Skip to Content

Novas da Biblioteca

Celebración do Día de Rosalía

Imaxe do acto na que aparece no fondo Rosalía de Castro

Recitado do alumnado do Club de Lectura

Hoxe, celebramos o Día de Rosalía. No acto, que tiña como destinatario a todo o centro, veuse un vídeo sobre a vida e obra de Rosalía, varios videopoemas realizados polo alumnado e asistimos ao recitado de varios poemas e á lectura dun texto sobre o feminismo en Rosalía de Castro.

Concurso Palabras de Amor

Co gallo do día de San Valentín o equipo da biblioteca organiza un concurso de palabras de amor. A data limite de entrega das cartas ou notas de amor é o venres 10 de febreiro. Pica na imaxe para coñecer toda a información polo miúdo.

Non o dubides. Participa!!!!

A ciencia tamén conta na biblioteca

Remata novembro, o mes da ciencia nas bibliotecas.  

Recorda que aínda tes uns días, ata o 9 de decembro, para poder escribir o teu relato. Anímate!!!

Cartel promocional

Celebramos o Día Internacional da Biblioteca

Co gallo do Día Internacional da Biblioteca, o vindeiro luns 24 de outubro, haberá un acto para conmemoralo durante o recreo.

APERTURA DA BIBLIOTECA OS LUNS DE 15:40 A 16:20

26/09/2016
Europe/Madrid

Durante o curso escolar 2016- 2017 a Biblioteca "Rosalía" permanecerá aberta todos os luns desde as 15:40 ata as 16:20. Durante ese tempo estará permitido o acceso ao Edificio Novo, única e exclusivamente, para facer uso deste espazo.

Poderase aproveitar para estudar, ler, buscar información... mais non para préstamo nin devolución de libros. 

Distribuir contido


by Dr. Radut