Skip to Content

Actividades, Novas, Ligazóns de interese, Repensa a túa despensa

Nadal responsable!

No equipo de Repensa a túa despensa cremos que un Nadal sostible e responsable é posible, por iso vos queremos deixar uns consuconsellos extraídos da páxina de Consumópolis, na que podedes afondar no significado da expresión "consumo responsable":

1.- Reflexiona sobre o que realmente necesitas

2.- Compara antes de mercar

3.- Fai valer os dereitos e deberes dos consumidores

No noso centro puxemos o noso particular graniño de area adornando a entrada con materiais reciclados.

 Bo Nadal responsable a todas e todos!

Concurso de recollida de pilas Pilabot

Dende a última semana de novembro contamos no noso IES cun bidón facilitado pola campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, promovida pola Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec: "Recicla con enerxía".

Así nace o Concurso Pilabot, no que se repartirán catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.

A por todas!

Percorrido pola cidade virtual

Damos por iniciada a 1ª fase da nosa participación no programa Consumópolis. A rapazada integrante do noso proxecto, "Repensa a túa despensa", xa comezou o seu percorrido pola cidade virtual. Toca poñer a proba a concentración, a rapidez, o enxeño e o que imos aprendendo sobre consumo responsable. As imaxes falan por si soas!

Sorte a todas e todos!

Envases plásticos biodegradables creados a partir de mondas de pataca

Nace o PHVB, un novo material desenvolvido polo centro tecnolóxico Ecoembes que tamén se pode reciclar e compostar. Aínda que está en fase de prototipo, está claro que podemos afirmar que nunca as mondas de pataca foran tan útiles!

Preme aquí para ler a noticia publicada hoxe 23 de novembro na Voz de Galicia.

Que non nola coen coas etiquetas!

Deixámosvos a ligazón a un interesante vídeo que mostra como o etiquetado de moitos produtos da industria alimentaria pode levar a engano. Así o explica Gemma del Caño, doutora en Farmacia e especialista en Biotecnoloxía, Innovación e Seguridade Alimentaria, ao equipo de "Maldita Ciencia", unha das ramas das que se ocupa o proxecto periodístico independente "Maldita.es".

De agora en adiante... atentos e atentas ás etiquetas!

Contido de azucre en diferentes alimentos

Aproveitando que se están a celebrar as xornadas de almorzos saudables, recuperamos o traballo que fixeran Laura Sar e Noa Tedín para mostrar a cantidade de azucre presente en distintos alimentos. Á rapazada chámalle a atención que certos produtos coma os refrescos, os zumes de brick ou os iogures de sabores conteñan tanta cantidade desta substancia.

Preme aquí para ver algunhas fotos de como se elaborou este cartel.

Para reflexionar... repensa a túa despensa!

Distribuir contido


by Dr. Radut