17 de decembro: Visita ó Pazo Museo Otero Pedrayo. O alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato visitan o Pazo Museo de Otero Pedrayo situado en Trasalba, Ourense. Grazas a Andrea, coñecemos con maior profundidade tanto a obra literaria coma a vida privada de Ramón Otero Pedrayo, ademais de anécdotas e curiosidades. |