Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 23/05/2024 08:31
Apertura do prazo de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/25. O prazo de presentación de solicitudes comeza o luns 20 de maio de 2024 e remata o día venres 21 de xuño de 2024. As solicitudes presentaranse por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada ou presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365. O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada.
Start: 23/05/2024 20:33
Este xoves, o alumnado de 2ºESO asistiu á representación de Serafín Marcos sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
|