Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

SAÍDA A MONDOÑEDO

10/03/2024 17:06

36 horas intensas de xeoloxía e moito máis!. O alumnado de Xeoloxía e ciencias ambientais e  Bioloxía de 2º de bacharelato tivo esta fin de semana unha saída ao norte de Lugo. Empezaron o venres 8 na praia de Augasantas (As Catedrais) no concello de Ribadeo, aínda que debido ao estado do mar non se puido ver en toda a súa extensión, serviu para entrar en contacto cos materiais xeolóxicos (cuarcitas e lousas) que non abundan pola nosa comarca. A continuación foron a Mondoñedo onde visitaron a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, situada na praza da Catedral. Logo foron coñecer o cemiterio vello da cidade onde se atopan as tumbas de Álvaro Cunqueiro, o poeta Leiras Pulpeiro e unha homenaxe ao autor da alborada do Himno galego Pascual Veiga. Pola tarde o percorrido pola cova do Rei Cintolo, a cova kárstica máis longa de Galiza, foi unha experiencia única. 

Ao día seguinte foron a Pontenova, para facer unha visita á mina Consuelo e aos fornos de Vilaoudriz. Alí contáronlles unha parte importante da historia da industria metalúrxica de principios do século XX: nestas minas extraíase e transformábase ferro para exportar a puntos do norte de Europa, sobre todo Alemaña.

Xa de volta, de camiño ao Son pararon no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño; no  museo e Castro de Viladonga e nas Penas de Rodas, xa graníticas.

A saída serviu ademais para afianzar as relacións entre o grupo e coller forzas para encarar o 3º trimestre!!!

Máis fotos AQUÍ

OBRADOIRO DE BIOTECNOLOXÍA

02/03/2024 19:09

Este venres tivemos a visita de membros de Galbiotec, asociación de biotecnólogos de Galiza que na súa labor de promover a figura dos biotecnólogos e coa ansia de promover carreiras científicas impartiron unha charla ao alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía sobre biotecnoloxía, as súas aplicacións e retos futuros. Para finalizar ensináronlle ao alumnado como facer preparacións para a observación de diferentes fases do ciclo celular e observáronnas ao microscopio.

OLIMPÍADA XEOLÓXICA

08/02/2024 16:02

Alumnado da materia de  Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2ºBacharelato e alumnado de 4ºESO, participou na XV Olimpíada Xeolóxica o 7 de febreiro na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.

Parabéns a Hugo Pouso de 2º de Bacharelato A  que quedou terceiro na competición individual!

  

SAÍDA AO SALNÉS

30/01/2024 22:54

Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.

Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.

 

SAÍDA AO SALNÉS

30/01/2024 22:27

Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.

Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ

 

MUNCYT DOMUS CORUÑA

17/01/2024 11:37

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

 

MUNCYT DOMUS CORUÑA

17/01/2024 11:30

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

No Muncyt fixeron un obradoiro sobre química estudando o pH de diferentes substancias e coñeceron algúns dos inventos de investigadores e investigadoras españolas, tamén puideron observar de cerca as características dos boeing 747. Na Domus interactuaron con diferentes actividades sobre o corpo humano.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ.

 

BIOBLITZ. ESTUDO DA BIODIVERSIDADE

18/11/2023 17:41

O 17 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, Anatomía e Cultura Científica, participaron nunha actividade para estudar a biodiversidade.

Un bioblitz é unha actividade para estudar a biodiversidade dunha zona concreta, neste caso da parroquia de Baroña, grazas á invitación da súa Comunidade de Montes. 

Para esta actividade usamos a aplicación i.Naturalist que axuda na identificación das especies e permite crear proxectos de ciencia cidadá, para que entre todos coidemos do noso planeta.

BIOBLITZ. ESTUDO DA BIODIVERSIDADE

17/11/2023 16:30

O 17 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, Anatomía e Cultura Científica, participaron nunha actividade para estudar a biodiversidade na parroquia de Baroña.

 

 Para ver máis pulsar AQUÍ

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

10/11/2023 15:36

O outono é época de setas, e o alumnado de 1º da ESO preparou unha exposición con exemplares dos nosos montes.  Non sabemos o motivo mais este ano houbo pouca variedade, cantidade e calidade, esperemos que o para o ano mellore a colleita!

A exposición atópase no corredor do primeiro andar ao lado da biblioteca.

Animádevos a botar unha ollada!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut