Skip to Content

Actividades, Novas, Ligazóns de interese, Repensa a túa despensa

Primeiro premio en Consumópolis

 

O traballo Reverseta, realizado por un grupo de alumnos e alumnas de 2º, vén de acadar o primeiro premio na súa categoría do concurso escolar sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis 14: Pola túa seguridade, sabes o que consomes?

Este grupo de rapaces asistirá o vindeiro 14 de xuño ó acto de entrega de premios que terá lugar en Santiago de Compostela, onde tamén intervirán para explicar como desenvolveron o seu proxecto. Parabéns!

Volven os almorzos saudables!


Xa están de volta os almorzos saudables. Desta quenda, tócalle ao alumnado de 1º e 4º de ESO gozar destas equilibradas propostas para comezar ben o día desde o punto de vista nutricional.

Lembramos que se trata dunha colaboración interdisciplinar das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, Hábitos saudables e Educación física, coa implicación dos programas DAFIS (espazo Actívate) e Consumópolis.

Para ver as fotos das xornadas, preme aquí.

Canto sabemos da linguaxe publicitaria?

O vindeiro luns 13 de maio contaremos coa presenza de tres técnicas do Instituto Galego de Consumo que darán unha charla sobre linguaxe publicitaria, para concienciar á comunidade educativa sobre como nos condiciona este aspecto á hora de consumir.

A actividade forma parte do programa Consumópolis, no que o noso centro participa co proxecto "Repensa a túa despensa" e que ten como obxectivo fomentar o consumo responsable.

Produtos responsables

Aquí tedes os produtos de consumo responsable que os equipos participantes no concurso Consumópolis enviaron ao Instituto Galego de Consumo a semana pasada.

Empaquetando os produtos de consumo responsable

Xa están os produtos empaquetados e listos para seren enviados. Remátanse polo tanto as xuntanzas no taller.

Agora a rapazada terá que elaborar unha memoria na que se reflicta todo o traballo realizado, así como a súa experiencia e o aprendido durante o trasncurso do proxecto.

Ánimo! Recta final consumópolis!

Rematamos a 2ª fase de Consumópolis!

A semana pasada rematamos o traballo da 2ª fase de Consumópolis. Tras unha xornada de traballo na aula de informática, conseguimos subir á plataforma as fotos e as fichas técnicas dos nosos produtos de consumo responsable.

Soamente nos falta envialos por correo.

Sprint final!

Distribuir contido


by Dr. Radut