Skip to Content

Artigos

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

11/04/2024 17:26

O noso agradecemento á organización  da Doctora Fernández de Córdoba e a colaboración e implicación de todo o equipo de Atención Primaria do Centro de Saúde de Porto do Son, que decidiron empregar unha parte do seu tempo co noso alumnado de 1º de Bacharelato, impartindo un obradoiro de primeiros auxilios durante a mañá do xoves 11 de abril.

O alumnado puido así aprender unhas pautas básicas de primeiros auxilios: actuación ante atragantamento, RCP básica, posición lateral de seguridade,...

Máis fotos AQUÍ

 

RUTA DA AUGA

24/03/2024 18:34

O pasado día 22 de marzo, Día Internacional da Auga, o alumnado de 1º de ESO participou na andaina da Agua, unha ruta dende o IES ata a praia da Aguieira, pasando pola depuradora de augas de Porto do Son, alí explicáronos o funcionamento da instalación e a importancia de non malgastar este recurso tan preciado.

 

XORNADAS DE COCIÑA CORRESPONSABLE

23/03/2024 23:16

XORNADAS DE COCIÑA CORRESPONSABLE

23/03/2024 22:55

Os días 21-22 de marzo, o alumnado de 2º da ESO asitiu a uns talleres de cociña corresponsable no Viveiro de Empresas, ao eido do 8 Marzo. Alí puideron amasar e estirar a masa E preparar unhas exquisitas pizzas, que despois degustaron antes de volver ao instituto.

 Máis fotos AQUÍ

SAÍDA A MONDOÑEDO

10/03/2024 17:06

36 horas intensas de xeoloxía e moito máis!. O alumnado de Xeoloxía e ciencias ambientais e  Bioloxía de 2º de bacharelato tivo esta fin de semana unha saída ao norte de Lugo. Empezaron o venres 8 na praia de Augasantas (As Catedrais) no concello de Ribadeo, aínda que debido ao estado do mar non se puido ver en toda a súa extensión, serviu para entrar en contacto cos materiais xeolóxicos (cuarcitas e lousas) que non abundan pola nosa comarca. A continuación foron a Mondoñedo onde visitaron a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, situada na praza da Catedral. Logo foron coñecer o cemiterio vello da cidade onde se atopan as tumbas de Álvaro Cunqueiro, o poeta Leiras Pulpeiro e unha homenaxe ao autor da alborada do Himno galego Pascual Veiga. Pola tarde o percorrido pola cova do Rei Cintolo, a cova kárstica máis longa de Galiza, foi unha experiencia única. 

Ao día seguinte foron a Pontenova, para facer unha visita á mina Consuelo e aos fornos de Vilaoudriz. Alí contáronlles unha parte importante da historia da industria metalúrxica de principios do século XX: nestas minas extraíase e transformábase ferro para exportar a puntos do norte de Europa, sobre todo Alemaña.

Xa de volta, de camiño ao Son pararon no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño; no  museo e Castro de Viladonga e nas Penas de Rodas, xa graníticas.

A saída serviu ademais para afianzar as relacións entre o grupo e coller forzas para encarar o 3º trimestre!!!

Máis fotos AQUÍ

OBRADOIRO DE BIOTECNOLOXÍA

02/03/2024 19:09

Este venres tivemos a visita de membros de Galbiotec, asociación de biotecnólogos de Galiza que na súa labor de promover a figura dos biotecnólogos e coa ansia de promover carreiras científicas impartiron unha charla ao alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía sobre biotecnoloxía, as súas aplicacións e retos futuros. Para finalizar ensináronlle ao alumnado como facer preparacións para a observación de diferentes fases do ciclo celular e observáronnas ao microscopio.

CLASES CULTURAIS INGLÉS

06/02/2024 08:53

O luns 5 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato disfrutaron dunha clase cultural en inglés impartida por un nativo. Nela tiveron a oportunidade de aprender sobre a diversidade dun país tan grande como USA, centrándose especialmente na poboación de orixe irlandesa. Foi unha actividade interactiva e divertida.  

 

CHARLA IDENTIDADE

30/01/2024 22:10

O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu no Salón de Actos do IES a unha charla sobre a IDENTIDADE.

Ao longo da historia, tanto literatos coma filósofos ou psicólogos dedicaron moitos esforzos a conectar cunha intuición que en distintos momentos da vida se manifesta con lucidez. Podería expresarse así: non sei ben quen son porque non sempre me recoñezo. Tal intuición leva aparelladas unha serie de preguntas que preocupan desde os albores da humanidade: quen son? Podo coñecerme totalmente? Son responsable do que fago? Non son máis que variacións do clásico γνωθι σεαυτόν («coñécete a ti mesmo») do oráculo de Delfos. Tanto na literatura como na mitoloxía, estas preguntas desenvólvense dando lugar a varias figuras dominantes, como por exemplo o heroe, o dobre, o espello ou a sombra, protagonistas de relatos, contos e novelas.

Durante esta charla, o alumnado puido repasar varios exemplos desta variada produción literaria mediante algunhas claves interpretativas filosóficas e psicolóxicas coa finalidade de aprender a profundar no camiño do autocoñecemento e da aceptación de si mesmo.

SAÍDA AO SALNÉS

30/01/2024 22:27

Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.

Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ

 

MUNCYT DOMUS CORUÑA

17/01/2024 11:37

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

 



by Dr. Radut