte nesta recta final de entrega de tarefas.

A primeira ligazón é ao vídeo d'O cocidiño, unha versión galega da Barbacoa de Georgie Dann, feita polo Equipo de dinamización lingüística do centro durante o curso 2019/20. A bailar!

 

E a segunda é unha versión do "Eu chorar chorei" feita polo afamado grupo de pandereteiras Quen cho dera! Seguro que moitas das súas caras vos soan, e non só por cantar e tocar a pandeireta...

Mella de corentena 17

 
E aquí unha recomendación de Iria López (1º Bac H):
 
Grazas o estudo que estamos facendo nesta avaliación en Lingua dalgúns poetas do Rexurdimento como Rosalía, Curros ou Pondal, e o comentario da profe sobre que o Rexurdimento tiña a súa propia "banda sonora" lembrei a un compositor galego daquela época, Juan Montes, que puxo música a moitos destes poemas. Hai anos tiven a oportunidade de tocar varias das súas composicións grazas á transcrición que fixo para clarinete a que foi a miña profesora, Marta Sancho Andrés, no libro 6 Baladas Gallegas. 
 
As palabras teñen unha música e melodía propias e Juan Montes mostrou unha grandísima sensibilidade para a unión da música e a poesía. Aquí vos deixo o enlace onde podedes apreciar a xenial composición que fixo dalgúns destes magníficos poemas. Espero que o desfrutedes!!
 

Mella de corentena 16

 

Aquí vos deixamos un par de recomendacións literarias de María Gil (1º Bac H):

En tempos de corentena, moita xente fai máis uso da internet ca antes, debido a que estamos máis tempo na casa e necesitamos utilizala por motivos de traballo ou por ocio. Porén, non podemos deixar de lado o perigosa que pode ser a rede. Isto é do que nos falan dous libros que lin nestes días e que vos recomendo:

Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas e Mentira de Care Santos.

Ambolosdous libros tratan do tema da internet e o perigoso que este pode chegar a ser se non somos conscientes e precavidas.

Estes libros son moi distintos. Teñen dúas posturas distintas que se poden ter á hora de falar con alguén a través da rede e, sobre todo, teñen finais moi diferentes. Mais ambos están protagonizados por mozas que atopan o amor nas redes sociais.

Como xa dixen, para min ambos os libros foron moi interesantes e aprendín moito deles. O que máis aprendín foi o perigoso que pode ser internet ao falar con xente que non coñeces. Por iso vos recomendo lelos, para que tamén reparedes sobre este temas que, sen dúbida, nos interesa a todas. Anímovos a que os leades e xa me contaredes.

Mella de corentena 15

 

Xa na recta final do curso queremos deixar constancia do moito e bo traballo do noso alumnado ao longo deste confinamento. Aquí vos presentamos uns exemplos de Lingua e litetatura galega, feitos por alumnas de 1º de Bacharelato. Todas creacións a partir da obra de Rosalía de Castro.

Esta primeira é unha conversa poética entre Mara e Alba e a "Negra sombra" da poeta. Unha reflexión profunda e sensíbel sobre o tempo presente:

 

Este segundo videopoema xoga coa imaxe e o texto de "Santa Margarida":

 E, por último, unha versión musical, libre e actualizada, do "Adiós ríos, adiós fontes". Que as gocedes todas!

 

Mella de corentena 14

O escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas é Ricardo Carvalho Calero. Como estamos nunha situación excepcional a súa celebración adiouse a finais de outubro. Mais nós xa queremos homenaxealo como mellor pensamos que lle tería gustado: lendo os seus poemas, a parte que lle era máis querida da súa escrita, e facéndoo "com sotaque". Neste caso, o da nosa alumna Raiany (1ºBacH). 

E aquí outro poema co sotaque angolano de Acelmo (1º BacH). Obrigado aos dois!

Distribuir contido