Skip to Content

Actividades

Ciclo medio de guía no medio natural

Ciclo medio de guía no medio natural

CAMPIOAS EN ORIENTACIÓN

02/12/2019

Cinco alumnas de 3ºESO van participar a finais de semana, entre o 5 e o 8 de decembro, no Campionato Nacional de Orientación que se vai celebrar en Cáceres. Hoxe tivemos unha rolda de prensa no instituto onde lle explicaron aos medios como chegaron aquí e o que agardan da súa participación. Hai que agradecerlle ao concello do Porto do Son a súa colaboración, así como a ANPA do centro, e especialmente ás nais das rapazas e a profesora Alejandra que as vai acompañar, polo seu traballo de preparación nestos meses.

Moitísimos parabéns a Indra, Noa, Claudia, María e Raquel e moita sorte no Campionato.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/porto-do-son/2019/12/03/cinco-sonenses-descubrir-extremadura/0003_201912B3C8997.htm

https://www.canalriasbaixas.com/2019/12/02/cinco-sonenses-representaran-a-galicia-no-campionato-de-espana-de-orientacion/

https://www.youtube.com/watch?v=WKmUs3JvzLU&feature=youtu.be

CHEGOU O MAGOSTO!

16/11/2019

A semana pasada comezou co San Martiño e rematou co magosto. Música, baile, xogos tradicionais, paella de cogumelos de Antón e, por suposto, castañas quentiñas, que o día estaba frío. Moitas gracias a todo o mundo que colaborou para que a festa saíra tan ben como saiu, persoal de limpeza,profesores, conserxes, ANPA, e especialmente aos alumnos que estiveron traballando toda a mañá para que os seus compañeiros desfrutaran do magosto.

 

CHARLAS DO PLAN DIRECTOR PARA O ALUMNADO DA ESO

16/05/2019

Esta semana o alumnado da ESO participou no "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", da Consellería de Educación. Asistiu ás charlas sobre uso de novas tecnoloxías, drogas e alcohol, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Somos conscientes da necesidade de que o alumnado se forme o máis posible de cara ao seu desenvolvemento integral como persoas responsables tanto consigo mesmo como coa comunidade da que forman parte.

INFORMACIÓN VIAXE A PARÍS

 

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A VIAXE A PARÍS CELEBRADA NO IES PORTO DO SON O MARTES 30 DE OUTUBRO DE 2018

 

  1. VIABILIDADE DA VIAXE

  2. CUSTO DA VIAXE

  3. OUTRAS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 4 º ESO

  4. DATAS DA VIAXE

 

VIABILIDADE DA VIAXE

 

Só se levará a cabo se conseguimos un mínimo de 15 participantes.

Para formalizar a viaxe necesitamos que asinen e entreguen a autorización antes do 15 de novembro de 2018.

No caso de conseguir os 15 alumnos, entregaráselle aos interesados o número de conta da ANPA para tramitar o ingreso da cuota inicial de 250 euros (o importe do billete de avión nominativo e a pre-reserva do albergue).

A cantidade de 250 euros NON se devolverá se ao final o alumno non pode viaxar.

A maiores precisamos a fotocopia do DNI dos alumnos participantes para formalizar a compra dos billetes de avión.

 

    CUSTO DA VIAXE

 

Estimamos que o prezo final da viaxe será aproximadamente de 500 euros.

No caso de levarse ao cabo, proporanse actividades para abaratar o custo da mesma.

 

    OUTRAS ACTIVIDADES DE VARIOS DÍAS

 

Recalcamos as diferentes opcións para o alumnado de 4 º da ESO, para que teñan coñecemento de tódalas actividades antes de tomar unha decisión definitiva.

Departamento de Francés: Viaxe a París

Departamento de Educación Física: Viaxe a Andorra

Alumnado Bilingüe: Viaxe a Edimburgo ou Dublin

Departamento de Filosofía (VE): actividades de sostibilidade e natureza

 

    DATAS DA VIAXE

 

A viaxe terá lugar no mes de abril ou maio 2019 por razóns climatolóxicas e terá unha duración de 5 días / 4 noites. Dependendo sobre todo do custo do transporte, as profesoras valorarán as diferentes aerolíneas.

VUELING: Santiago-Charles de Gaulle

TAP: Oporto- Orly

Transavia: Oporto- Orly

AirFrance: Vigo-Charles de Gaulle

 

IESON BLACK FRIDAY, Día contra a Violencia Machista

25/11/2017

Aquí estamos, facendo pensar. Pensar na violencia exercida contra as rapazas, as alumnas, as fillas, as nais, as irmás, as avoas... Denunciar, interpelar, educar... para mudar a realidade!

DE CAMIÑO A CASA...

MAGOSTO, OUTONO 2017

10/11/2017

Estupendo magosto! As castañas no seu punto e a paella exquisita! Estivo ben lembrar cos mozos e mozas do centro a corda, o aro, a goma, o tres en raia, a mariola... E mesmo facer estiramentos con posturas inimaxinables nun twister improvisado! Aí van os agradecementos... Á ANPA que pagou as castañas, aos profes que foron ás setas con Antón para que el e Rosi puideran preparar a paella, a Virginia e ao seu grupo de 3º de ESO que axudaron coas castañas, aos mozos e mozas de Artes Escénicas, a Manolo e Chus polo biscoito... e... seguro que alguén queda...! Unha boa xornada de convivencia!

 

RUTA DA AUGA, 2017-18

23/10/2017
23/10/2017

Iniciamos o curso 2017-18, un ano máis, coa Ruta da Auga. Supón o inicio do traballo por proxectos en 1º de ESO, poñer os primeiros chanzos da convivencia desta nova xeración, crear conciencia de grupo, fomentar no alumnado o interese por coñecer o entorno e respectalo, transformar o concello de Porto do Son nunha aula, abrir as portas do centro a todo o que pode estimular o interese pola formación e transformar os mozos e mozas que pasan polo IES de Porto do Son nos seus mellores embaixadores. 

Foron guiados polos alumnos e alumnas do Ciclo de Condución de Grupos no Medio Natural. Unha primeira práctica para a maioría, e unha oportunidade de demostrar o aprendido para algúns deles. Teñen no propio centro unha recreación do que puideran ser os seus primeiros "clientes": 60 rapaces novos e os seus profesores! E FIXÉRONO MOI BEN! Podedes velo neste vídeo:

 

XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DE 1º de ESO

20/10/2017 19:44

Esta mañá a chuvia non foi quen de estropear a xornada de acollida para os rapaces e rapazas de 1º de ESO que organizou o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, coordinado por Ánxela Doval, profesora do departamento de Filosofía. Estes preparáronlles xogos en diferentes espazos do centro. Trátase dunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial que ten como obxectivo darlles a benvida ao centro e crear un sentimento de grupo que favoreza a convivencia ao longo do curso. Esta complementarase coa "Ruta da auga" que realizarán o luns que vén na que asentarán os primeiros chanzos para o traballo por proxectos. Este ano: COMUNICACIÓN  (convivencia, diálogo, respecto...).

É un pracer velos felices!!! Un ano máis, o esforzo dos mozos e mozas de Artes Escénicas fíxoo posible!!! Moitas grazas!!!!!!!

 

Consellos médicos para as Alertas Escolares

07/10/2017 16:49

Xa o curso pasado abrimos unha canle de información cos servizos médicos para coñecer como actuar nos casos de Alerta Escolar. Pero consideramos importante incidir no tema un ano máis. Este mércores pola tarde, puidemos recibir os consellos de tres doctoras; permitirannos estar máis preparados para actuar en posibles casos de urxencia e encarar mellor os aspectos académicos que puidesen derivar de determinadas situacións. No noso ánimo sempre está presente o benestar do alumando! Dende aquí agradecémoslles que tivesen aceptado asesorarnos, fóra das súas horas de traballo (e, por suposto, tamén ao profesorado que asistiu o seu interese).

Distribuir contido


by Dr. Radut