A oferta educativa do noso centro é a seguinte:
Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Educación obrigatoria que abrangue catro cursos de 1º a 4º, correspondente a idades comprendidas entre os 12 e 16 anos. Tanto en 3º como en 4º ofrécense grupos de PDC (Programa de Diversificación Curricular) se houbera alumnado para eles.
Bacharelato
Despois do ensino obrigatorio o alumnado ten a posibilidade de realizar o Bacharelato. Este consta de dous cursos (1º e 2º), e permite distintas modalidades en función do futuro académico que o/a alumno/a pense realizar. No centro impartimos as seguintes modalidades:
- Ciencias e tecnoloxía.
- Humanidades e ciencias sociais.
FP Básica de Informática de Oficina
Para aquel alumnado que non remate a ESO, poderá decantarse pola FP Básica de Informática de oficina que se imparte no centro e que ten unha duración de dous anos académicos. O último trimestre do segundo curso consistirá en prácticas en empresas do sector. O número de prazas no IES Pazo da Mercé é de 20.
Toda a normativa relativa á FP Básica pódese consultar na páxina da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeritaria. Pode acceder a ela premento neste enlace: FP Básica.
Formación Profesional de grao medio
Para o alumnado que prefira orientarse cara o mercado laboral, e posúa a titulación da ESO, a opción que ofrecemos é a formación profesional. No centro impártese o ciclo de grao medio "Sistemas microinformáticos e redes". O ciclo consta de dous cursos completos, sendo o terceiro trimestre do 2º curso adicado á formación nun centro de traballo. Para máis información podes consultar o seguinte documento.
Formación Profesional de grao superior
No centro impártese o ciclo de grao superior "Desenvolvemento de aplicacións web". O ciclo consta de dous cursos completos, sendo o terceiro trimestre do 2º curso adicado á formación nun centro de traballo. Para máis información podes consultar o seguinte documento.