Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

"Semana das Letras Galegas" 13, 14 e 15 de maio 2019

Listado de eventos da Semana das Letras Galegas:

 

Charlas Plan Director para a convivencia

No inicio deste 3º trimestre, o alumnado da ESO asistiu as charlas solicitadas desde o Departamento de Orientación, ao Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Anselmo López Carreira inaugura as Xornadas de Historia

O mércores 3 de abril o profesor Anselmo López Carreira, catedrático de Historia Medieval e profesor da UNED en Ourense, inaugurou as II Xornadas de Historia “Abril das Neves”.

Xavier Ximón con nós

O pasado mércores 27 de marzo visitounos Xavier Simón, Doutor en Economía e profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Exalcalde de Arbo e membro actualmente do noso Consello Escolar, compartiu co alumnado de Bacharelato as súas reflexións en torno á economía e o mundo no que nos toca vivir.

II Xornadas "Abril de Historia"

O noso instituto vai acoller as II XORNADAS “ABRIL DE HISTORIA”. Damos continuidade, deste xeito, a un programa educativo-cultural xa iniciado o curso pasado e que resultou de gran éxito, tanto pola calidade das conferencias como polo interese e asistencia de público.

Celebración do Entroido

Celebramos o entroido no Instituto un ano máis. Queimamos o Meco ben queimado e houbo unha grande participación de alumnado. Moita pintura nos rostros, caretas, vestimentas e ornamentos carnavaleiros, concursos de disfraces, convertiron as últimas horas lectivas do venres 1 de marzo nun bulir cheo de vivacidade, estrondo e animación.

 

Noraboa!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut