Skip to Content

Novas

Solucionarios para o alumnado de Natalia (1.º A, 2.º e 4.º)

Nesta entrada póñovos en PDF as solucións ás actividades da Tarefa 1, que tivestes que realizar a semana pasada. Como comentario xeral, quero agradecer todo o que estades traballando, e pedirvos que leades o que escribides antes de mandarmo, porque vexo faltas de ortografía que estou segura que son froito da falta de atención.

Solucionario 1ESO

Solucionario 2ESO

Solucionario 4ESO

 

Tarefas_3º-ESO A e B

Ola a todos e todas,

Nesta semana que vai do luns 16 ao venres 20 de marzo, temos as tarefas que seguen:

·        - Ler a Ficha de Pronomes_Formas_Contracción. Tédela no arquivo anexado.

·        -  Facer os exercicios que nela aparecen.

·        -  Facer a ficha “Práctica_pronomes”. Tamén anexada.

·         Reforzar todo o traballado dos pronomes na páxina web de ogalego.eu e dentro dela na sección pronomes. Este é o enlace directo: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/morfoloxia/pronome.htm

*Nela podedes traballar todo os puntos que tratamos  e autoavaliarvos.

Debedes entregar todo como data límite o venres 20 marzo –día incluído–.

Tomarei nota de quen entreguedes o traballo e de quen non. A vindeira semana publico o solucionario para poder corrixir a práctica, xunto con novas tarefas.

Opcións de entrega das tarefas:

1.    -  Feitas na libreta e a través de fotos enviarmas vía correo electrónico.

2.    -  Feitas no propio documento Word –que envío en aberto para poder traballar nel- ou en PDF; para logo enviarmas vía correo electrónico.

Correo electrónico de entrega: maneiroxemma@gmail.com

Condicións para facerdes as tarefas:

·         Empregar sempre a bolígrafo de calquera cor –agás vermello–. Os tiles deben estar escritos nitidamente, é dicir, que non leven a confusión.

·         Os exercicios teñen que estar completos, enunciados incluídos.

Bo traballo e forza!!

Tarefas 1º ESO-B

Ola a todos e todas,

Nesta semana que vai do luns 16 ao venres 20 de marzo, temos as tarefas que seguen:

·         Entregar Grella XI, que era para hoxe.

·         Facer Grella XII, que vai anexada no arquivo.

·         Do libro de texto > teoría e práctica da páxinas 126 á 130, de xeito que:

o   Páxina 126 > Uso de B/V teoría (lela e relela)

o   Páxina 127 > exercicios: 1-2-4-5

o   Páxina 128 > exercicios: 9-10-11

o   Páxina 129 >  exercicios : 16-18-19

o   Páxina 130 >  exercicio: 6

Debedes entregar todo como data límite o xoves 19 marzo –día incluído–.

Opcións de entrega das tarefas:

1.      Feitas na libreta e a través de fotos enviarmas vía correo electrónico.

2.      Feitas en documento Word ou PDF e enviarmas vía correo electrónico.

Correo electrónico de entrega: maneiroxemma@gmail.com

Condicións para facerdes as tarefas:

·         Nas grellas > sempre a bolígrafo de calquera cor –agás vermello–. Os tiles deben estar escritos nitidamente, é dicir, que non leven a confusión.

·         Os exercicios teñen que estar completos, enunciados incluídos.

Bo traballo e forza!!

Tarefas para 1.º de ESO A (do luns para o mércores)

Aquí están as tarefas prometidas.

Para entregar as respostas e que quede constancia de que fixestes os deberes hai varias opcións:

- podedes mandarmas por correo electrónico a natalia.profe.lingua.galega@gmail.com, ou no corpo da mensaxe ou nun documento adxunto

- tamén podedes facelos á man e enviarme unha foto polo correo electrónico citado ou a través de instagram

O martes (xa vos avisarei da hora) farei un directo para resolver as dúbidas e por se alguén quere corrixir xa o que teña feito. Para que dea tempo a que rematedes despois de que vos conteste as preguntas no directo, tendes para facer a tarefa ata o mércores a mediodía.

Ánimo!!!

Tarefas para 2.º de ESO (do luns para o mércores)

Aquí están as tarefas prometidas.

Consisten nun texto do que tendes que facer uns preguntas sobre o narrador, os personaxes e demais elementos das narracións, un resumo, unhas preguntas de lingua e a vosa opinión sobre o texto.

Para entregar as respostas e que quede constancia de que fixestes os deberes hai varias opcións:

- podedes mandarmas por correo electrónico a natalia.profe.lingua.galega@gmail.com, tanto no corpo da mensaxe coma nun documento adxunto

- tamén podedes facelos á´man e enviarme unha foto polo correo electrónico citado ou a través de instagram

O martes (xa vos avisarei da hora) farei un directo para resolver as dúbidas e por se alguén quere corrixir xa o que teña feito. Para que dea tempo a que rematedes despois de que vos conteste as preguntas no directo, tendes para facer a tarefa ata o mércores a mediodía.

Ánimo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut