Skip to Content

Matemáticas

RECREOS MATEMÁTICOS!

11/05/2018

Macías e Luísa, do Departamento de Matemáticas, veñen de organizar uns Recreos Matemáticos no salón de actos. Pon en marcha as túas destrezas matemáticas: tenta facer figuras co Tangram (quebracabezas chinés de sete pezas), supera o reto das Torres de Hanoi, consegue intercambiar de posición as fichas do xogo das ras e os sapos, proba a soltar os aros cautivos e o aro da papeleira máxica, mira de soltarte das cordas que te enredan cun compañeiro...Guiño

Comezamos!!!

 

Nº 2 DE LAMBDA, REVISTA SOBRE MATEMÁTICAS RECREATIVAS E CURIOSIDADES

22/03/2018

Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas e colaborador do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Biblioteca. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos!

Tan necesaria a divulgación científica en galego! 

Podedes vela neste enlace.

Lambda, revista sobre matemáticas recreativas e curiosidades

25/11/2017

Macías, compañeiro do departamento de Matermáticas, vén de agasallarnos cunha novidade editorial no centro: Lambda, “revista sobre matemáticas recreativas e curiosidades”.  A UNESCO conmemora o10 de novembro o Día da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Nos centros escolares de Galicia, este mes de outono pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego. Este ano, a proposta de Igaciencia, lembramos dúas figuras: Darwin e Domingo Fontán. Do importantísimo labor deste último dáse conta na revista, xunto con curiosidades que han de facer que pasedes un rato ben agradable con ciencia CON CONCIENCIA, contada en galego. Podedes descargala co código QR. 

 

 

Contidos Mínimos e Criterios de Cualificación do Departamento de Matemáticas

Facendo click nos arquivos adxuntos podense consultar os contidos mínimos e os criterios de cualificación do departamento.

Distribuir contido


by Dr. Radut