Skip to Content

CHARLA IDENTIDADE

30/01/2024 22:10

O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu no Salón de Actos do IES a unha charla sobre a IDENTIDADE.

Ao longo da historia, tanto literatos coma filósofos ou psicólogos dedicaron moitos esforzos a conectar cunha intuición que en distintos momentos da vida se manifesta con lucidez. Podería expresarse así: non sei ben quen son porque non sempre me recoñezo. Tal intuición leva aparelladas unha serie de preguntas que preocupan desde os albores da humanidade: quen son? Podo coñecerme totalmente? Son responsable do que fago? Non son máis que variacións do clásico γνωθι σεαυτόν («coñécete a ti mesmo») do oráculo de Delfos. Tanto na literatura como na mitoloxía, estas preguntas desenvólvense dando lugar a varias figuras dominantes, como por exemplo o heroe, o dobre, o espello ou a sombra, protagonistas de relatos, contos e novelas.

Durante esta charla, o alumnado puido repasar varios exemplos desta variada produción literaria mediante algunhas claves interpretativas filosóficas e psicolóxicas coa finalidade de aprender a profundar no camiño do autocoñecemento e da aceptación de si mesmo.



story | by Dr. Radut