PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA O ENSINO VIRTUAL
1) Entrar na conta de correo electrónico persoal para acceder a todos os recursos necesarios para o ensino dixital.
2) Acceder á Aula Virtual do centro diariamente no espazo denominado "Zona do alumnado" para poder entrar en tódolos cursos nos que estades matriculados polo voso profesorado durante o confinamento.
3) Acceder tódolos días á web interna onde estarán, organizadas por grupos, as videoconferencias ás que o alumnado terá obrigatoriamente que asistir a xeito de clases virtuais e que conforman os chamados horarios espello planificados para tal situación. Nestes horarios haberá que fixarse ben en que existen clases "presenciais", identificadas cun "D", e horas de traballo individual, identificadas cun "T". As que leven a letra "D" significa que será obrigatorio asistir a unha videoclase e aqueloutras identificadas coa lenda "T" implican que non se debe estar conectado a internet senón realizando as tarefas que solicite o profesorado de xeito individual.
É moi importante recordar que a conta de correo debe estar aberta durante as sesións de traballo se non non se poderá acceder aos recursos dispoñibles en internet.
Nesta web interna tamén se poderá atopar información sobre as horas de atención do profesorado e do dos titores ao laumnado e ás familias así como os seus correos electrónicos.
4) Durante o desenvolvemento do ensino virtual rexerán unhas normas específicas que aparecen recollidas no documento de actualización das NOFC do centro (punto 2.6) e que deberán respectarse como se respectan as normas no ensino presencial.
5) No caso de que se teñan consultas xenéricas para o Equipo Directivo poderanse enviar ao correo oficial ies.praia.barrana@edu.xunta.gal. E se as dúbidas ou consultas son técnicas estas deberán ser remitidas a admin@praiabarrana.gal.
Resulta decisivo que se actúe con seriedade e responsabilidade durante o tempo que poida durar o confinamento e se teña que traballar dende a casa.
Deberanse seguir todos os pasos aquí descritos cando se trate tanto dun confinamento parcial como dun confinamento xeral por mor da COVID 19.