Skip to Content

Actividades de convivencia

RecreActivos_ para divertirse.

Este ano consolídanse os RecreActivos para aquelas persoas que queredes pasar os recreos facendo o que máis nos gusta. Contamos con diferentes tipos de actividades para realizar. Apúntate na que queiras. 

Por agora contamos cos:

1. Recreactivos físicodeportivos.

2. Recreactivos de Xadrez.

3. Recreactivos lóxicos. 

En breve teremos maís!!!

Os ColeActivos_ para cambiar o mundo?

Este ano poñemos en marcha os ColeActivos: Grupos de alumnado voluntario con ganas de cambiar un pouco o mundo.

Por agora presentámosvos dous: 

1. EcoBanda. Para aquelas persoas que lles apeteza converter o centro nun espazo limpo, sostible, ecolóxico...

2. SomosX. Para as persoas con ganas de loitar contra a discriminación sexual, de xénero, de identidad, de sexualidade...

Para apuntarte: 

- fala coa túa titora ou titor.

- pasa por xefatura de estudos.  

AGRADECEMENTO DA CRUZ VERMELLA

A Cruz Vermella agradece aos alumnos de 2º de ESO a súa participación o ano pasado na campaña "Dulces solidarios".

 

MAGOSTO E SAMAÍN NO IES PRAIA BARRAÑA

O pasado 03 de novembro toda a Comundade Educativa do IES Praia Barraña celebramos un magosto popular onde puidemos degustar ricas castañas, divertirnos cunha chea de xogos populares e disfrutar de acompañamento musical durante as dúas últimas horas do venres. Ademais, o Equipo da Biblioteca aproveitou a ocasión para entregar os seus premios aos mellores creadores de relatos de medo e aos que mellor souberon decorar as súas cabazas pola festividade do Samaín. Aquí tendes algunhas fotos que mostran o ben que o pasamos...

 

Non é non. 25 N

25N. Unha proposta escénica contra a Violencia Machista.

 

Hoxe ameneceu de negro. Mentres para algunhas persoas o día enchíase de black e consumo, para outras escurecíase con outra muller asasinada por un home, e xa van 91 ( 45 se atendemos a cifras oficiais).  Por iso hoxe cobrou aínda máis sentido- por se alguén o dubidaba- as actividades deseñadas dende o noso instituto para combatir as Violencias Machistas.  O punto de partida para toda elas, o día 25 de novembro. Pero soamante é o inicio dun programa anual de reflexión sobre unha cuestión tan tráxica como complexa.

 

Dende Artes escénicas quixemos deseñar unha serie de accións reinvidicativas que incidisen no carácter violento do Machismo. 

  

  • Primeiros pasos: investigación e concienciación.

Comezamos a investigar, a coñecer datos, situacións, a facernos preguntas e tolear buscando respostas sin resposta; e sentimos a necesidade de plasmar as nosas conclusións en foma de carteis. Uns carteis que reivindicases a necesidade de traballar mulleres e homes neste asuntos, outros informando dos diferentes tipos de feminicidios, folios vermellos cos nomes das mulleres asasinadas, cartaces con esas outras formas de violencia menos sutís, pero  igual de machistas. Creamos un escenario  informativo, reflexivo e pedagóxico. 

 

 

 

  • A primeira acción( en breve estará un  vídeo )

Despois da investigación, chegou a acción. Comezamos a traballar con improvisacións e pouco a pouco xurdiu unha idea: queriamos evidenciar a cantidade de mulleres asasinadas, queriamos mostrar os 91 asasinatos, as 91 mulleres. Queriamos fuxir de discursos politicamente correctos, buscabamos incomodar para dende aí abrir un espazo de reflexión e debate. Non sabemos se o conseguimos.

Nun principio traballabamos no plano do simbólico: eramos 10 estudantes, 9 mulleres e un home.  Pero pouco quixemos aproximalo á realidade e intentar conseguir polo menos 44 persoas voluntarias, as 44 mulleres asasinadas.  Parecía dificil pero non; a complicidade de todas as persoas, homes e mulles, foi emocionante. Todo comezou a medrar e sen querelo eramos moitas máis e máis.  E dicimos moitas porque finalmente a realidade impúxose e as participantes, como as asasinadas, foron mulleres. Mulleres alumnas, mulleres profes, mulleres conserxes... Todas xuntas. Dende aquí, grazas. 

 

  • A segunda acción  

Co mesmo discurso e igual praxis, o grupo de escénicas interrompeu o recreo cunha actuación na que queriamos evidenciar a soidade e violencia das víctimas nunha sociedade que participa activamente ou dende a súa complicidade nesto da violencia machista.  Chovía pero a indignación pola última asasinada desgarrounos dendo o inicio quixemos seguir adiante. Ao rematar un grito:

 

"Esta morte é o final. Sabedes cal é o principio?

"Por que non o arranxamos xuntOs?

 

 (adxuntamos un rexistro de imaxe para que vexades o final. En breve elaboraremos un vídeo de maior calidade.)

Tamén podedes ler o que a prensa dixo de nós.

 

25N. Unha proposta escénica.

 

Hoxe ameneceu de negro.  Mentres para algunhas persoas o día enchíase de black e consumo, para outros escurecíase con outra muller asasinada por un home e xa van 91 ( 45 se atendemos a cifras oficiais).  Por iso hoxe cobrou aínda máis sentido- por se alguén o dubidaba- as actividades deseñadas dende o noso instituto para combatir a Violencia Machista.  O punto de partida para toda elas, o día 25 de novembro. Pero soamante iso, o inicio dun programa anual de reflexión sobre unha cuestión tan tráxica como complexa.

 

Dende Artes escénicas quixemos deseñar unha serie de accións reinvidicativas que incidisen no carácter violento do Machismo. Queriamos fuxir de discursos politicamente correctos, buscabamos incomodar para dende aí abrir un espazo de reflexión e debate. Non sabemos se o conseguimos.

  

  • Primeiros pasos: investigación e concienciación.

Comezamos a investigar, a coñecer datos, situacións, a facernos preguntas e tolear buscando respostas sin resposta; e sentimos a necesidade de plasmar as nosas conclusións en foma de carteis. Uns carteis que reivindicases a necesidade de traballar mulleres e homes neste asuntos, outros informando dos diferentes tipos de feminicidios, folios vermellos cos nomes das mulleres asasinadas, cartaces con esas outras formas de violencia menos sutís, pero  igual de machistas. Creamos un escenario  informativo, reflexivo e pedagóxico. 

 

 

 

2. A acción.

Despois da investigación, chegou a acción. Comezamos a traballar con improvisacións e pouco a pouco xurdiu unha idea: queriamos evidenciar a cantidade de mulleres asasinadas, queriamos mostrar os 91 asasinatos, as 91 mulleres. Nun principio traballabamos no plano do simbólico: eramos 10 estudantes, 9 mulleres e un home.  Pero pouco quixemos aproximalo á realidade e intentar conseguir polo menos 44 persoas voluntarias. Non foi difícil. Todo comezou a medrar e sen querelo eramos moitas másis. E dicimos moitas porque finalmente a realidade impúxose e as participantes, como as asasinadas, foron mulleres. Mulleres alumnas, mulleres profes. Todas xuntas. Foi emocionante. Dende aquí, grazas. 

 

3. A performance.

Co mesmo discurso e igual praxis, o grupo de escénicas interrompeu o recreo cunha actuación na que queriamos evidenciar a soidade e violencia das víctimas nunha sociedade que participa activamente ou dende a súacomplicidade nesto da Violencia machista.  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut