INSTRUCIÓNS PARA O REPARTO DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN |
|
NORMATIVA: |
Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.
|
DESTINATARIOS: |
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
|
SOLICITUDES: |
FORMA DE PRESENTACIÓN: presencial no IES Praia Barraña.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 16 ao 27 de novembro de 2020.
|
AVISO IMPORTANTE
1) A listaxe definitiva de alumnado que ten dereito a que se lle entreguen máscaras de protección está exposta no taboleiro interior do centro.
2) O reparto de máscaras realizarase á volta das vacacións de Nadal. A Vicedirección do centro informará a este alumnado sobre a forma e o momento de recollida das máscaras de protección.