Skip to Content

blogue deandreaherrero

25N. Unha proposta escénica.

 

Hoxe ameneceu de negro.  Mentres para algunhas persoas o día enchíase de black e consumo, para outros escurecíase con outra muller asasinada por un home e xa van 91 ( 45 se atendemos a cifras oficiais).  Por iso hoxe cobrou aínda máis sentido- por se alguén o dubidaba- as actividades deseñadas dende o noso instituto para combatir a Violencia Machista.  O punto de partida para toda elas, o día 25 de novembro. Pero soamante iso, o inicio dun programa anual de reflexión sobre unha cuestión tan tráxica como complexa.

 

Dende Artes escénicas quixemos deseñar unha serie de accións reinvidicativas que incidisen no carácter violento do Machismo. Queriamos fuxir de discursos politicamente correctos, buscabamos incomodar para dende aí abrir un espazo de reflexión e debate. Non sabemos se o conseguimos.

  

  • Primeiros pasos: investigación e concienciación.

Comezamos a investigar, a coñecer datos, situacións, a facernos preguntas e tolear buscando respostas sin resposta; e sentimos a necesidade de plasmar as nosas conclusións en foma de carteis. Uns carteis que reivindicases a necesidade de traballar mulleres e homes neste asuntos, outros informando dos diferentes tipos de feminicidios, folios vermellos cos nomes das mulleres asasinadas, cartaces con esas outras formas de violencia menos sutís, pero  igual de machistas. Creamos un escenario  informativo, reflexivo e pedagóxico. 

 

 

 

2. A acción.

Despois da investigación, chegou a acción. Comezamos a traballar con improvisacións e pouco a pouco xurdiu unha idea: queriamos evidenciar a cantidade de mulleres asasinadas, queriamos mostrar os 91 asasinatos, as 91 mulleres. Nun principio traballabamos no plano do simbólico: eramos 10 estudantes, 9 mulleres e un home.  Pero pouco quixemos aproximalo á realidade e intentar conseguir polo menos 44 persoas voluntarias. Non foi difícil. Todo comezou a medrar e sen querelo eramos moitas másis. E dicimos moitas porque finalmente a realidade impúxose e as participantes, como as asasinadas, foron mulleres. Mulleres alumnas, mulleres profes. Todas xuntas. Foi emocionante. Dende aquí, grazas. 

 

3. A performance.

Co mesmo discurso e igual praxis, o grupo de escénicas interrompeu o recreo cunha actuación na que queriamos evidenciar a soidade e violencia das víctimas nunha sociedade que participa activamente ou dende a súacomplicidade nesto da Violencia machista.  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut