Skip to Content

Proxecto o Monte nace na Escola

PLANTANDO CASTIÑEIROS

O xoves 17 de xaneiro parte do alumnado de 1º e 2º ESO participou na sesión de plantación no noso monte de varios castiñeiros.
Agradecemos a colaboración aos profes Chelo e Catonio e á nosa exalumna Alejandra, quen dirixiu os traballos e dou as explicacións oportunas sobre esta tarefa.

Inauguración do Graffiti

O martes 11 tivemos  un acto institucional de inauguración do graffiti elaborado polo alumnado de 3º ESO A na entrada do Pavillón. Fomos un dos 10 centros educativos de toda a provincia seleccionados pola Área de Xuventude da Deputación de Pontevedra para a realización desta composición de arte urbana. Desde a nosa perspectiva quixemos que a creación traballada polo alumnado amosase o proxecto "O monte nace na Escola", no que estamos involucrados.

SEGUIMOS DESEUCALIPTIZANDO!

O día 22 de outubro moito do noso alumnado e profesorado do centro, seguindo unha actividade xa iniciada o curso pasado, volvemos sair ao noso monte a arrincar eucaliptos. Acompañounos o bo tempo e gozamos dun bo ambiente nesta xornada en defensa da natureza. Teremos que seguir máis veces!
Loitamos contra o monocultivo invasivo do eucalipto. Traballamos pola biodiversidade.
Carballos si, castiñeiros si, faias si, nogueiras si, froiteiras si, bidueiros si, pradairos si...
Eucaliptos non!  É unha peste!

 

 

Memoria do lume

O 15 de outubro, no pavillón do Colexio das Neves, convocados polo Concello, xuntámonos a Comunidade Escolar (todos os centros educativos, representantes de país e nais, profesorado, etc) así como representantes do voluntariado para lembrarmos os terribles incendios que asolaron boa parte do municipio. Isto non significa que fose un acto nostálxico, por máis que exercermos a memoria é necesario; foi sobre todo un evento de esperanza, de necesidade para demandarmos colectivamente un cambio nos usos, xestión e produtividade do noso monte, do noso rural.

Distribuir contido


by Dr. Radut