Skip to Content

Actualidade Covid IES Praia Barraña

Ensino virtual IES Praia Barraña

 

PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA O ENSINO VIRTUAL
 
 
 
1) Entrar na conta de correo electrónico persoal para acceder a todos os recursos necesarios para o ensino dixital.
 
 
2) Acceder á Aula Virtual do centro diariamente no espazo denominado "Zona do alumnado" para poder entrar en tódolos cursos nos que estades matriculados polo voso profesorado durante o confinamento.
 
 
3) Acceder tódolos días á web interna onde estarán, organizadas por grupos, as videoconferencias ás que o alumnado terá obrigatoriamente que asistir a xeito de clases virtuais e que conforman os chamados horarios espello planificados para tal situación. Nestes horarios haberá que fixarse ben en que existen clases "presenciais", identificadas cun "D", e horas de traballo individual, identificadas cun "T". As que leven a letra "D" significa que será obrigatorio asistir a unha videoclase e aqueloutras identificadas coa lenda "T" implican que non se debe estar conectado a internet senón realizando as tarefas que solicite o  profesorado de xeito individual.
 
É moi importante recordar que a  conta de correo debe estar aberta durante as sesións de traballo se non non se poderá acceder aos recursos dispoñibles en internet.
 
Nesta web interna tamén se poderá atopar información sobre as horas de atención do profesorado e do dos titores ao laumnado e ás familias así como os seus correos electrónicos.
 
 
4) Durante o desenvolvemento do ensino virtual rexerán unhas normas específicas que aparecen recollidas no documento de actualización das NOFC do centro (punto 2.6) e que deberán respectarse como se respectan as normas no ensino presencial.
 
5) No caso de que se teñan consultas xenéricas para o Equipo Directivo poderanse enviar ao correo oficial ies.praia.barrana@edu.xunta.gal. E se as dúbidas ou consultas son técnicas estas deberán ser remitidas a admin@praiabarrana.gal.
 
 
Resulta decisivo que se actúe con seriedade e responsabilidade durante o tempo que poida durar o confinamento e se teña que traballar dende a casa.
 
Deberanse seguir todos os pasos aquí descritos cando se trate tanto dun confinamento parcial como dun confinamento xeral por mor da COVID 19.
 

Procedemento de solicitude de máscaras protectoras contra a COVID 19

 

 

INSTRUCIÓNS PARA O REPARTO DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN

NORMATIVA:

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

 

DESTINATARIOS:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

 

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

 

b) Ten que presentar solicitude:

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 

• Alumnado matriculado en educación especial.

 

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Impreso de solicitude

 

SOLICITUDES:

FORMA DE PRESENTACIÓN: presencial no IES Praia Barraña.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 

 


AVISO IMPORTANTE


 

 

1) A listaxe definitiva de alumnado que ten dereito a que se lle entreguen máscaras de protección está exposta no taboleiro interior do centro.

 

2) O reparto de máscaras realizarase á volta das vacacións de Nadal. A Vicedirección do centro informará a este alumnado sobre a forma e o momento de recollida das máscaras de protección.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut